13.4.12

A Pobra: o instituto acolleu unha actividade interxeneracional onde mozos e vellos compartiron inquedanzas

A Pobra, 13 de abril de 2012. Un grupo de avós impartiron unas clases nos grupos de 1º ESO do IES da Pobra do Caramiñal. Esta actividade está enmarcada no proxecto “A escola dos av@s . Outro xeito de vida é posible“ (aescoladosavos.worpress.com) que neste centro educativo están a levar a cabo un grupo de profesores. O Proxecto “Escola dos avós” é unha actividade interdisciplinar en canto ao contido,  cunha metodoloxía de traballo cooperativa que pretende crear dinámicas de traballo por competencias en torno ó mundo dos avós. Os rapaces traballan de xeito coordinado nas áreas de Ciencias Sociais, Lingua galega e Lingua Castelá.

Neste caso as clases xiraron en torno ao tema da auga. Os alumnos estiveron traballando durante máis dun mes: investigaron, realizaron entrevistas aos seus avós e avoas, elaboraron reportaxes ,… E este era o momento de poñer en relación o mundo actual e o dos vellos, buscar semellanzas e diferenzas, reflexionar en torno a aspectos como son o acceso á auga, o seu consumo, os residuos e a contaminación hídrica, ….

Estableceuse un diálogo ( ás veces realmente un debate ) no cal os rapaces fixeron mil e unha preguntas, ás cales os avós respostaron botando mán en múltiples ocasións á sabiduría popular. Nun momento no que os rapaces argumentaban sobre o consumo da auga, un dos avós deixou pensativos aos nenos: “Non hai pouco que non chegue nin moito que non se esgote”. “É un crack”, oíuse na aula.

Nesta ocasión, os avós son alumnos do Nivel II de Educación de Adultos do IES Campo de San Alberte de Noia. A experiencia vivida foi altamente gratificante tanto para eles coma para os alumnos. De feito os rapaces preguntábanlle ao final aos seus profesores: "E agora cando veñen os nosos avós e avoas?"



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical