1.9.11

Noia: a pontella da Chaínza, que de vello chamaban "romana", está a ser destapada e recobrando o seu esplendor

Chana

Media_httpfarm7static_jvaze

Apareceu todo un arco cunha altura de máis de dous metros e o inicio dun segundo arco.
Media_httpfarm7static_gdqud

Media_httpfarm7static_bglhl

A pontella estaba tapada, á mesma altura da fonte de abaixo, que é posterior
Media_httpfarm6static_sgjwa

Media_httpfarm6static_ecpcq

Probablemente sexa medieval, pois na súa estrutura é moi semellante á de Río Sieira

Estes traballos de restauración de vellos elementos están a ser feitos dentro do proxecto de remodelación das antigas curtidorías de Cadarso (que datan de 1.700), nesta contorna da Chaínza, nunha zona cultural e de esparexemento de Noia sobre a que publicamos antes:


Rehabilitación: 480.000 euros para "Fábricas da Cheynça"

Comezan as obras para rehabilitar a Chaínza

Media_httpfarm5static_vcfzy

Convenio para facer un novo conservatorio na Chaínza

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: entregaron diplomas aos comercios e negocios de hostalería implicados na Feira Mariñeira

  • O alcalde prometeu unha "Semana do Mar" o vindeiro ano para promocionar produtos pesqueiros

Ribeira, 1 de setembro de 2011.– O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu esta mañá unha entrega de diplomas aos 21 locais hostaleiros e 6 establecementos comerciais que estiveron implicados no desenvolvemento da Quinta Feira Artesanal e Mariñeira: no primeiro caso a través da ruta de tapeo mariñeiro e cócteles do evento e, no segundo, no concurso de escaparates decorados con motivos mariñeiros. Ademais, o acto serviu para desvelar o nome do establecemento gañador deste último certame (promovido xunto coa Asociación de Empresarios de Riveira) que resultou Electrodomésticos Sampedro. 

O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, foi o encargado de entregar os diplomas a cada un dos participantes, así como unha placa conmemorativa no caso do concurso de escaparates. Durante a súa intervención, o rexedor riveirense manifestou que o salto de calidade que experimentou este ano a feira mariñeira derivou exclusivamente da implicación de todos os establecementos que se quixeron sumar ao evento e expresou o seu desexo de que sirvan de punta de lanza para que outros negocios se involucren o ano que ven. 

Manuel Ruiz aproveitou o seu discurso para pedir a colaboración de todos os presentes na Semana do Mar que está organizando o Concello para o ano que ven, e que entre outros obxectivos busca poñer en valor aqueles produtos pesqueiros e marisqueiros que agora non teñen tan fácil saída comercial como outros que están máis promocionados.  

No transcurso do acto, Ruiz Rivas estivo acompañado na mesa presidencial dos concelleiros municipais de Cultura e de Comercio, Elvira Pisos e Anxo Orellán, respectivamente; así como do secretario da Asociación de Empresarios de Riveira, José Antonio Nespereira. 

Ademais de Electrodomésticos Sampedro os establecementos que tomaron parte no concurso de escaparates foron Alalba, D´Nacar, Xoguetes Toy Sur, Pastelería Fina, Rincón del Chocolate, e Teresa Arreglos de Confección. 

En canto aos establecementos hostaleiros: A Caseira, A Cuba, Aimar, As Fillas de Bande, A Taberna do Riaso, Botter, Brétema, Capitán Morgan, Carballoso, Ceos, Coliseo, Golfox, Kukua, La Brasa, Leiro, Noite Meiga, O Parque de Atrás, O Paseo de Coroso, Pepe`s e Plaza.

Relacionada:


Feira Mariñeira: Imaxes

Pode que tamén lle interese:


Andaina popular: o sábado 3 de setembro


Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: xa se pode facer a inscrición para iniciarse en danza clásica e contemporánea

Media_httpfarm6static_bxdkl

Ribeira, 1 de setembro de 2011. A Concellería de Cultura informa de que mañá venres día 2 de setembro ábrese o prazo de inscrición na modalidade de Iniciación á Danza e Danza Contemporánea pertencente á Escola Municipal de Danza. 

Esta iniciativa foi creada coa idea de difundir o estilo da compañía Nova Galega de Danza baseada na danza contemporánea e a danza tradicional de Galicia, co desexo de que os alumnos e alumnas interesados poidan ter a oportunidade de ter unha opción de traballo en futuras producións da compañía. 

As clases serán impartidas polo profesor Vicente Colomer. O prazo de inscrición finaliza o 30 de setembro. Os interesados poden apuntarse no Auditorio Municipal, de luns a venres de 9 a 13 horas. 

O prazo para formalizar a matrícula terá lugar do 1 ao 31 de outubro. As clases comezarán o 5 de outubro e terán lugar os mércores e os venres. O prezo é  de 125,50 euros. 

No que respecta ao prazo de preinscripción en Danza Clásica, terá lugar a partir do 1 de outubro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcalde suma un novo posto, ao pasar a formar parte do Consello de Administración de Portos de Galicia

Media_httpfarm5static_pmeiw

Ribeira, 1 de setembro de 2011. O alcalde de Ribeira e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas, foi designado polo presidente desta última administración para formar parte como representante da mesma no Consello de Administración de Portos de Galicia. Así lle foi comunicado ao rexedor en escrito remitido con data 25 de agosto. 

Para o rexedor ribeirense "é unha satisfacción" que o presidente da Deputación teña pensado nel para defender os intereses dos portos da provincia da Coruña, pola importancia que se está a dar con esta designación ao porto de Ribeira en tanto principal porto de cantos en Galicia son de competencia autonómica. 

Así mesmo, convén salientar que este nomeamento satisfai unha demanda plantexada en diversas ocasións por grupos municipais da Corporación de Ribeira. Ruiz Rivas manifestou que acollerá esta representación provincial “coa responsabilidade que require defender os importantes investimentos e necesidades que os portos teñen en concellos como o de Ribeira”. 

A este respecto, cómpre salientar que ademais de Santa Uxía, o municipio conta con infraestruturas portuarias en Aguiño, Ameixida, Castiñeiras, Corrubedo, Insuela e Palmeira.

Na nota de prensa do Concello ribeirense non se especifican os emolumentos que vai cobrar (ou non) o alcalde por este posto.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Sálvora C.F. presenta as súas categorías base este sábado 3 de setembro

https://lh6.googleusercontent.com/-_LN2MpSoINE/TJcAg6wTrTI/AAAAAAAADBA/bzjtNqdMISk/s800/Presentacion%252520s%2525C3%2525A1lvora%2525202010%252520%25252829%252529.JPG
Máis imaxes da presentación do ano pasado, aquí

Ribeira, 1 de setembro de 2011. O vindeiro sábado 3 de setembro as 12:30 horas levarase a cabo a presentación oficial das categorías base do Sálvora C.F na Praza do Concello,  onde máis de 150 rapaces farán a súa posta de longo oficial co equipo da capital do Barbanza.


As categorías Prebenxamín con 2 equipos, Benxamín con 3 equipos, Alevín con 2 equipos, Infantil con 2 equipos ( 1 en primeira e outro en segunda) e Cadete serán as encargadas de representar nas diferentes ligas federadas a este clube que ano a ano demostra a súa implicación e bo facer no fútbol base.
 
Además da tradicional presentación os equipos seguen preparando a temporada. Así os seniors gañaron o pasado sábado a SR Pazos no derradeiro amistoso por 2-4, xa que a temporada comeza o domingo enfrontándose a domicilio o Atl. Neixón.
 
Pola súa banda os cadetes xogaron o pasado fin de semana dous partidos. O sábado foron derrorados polo CD Boiro por 4-1 e o domingo tamén caeron diante da SD Abanqueiro por 3-2. O domingo 4 xogan un novo amistoso ante o Porto do Son en A Fieiteira.
 
Os infantís xogarán o sábado pola tarde ante o CD Boiro continuando a súa preparación para o seu debut na 1ª Autonómica.

Máis información en:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello emite expedente sobre un edificio en ruínas en Taramancos para que seus donos derruben unha fachada en perigo

Noia, 1 de setembro de 2011. A Concellería de Urbanismo vén de poñer de manifesto á propiedade do inmoble número 28 do lugar de Taramancos, o inicio do expediente do deber de conservación da citada edificación.

Na visita de inspección realizada polos servizos técnicos municipais compróbase que se trata dunha vivenda unifamiliar de planta baixa e un andar coa fachada principal á estrada xeral, e que presenta un importante desnivel pola parte posterior lindeira co Camiño Real. A edificación ocupa unha parcela de 66 metros cadrados edificados na súa totalidade. A fachada posterior da planta alta formada con muros de ladrillo non dispón de cuberta nin de carpintería nas fiestras, presentando todo o conxunto un avanzado estado de abandono, coa cuberta cedida e con perigo real de derrubo sobre o citado Camiño Real.

A proposta que formulan os servizos técnicos municipais, amparados no precepto da Lei do Solo de Galicia, que establece que os propietarios de inmobles están obrigados e mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e habitabilidade segundo o seu destino, conclúe que se debe proceder “á demolición da fachada posterior da planta alta e á consolidación do resto da edificación”, estimando suficiente para esta labor o prazo de un mes.

Conforme a isto a Concellería de Urbanismo emitirá unha orde de execución, dirixida aos propietarios do inmoble, no sentido indicado polos servizos técnicos municipais. Lembrar que as ordes de execución están recollidas na lexislación urbanística en vigor, existindo tamén unha ampla xurisprudencia do Tribunal Supremo ao respecto: “No ámbito urbanístico, a Administración está habilitada, para intervir na actividade dos administrados, non só na fase de construción dos edificios, senón tamén ao longo de toda a vida destes coa finalidade de garantir a súa permanencia en boas condicións ...” (STS do 5 de xaneiro de 1988).

Pode que tamén lle interese:


Cantón's Jazz&Blues Festival: o 2 e 3 de setembro


Encontro de Habaneras: este domingo 4 de setembro en San Martiño

Antes, en Certo:


Urbanismo "fóra de ordenación", para arranxar as desfeitas do "ti vai facendo"


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos


Rehabilitación: comeza a novena fase, con 22 actuacións


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: as Festas do Carme no Freixo, este venres 2 e sábado 3 de setembro

Carme_do_freixo

Día 2 de setembro, venres
Actuación dun GRUPO MUSICAL( aínda sen determinar)

Día 3 de setembro, sábado:
9:00 Dianas e alboradas a cargo do grupo Salgueiriñós.
14:00 Sesión Vermú acargo da orquesta RÍA DE AROSA.
17:30 Misa solemne cantada pola Coral Polifónica do Freixo.
18:15 Procesión da Santísima Virxe do Carme e tirada da traca.
20:00 Concerto da Banda Municipal de Outes no adro da Iglesia.
22:30 Gran Verbena a cargo de Ría de Arosa.
DÍA DA MOCIDADE: DISCOTECA MÓBIL A PARTIRES DAS 2:30 E FIN DE FESTAS (7:00)
00:00 TIRADA DE FOGUETES DE LUCES.

A COMISIÓN DE FESTAS AGRADECE A SÚA XENEROSIDADE A TODOS OS VECIÑOS, BARCOS E CASAS PUBLICITARIAS QUE COLABORARON CON ESTA FESTA.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical