Ribeira, 13 de abril de 2012.- Case un cento de persoas (predominantemente mulleres pero tamén moitos varóns) quixeron acudir no serán de onte ao Conservatorio Municipal para presenciar a conferencia “Muller – literatura, binomio fantástico” coa que se deu inicio á actividade Xoves Literarios incardinada dentro do programa do Abril Mes dos Libros 2012 do Concello de Ribeira.
O acto contou coa introdución musical da profesora de piano do Conservatorio, Teresa Bretal Martínez, á continuación da cal a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, foi a encargada de introducir esta iniciativa cultural e presentar á escritora que pronunciou a charla inaugural da mesma: Concha Blanco Blanco, nacida en Lires (Cee) en 1950.
O numeroso público congregado, entre o cal se atopaba a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, escoitaron con atencións as palabras da autora ceense, quen fizo alusión ao papel das mulleres ao longo da historia da literatura.
A próxima actividade enmarcada nos Xoves Literarios (acción que forma parte así mesmo do programa Letras Vivas da Xunta de Galicia) terá lugar o día 19 de abril coa conferencia “Dos fastos aos festexos”, por Francisco Antonio Vidal, nacido en Palmeira en 1957.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario