- O secretario xeral de Política Lingüística actual, Valentín García, presentou o programa en compaña do alcalde
Ribeira, 13 de abril de 2012.- O novo programa de normalización lingüística FalaRedes, que promove a Xunta de Galicia a través da súa Secretaría Xeral de Política Linguística, vai desembarcar en Ribeira a través da celebración de tres actividades ao longo deste ano 2012. Así o deu a coñecer hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha presentación no Consistorio ribeirense na que estivo acompañado polo rexedor municipal Manuel Ruiz.
FalaRedes é un programa dirixido ás entidades locais pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (entre as que se atopa Ribeira) e que ten como obxectivo a promoción do uso do galego. Esta acción constará dun total de 250 actividades repartidas polos 93 concellos da Rede, cun público potencial de 700.000 persoas.
Polo que respecta ao municipio, as tres actividades que xa están programadas son:
Títerehop: obradoiro que mestura o hip-hop cos monicreques que se desenvolverá mañá sábado en dúas sesións (de 11 a 13.30 horas e de 17 a 19.30 horas) no CEIP O Grupo e está dirixido a mozos e mozas de 13 a 17 anos.
Galego de Cine: consistente na proxección de curtas infantís en galego que irán acompañadas de actividades de compresión das películas emitidas. Terá lugar o sábado 19 de maio, de 11 a 14 horas, no Avenida do Malecón (ou se chove, na Biblioteca Municipal) e está enfocado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
O Señor das Dunas: un espectáculo para a toda a familia no que un contacontos narrará cinco relatos populares galegos. Terá lugar o domingo 2 de decembro ás 17.30 horas no Auditorio Municipal.
Segundo referiu Valentín García (quen sinalou -con toda a razón, subliñamos en Certo- que Ribeira é un concello de referencia para o seu Departamento), FalaRedes busca crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos. Tamén intenta reforzar o uso do galego entre galegofalantes, proporcionándolles modelos lingüísticos de referencia aos rapaces e rapazas de orixe castelanófona.
Pola súa parte, o alcalde Manuel Ruiz salientou a fluída colaboración existente entre o Concello e a Secretaría Xeral e puxo en valor o grande número de actividades que desenvolven en Ribeira para o fomento da lingua galega, moitas delas en colaboración coa Xunta ou coa Mancomunidade Arousa Norte. A este respecto, aludiu a moi diversas accións consistentes en exposicións, cursos de formación, promoción do uso do galego nas novas tecnoloxías ou iniciativas dirixidas ao fomento da lectura.
O sábado 14 de abril, Títere-Hop en Ribeira. Rimas, monicreques e gravacións. No programa FalaRedes. 2 sesións flic.kr/p/bLwPhT Asesinos de lobos en el Barbanza (2): los lubicanes blogueiros.axena.org/2012/04/12/ase… vía @axena Segunda parte dunha triste historia acontecida en Boiro Ribeira: a escritora de Cee Concha Blanco falou sobre a mestura de muller e literatura is.gd/b0S90T Ribeira: o mércores 18 de abril inaugúrase "Arte Barbanza 1980", mostra que estará ata o 11 de maio is.gd/Ve35l4 A Xunta fumigando montes (eucaliptos) con sustancias prohibidas. O Padre Teixugo fala diso na súa última homilía certo.es/index.php?page… A mazá prohibida. Tamara Peña fala da vida mesma. Ou do que pensa ela que é a vida, claro... No seu "Venres caníbal" certo.es/index.php?page… galiciaconfidencial.com/nova/10195.html A armadora de Ribeira "de sempre", pillada de novo... E a Xunta de Feijóo dándolle subvencións. Ai, ese Igape Campeón! aguamorta.wordpress.com/2012/04/11/os-… A primeira representación da única obra de teatro de Castelao foi na praza da Quintana. 1961. Xa choveu. Sobre mollado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia