31.3.11

A Pobra: o instituto convoca un certame de relatos de intriga para toda Barbanza

A Pobra: a Xunta asinou o convenio para a instalación de gas no municipio

Media_httpfarm2static_fhcbu

Ata agora, se usas gas na Pobra, é deste tipo -butano- ou propano

A Pobra, 31 de marzo de 2011.- O Consello da Xunta autorizou hoxe un convenio entre o Goberno galego e as empresas Gas Galicia e Gas Directo no que se mobilizarán 18 millóns de euros que permitirán que 100.000 galegos de 10 concellos teñan acceso ao gas como enerxía alternativa. O presidente galego destacou que a contía do convenio é un 120% superior ao dos dous últimos anos e que se enmarca dentro do Plan de gasificación de Galicia, cuxo obxectivo é que en 2015 o 75% da poboación galega teña acceso a esta fonte de enerxía.

A achega da Xunta supón un 30% do importe do convenio. Este acordo beneficiará aos concellos de Carral, Ares, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, A Laracha, Salceda de Caselas, Ponteareas, Salvaterra do Miño e Viveiro. Nembargantes, non se precisaron datas da posta en servizo deste tipo de enerxía en cada concello beneficiado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable polo PP visitou Amicos e fixo as súas propostas

Ribeira, 31 de marzo de 2011. O candidato á Alcaldía de Ribeira polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, presentou as súas propostas en materia de acción social e discapacidade aos pais da Asociacións Amicos.

Entre as distintas propostas feitas ás familias destaca de maneira importante a súa aposta por un Plan de Acción Social  que se elaborará e contará coa colaboración das distintas entidades de iniciativa social e de xeito destacado coas entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade. 

Asemade destacou a súa aposta pola Accesibilidade, non soamente en materia de Urbanismo, senón destacará en materia de vivenda, destacando o compromiso de poñer a disposición das entidades de iniciativa social vivendas tuteladas que sirvan como recurso de integración social das persoas con discapacidade. 

Na área laboral remarcou a súa aposta por poñer en marcha convenios de colaboración coas distintas entidades coa finalidade de facilitar a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social en areas como mantemento de espacios urbanos, conserxería e outras.

Asi mesmo remarcou a importancia de incluir nos pregos de contratación pública cláusulas de carácter social que fomenten a integración sociolaboral de persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade. 

No aspecto económico, Manuel Ruiz manifestou aos pais a súa intención de incrementar as axudas directas que a Administración Municipal concede as entidades de iniciativa social, ao tempo que aumentará tamén a dotación orzamentaria dedicada aos Servizos Sociais municipais, o que redundará nunha mellora dos servicios e nun incremento da calidade dos mesmos. 

Así mesmo, manifestou o seu apoio as distintas entidades que traballan no ámbito da discapacidade, ás súas familias e particularmente as persoas con discapacidade. 
 

 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: 60 veciños visitan a Cidade da Cultura e o Parlamento en Santiago este venres

Media_httpfarm3static_jkamj

Veciños de Dodro na Cidade da Cultura

A Pobra, 31 de marzo de 2011. Mañá venres 1 de abril o Concello da Pobra do Caramiñal realizará unha excursión a Santiago de Compostela, visitando o Parlamento de Galicia e a Cidade da Cultura. 

Un total de 60 persoas serán recibidos ás 10,30 no Parlamento de Galicia, pola Presidenta do mesmo,  Pilar Rojo, a visita que estará encabezada pola Alcalde da Pobra , Isaac Maceiras, fará un percorrido polas distintas Salas do Parlamento, coñecendo in situ, os lugares onde se reciben ás máximas autoridades de outras institucións, como pode ser a sala dos Presidentes doutros países cando están de visita, a escaleira institucional a cal só se accede en grandes cerimonias como cando é a toma de posesión do novo Goberno Autonómico; e o que máis curiosidade esperta en tódolos visitantes o hemiciclo onde debaten os nosos parlamentarios. 

Rematada a mesma ás 11,30 h. partirán cara a Cidade da Cultura, onde ás 12 h. serán recibidos polo Director Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, D. Francisco López Rodríguez; ao remate da recepción acompañados duns guías realizarán unha visita polas instalacións.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o PP acusa de incompetente e discriminación ao concelleiro de Cultura

Media_httpfarm3static_mhgxc

Dodro, 31 de marzo de 2011. No Pleno ordinario do venres día 25 de marzo o Grupo municipal do Partido Popular de Dodro asegura en nota de prensa que presentou unha pregunta por escrito para saber onde estaba a rampa de acceso a minusválidos do Centro de Artes Escénicas, centro no que se están organizando actos dende fai días.

Ante a “sorpresa” deste grupo municipal o Concelleiro de Cultura Abel Tarrio respostou que “non hai rampa de acceso para minusválidos porque queremos que sexa un lugar accesible para todos”. Este grupo municipal, no turno de preguntas orais, preguntoulle ó concelleiro se era coñecedor de que por Lei debería haber acceso a minusválidos nun local público ó que optou non respostar.

O PP de Dodro pregúntase se "acaso para o Concelleiro de Cultura de Dodro os minusválidos non entran dentro do termino “accesible para todos”? Acaso non teñen dereito a disfrutar dos actos que se celebren no Concello? Para o Partido Popular de Dodro esta discriminación dun sector da nosa sociedade poñen de novo de manifesto a incompetencia dos Concelleiros do noso Concello e do equipo de goberno".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Banco de Tempo oferta obradoiro de masaxes terapéuticas

Masaxe_1

Ribeira, 31 de marzo de 2011. O Banco do Tempo de Ribeira informa de que comezou un obradoiro de masaxes terapéuticas para socias e socios do banco do tempo. Este obradoiro terá unha duración de 3 sesións. A primeira celebrouse o pasado sábado, mentres que a segunda está programada para o sábado 2 de abril e a última para o sábado día 9. 

No transcurso do curso, impartido por dúas persoas con ampla experiencia en distintas técnicas alternativas, cada un dos participantes poderá consultar e aprender a paliar algunha dor ou relaxar algunha zona a través destas técnicas,  polo que o desenrolo do mesmo irá marcado maioritariamente polos participantes. 

Á primeira sesión acudiron 6 socios do banco, entre eles a concellala  de Igualdade, Acción social, Maiores e Dependencia, Mª Esther Patiño Rey, quen acudiu tamén en calidade de socia. O principal tema que alí se tratou foi o dos puntos de presión: a maneira de relaxar as distintas zonas nas que no día a día se van acumulando as tensións.  

Para a segunda sesión cóntase con máis participantes e se tratará maioritariamente o tema da reflexoloxía podal.  

O único requisito para a asistencia a estes e outros obradoiros organizados polo Banco do Tempo será pertencer como persoa socia.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o xoves 7 de abril, Festival EOIVisión no salón de actos do auditorio

Ribeira, 31 de marzo de 2011. O Festival EOIvisión,  que terá lugar no Salón de Actos do Auditorio Municipal de Ribeira o vindeiro xoves 7 de abril, ás 18.30 horas, forma parte dos actos que se desenvolverán con motivo do programa de actividades da Semana Cultural da Escola Oficial de Idiomas (sección Ribeira).

Programación desta "Semana cultural" 

-- É o terceiro ano consecutivo que se veñen organizando este tipo de actividades na sección con moito éxito de asistencia e participación do alumnado.

-- O obxectivo da semana cultural é achegar ao alumnado (320) e ao público en xeral ao idioma dunha maneira lúdica e entretida centrándonos en aspectos culturais: música, baile, gastronomía, xogos, deporte, etc.

-- As actividades son organizadas polo profesorado pero con colaboración do alumnado para a maoiría das actividades, no cal o mesmo alumnado exerce de profesor dos talleres.

-- Os destinatarios son OS CIDADÁNS EN XERAL da nosa comunidade, non só os alumnos da escola oficial de idiomas.

-- NOVIDADES deste ano: Xogos como "Three in a row" (concurso tipo trivial por equipos) ou "Charades" (xogo de mímica para adiviñar películas, libros, etc), clase de pilates en inglés e tamén inglés para pais e fillos.

Prensa_fest_esc_idiom

Semana_Cultural2011.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este venres 1 de abril, gala dos premios "Concello de Ribeira"

Escultura

Ribeira, 31 de marzo de 2011. Máis de 200 persoas confirmaron a súa participación na Gala da 13ª edición dos Premios Concello de Ribeira, que, organizada polo Ente Local coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, terá lugar no día de mañá no Restaurante Baiuca (parroquia de Artes) a partir das 21 horas. 

Tres son os distinguidos nesta nova convocatoria: Isaac Díaz Pardo na categoría de Cultura; a ONG Cáritas de Ribeira polo Traballo Desinteresado e a empresa Pescanova no apartado de Traballo Ben Feito. Tanto o coñecido emprendedor e artista galego como a presidenta de Cáritas de Ribeira, María Teresa Pérez, e o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, confirmaron a súa presenza no acontecemento, que será presentado polo xornalista Pemón Bouzas. 

Como representante da Xunta de Galicia estará presente tamén o xefe territorial de Cultura e Turismo da Coruña, Manuel Varela. 

Escultura exclusiva

Cabe sinalar tamén que cada un dos tres distinguidos recibirán de mans do alcalde José Luis Torres, da presidenta das Amas de Casa Magdalena Bringas, e do citado Manuel Varela, unha escultura exclusiva deseñada expresamente para estes Premios polo reputado artista Miguel Couto: figura que estará acompañada dun certificado que acredita o seu carácter de peza única. 

A escultura, denominada polo autor As Xentes do Mar, está fabricada en bronce, pesa 5 kilos e ten unhas medidas de 45x10x10 centímetros. Coa obra, Miguel Couto pretende reflexar a unión das xentes do mar á hora de traballar nese medio tan duro, e por iso, a escultura representa dúas figuras que, sostidas por unha onda contínua na base da peza, esfórzanse por levantar un cesto cheo de peixe en contínuo movemento.


Antes publicamos:


Premios do Concello: a Isaac Díaz Pardo, Pescanova e Cáritas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable polo Psoe promete ampliar O Grupo e escoitou propostas das amas de casa

Media_httpfarm6static_lchfb

Ribeira, 31 de marzo de 2011. Andrés Fariña reuniuse coa xunta directiva e anpa do colexio público O Grupo (antes Francisco Franco) e comprometeuse a ampliar as instalacións do centro e incrementar o número de prazas do comedor.

Os responsables do colexio tamén demandaron unha mellor conservación e mantemento do centro, para o que fan falta máis cartos. Pediron ademáis un ascensor e que as 25 prazas do comedor se amplíen, pois non chegan.

Amas de casa

Tamén se reuniu Andrés Fariña, xunto cos primeiros postos da súa candidatura, con representantes da asociación de amas de casa de Ribeira. Propuxéronlle a necesidade de pór en marcha programas para frear o absentismo escolar de estudantes de ESO e Bacharelato e tamén medidas para diversificar a economía da cidade, sen que iso supoña deixar de potenciar o sector pesqueiro. Tamén se falou da posta en marcha dunha Escola de Hostalería, de darlle máis pulo ao turismo e de axudas para o comercio local.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello colgou na súa web recursos sobre o patrimonio local e o libro de Toponimia de Baleirón

http://www.concellodedodro.org/image/image_gallery?uuid=d5a2508e-43e2-4d41-9c2c-7d8cfb212876&groupId=12226&t=1300455812056
Dodro, 31 de marzo de 2011. Como xa anunciáramos co gallo dos actos da Primavera Cultural, o Concello de Dodro vén de colgar na súa web o resumo das charlas sobre Patrimonio local que deu a arqueóloga Beatriz Pereiras e tamén o libro sobre Toponimia escrito por Manuel Lorenzo Baleirón e partillado baixo licenza Creative Commons.

Media_httpfarm4static_dcfve

Para acceder e consultar os principais monumentos de interese de Dodro, ten que ir a esta ligazón.

Para baixarse o libro (son 7 megas en pdf), ten que premer aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical