31.3.11

Ribeira: o alcaldable polo Psoe promete ampliar O Grupo e escoitou propostas das amas de casa

Media_httpfarm6static_lchfb

Ribeira, 31 de marzo de 2011. Andrés Fariña reuniuse coa xunta directiva e anpa do colexio público O Grupo (antes Francisco Franco) e comprometeuse a ampliar as instalacións do centro e incrementar o número de prazas do comedor.

Os responsables do colexio tamén demandaron unha mellor conservación e mantemento do centro, para o que fan falta máis cartos. Pediron ademáis un ascensor e que as 25 prazas do comedor se amplíen, pois non chegan.

Amas de casa

Tamén se reuniu Andrés Fariña, xunto cos primeiros postos da súa candidatura, con representantes da asociación de amas de casa de Ribeira. Propuxéronlle a necesidade de pór en marcha programas para frear o absentismo escolar de estudantes de ESO e Bacharelato e tamén medidas para diversificar a economía da cidade, sen que iso supoña deixar de potenciar o sector pesqueiro. Tamén se falou da posta en marcha dunha Escola de Hostalería, de darlle máis pulo ao turismo e de axudas para o comercio local.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical