8.1.13
Política: Caamaño denuncia que a Xunta somete a "severa marxinación orzamentaria" á comarca do Barbanza
- Os socialistas afirman que os Orzamentos de 2013 “non favorecen o desenvolvemento económico”, son “incompatibles coa xeración de emprego na comarca”, e esquecen importantes infraestruturas pendentes na zona
- Caamaño considera que, con estes orzamentos, “semella que os cidadáns do Barbanza non existen para a Xunta de Galicia”
Valoramos el alto nivel de inversión de más de 500 millones de euros realizado por la Xunta de @feijoo2012 en la comarca del Barbanza
— Diego Calvo (@DiegoCalvoPouso) September 27, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Poesía: Vilagarcía acubilla este venres, 11 de xaneiro, o seguinte torneo poético Slam Arousa
- Na cervexaría Gäel, dende as 22:00 horas
Barbanza, 8 de xaneiro de 2013. O torneo de recitado poético Slam Arousa prosegue a súa andaina. De Taragoña (Rianxo), a Ribeira, e de alí a Boiro para cruzar desta vez a ría de Arousa e facer parada en Vilagarcía este venres, 11 de xaneiro, na Cervecería Gäel, onde todos os participantes recibirán un pequeno agasallo por conta do local. Slam Arousa busca en Vilagarcía novos poetas, novos públicos e un novo finalista que se sume a Pedro Campos, Ramón Blanco e Celia Parra para competir, en marzo, na Illa de Arousa. O gañador desta finalísima, viaxará subvencionado a Madrid para participar no Poetry Slam estatal no que recitan versos todos os gañadores dos slams espallados por toda a xeografía española. Esta final estatal, será, seguramente, no mes de abril. O torneo está a ser organizado e presentado pola actriz e dramaturga, actual directora do grupo de teatro Airiños, Esther F. Carrodeguas, que leva adiante esta iniciativa itinerante por toda a ría de Arousa. É unha acción cultural que pretende espallar a poesía e a creatividade local e dar a conocer a poetas da zona, e a partir da cal, por exemplo, xurdiron proxectos como a colaboración de Carrodeguas con Ramón Blanco na presentación este mesmo xoves de Emily on the Road, de Ramón Blanco na EOI de Vilagacía. Sobre o fenómeno slam en Galicia xa se fixo eco incluso o portal do Consello da Cultura Galega en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21856 Curricula dos anteriores finalistas
---
Celia Parra naceu en Ourense, no ano 90 e é Licenciada en Comunicación Audiovisual. Merecedora dos premios Ánxel Casal, 3º premio Minerva en dúas edicións, 3º premio Xuventude Crea de poesía, Premio María Mariño, Premio Avelina Valladares, do cal se publicou o seu primeiro poemario: No berce das mareas. Participou en varios recitais colectivos ("A porta verde do sétimo andar", jam session dos "Picaversos", co colectivo Salsipuedes de Pamplona ó que pertenze...). Escribe e fai audiopoemas e videopoemas publicados no seu blog: abroparentese.blogspot.com. Colabora como "opinadora" no portal Letra en Obras.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: o Psoe pide que se repoña a cabina de taxis dos xardíns Valle Inclán ante o deterioro da actual
A Pobra, 8 de xaneiro de 2013. O grupo socialista pobrense vén de presentar no Concello unha moción na que se solicita que se poña unha cabina nova para os taxistas nos xardíns Valle Inclán, xa que a actual, como se intúe na imaxe, está totalmente deteriorada.
Moción completa
Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o cambio da cabina dos taxistas.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Transformar radicalmente a imaxe da cabina de teléfono da parada de taxis situada nos Xardíns Valle Inclán, é imprescindible xa que está totalmente deteriorada e está afectando ás condicións de traballo dos profesionais e dos usuarios cando requiren do servizo.
A cabina ten humidades por todos os lados afectándolle incluso a electrónica do teléfono polo que moitas veces este deixa de funcionar. O cristal está roto, a bisagra da porta descolgada e ata lle rouban o teléfono con frecuencia, cunha media de dous teléfonos por ano subtraídos.
Modernizar esta instalación é prioritario, contando ca aprobación dos profesionais do taxi, para mellorar de forma notable o seu traballo, o que repercutirá nun mellor servizo para todos os usuarios.
En tempos difíciles, como os actuais, non debería ofrecer dúbida a mellora das condicións de traballo do gremio de taxistas. Noutros pobos limítrofes xa acometeron estas melloras, por exemplo, en Ribeira contan con unha cabina modesta en cambio en Noia teñen unha cabina en condicións óptimas.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
Que o goberno do municipal substituía a cabina dos taxistas para que poidan desenrolar o seu traballo en condicións dignas e que a cabina se integre no entorno no que está ubicada.
A Pobra do Caramiñal, 07 de xaneiro de 2013
Colaboración: Jesús Silva Vilas apunta como vai a carreira dos filmes aos Oscar de Hollywood en certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) January 8, 2013
"@juangimel: Vota con 10 estrellas polo #GhañanStyle (Juan Miguel-A Coruña) e imos vestidos de vellas!! europafm.com/concursos/gang… RT xfa! :-)
— Certo (@Certo) January 8, 2013
Ella tenía todo cuanto un hombre puede desear. Lástima que lo invirtiera todo en preferentes.
— toninomaestroarmero (@maestrotonino) January 7, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia