Imaxe de Volpone, obra na que participa a actriz boirense Marta RíosBoiro, 27 de outubro de 2011. Mañá, venres 28 de outubro, ás 21.00h horasna Casa de Cultura "Ramón Martínez López" Talía Teatro representa a obra Volpone, que está destinada a maiores de 12 anos.
Sinopse:
Unha divertida comedia que retrata satiricamente a nobres e non tanto, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar. O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte coa fin de enganar aos que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros.
Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción (que cada pau aguante a súa vela, os políticos en especial). Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson, escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de 11 actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.
Elenco:
Artur Trillo, Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, David Creus, Rubén Prieto e os boirenses Gustavo García Dieste e Marta Ríos.Sábado 29, Maxia benéfica para a pequena PaulaEste sábado 29 de outubro ás 18.00 horas, espectáculo organizado pola Anpa Praia Xardín, titulado "A maxia de Benxamín". Tamén na casa da cultura. Domingo 30, os veteranos rianxeiros de "Airiños"O grupo de teatro amateur máis lonxevo de Galicia, "Airiños", que é de Asados, en Rianxo, representará a obra "Ata que a morte nos separe". Organiza Barbantia e está destinada a maiores de 12 anos. Outras actividades, xa en novembroPara os máis futboleiros: O vindeiro martes 1 de novembro concéntrase a Selección Galega de Fútbol sub-16 en Boiro.Para adolescentes e adultos: "Contos coas mans abertas" é un espectáculo de contos con música en directo dirixido a adultos e adolescentes (a partir dos 16 anos) en Galego e dunha hora de duración e que se celebrará o xoves 10 de novembro na Casa da Cultura de Boiro ás 20:00h.Para os que teñen ideas para crear emprego e saír da crise, eles e algún máis: De balde, e dirixido a todos os interesados, hai un seminario de motivación emprendedora o venres 11 de novembro. Información e inscricións no departamento de Emprego ata o 31 de outubro. Viaxes de turismo termal a O GroveO departamento municipal de Servizos Sociais, Muller e Terceira Idade do Concello de Boiro ten previsto organizar dende o vindeiro mes de novembro do que andamos ata marzo de 2012 unha serie de viaxes de turismo termal. Levaríanse a cabo nos hoteis SPA NORAT*** e NORAT MARINA&SPA ****, ámbolos dous ubicados no Concello de O Grove.
O prezo sería de 159,00 € por persoa no hoteis de tres estrelas e 179,00 € no hotel de catro estrelas, e incluiría:
* Asistencia técnica e guías
* Seguro de viaxe
* Circuito termal e excursións pola zona ( Portonovo,Sanxenxo, Cambados, Illa de Arousa…)
* Pensión completa ( entrada os domingos e saída os venres pola mañá con almorzo incluído) con menús de réxime especial para aquelas persoas que, por prescripción médica, así o soliciten.
Todas aquelas persoas interesadas na viaxe deberanse anotar no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello , de martes a venres en horario de 8.30-13.30 horas.
O prazo límite de inscripción será ata o vindeiro día 15 de febreiro de 2012.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario