2.7.12

Dodro: comezou a Escola de Verán con máis de medio cento de escolares inscritos

Dodro, 2 de xullo de 2012. A Tenente de alcalde e concelleira de Servizos sociais e Igualdade de Dodro, Marisol Boga Grela, inaugurou hoxe a Escola de Verán, dirixida a rapaces/zas de 3 a 12 anos e que se celebrará os meses de xullo e agosto de 9,30h a 13,30h.

A Escola de Verán preséntase ante a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar e nela levaránse a cabo actividades de ocio e tempo libre e o fomento da educación en valores como a igualdade.

Os rapaces/zas terán entre outras actividades bricolaxe, cociña, costura, xogos predeportivos, películas, contacontos, ximcanas e -prometen- moita diversión.

 

Ante a gran demanda de prazas, o equipo de goberno fixo un esforzo especial nesta ocasión e incrementou o orzamento asignado para estas actividades coa fin de dar cobertura a todas as solicitudes. Así, quedaron admitidos todos os rapaces/zas que solicitaron praza, ascendendo a 53 os que disfrutarán este ano en Dodro da Escola de Verán. Cabe recordar que que este ano é totalmente gratuita para os participantes e o custo asúmeo en parte a Deputación da Coruña e en parte o Concello. Todos rapaces/zas recibiron unha mochila como agasallo de benvida.

 

Reforzo escolar


Tamén hoxe a tenente de alcalde inaugurou as clases de Reforzo Escolar de Verán para razaces/zas de ESO que se celebran no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón durante os meses de xullo e agosto, cofinanciadas polo Concello e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este programa pretende axudar aos rapaces/zas a preparar os exámes de setembro, así como dar apoio con técnicas de estudo e charlas de orientación e asesoramento para familias e alumnos. Tamén terán obradoiros de habilidades sociais e dinámicas de grupo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Amparo e Sebastián, 80 anos de matrimonio, a parella máis lonxeva de España

  • O alcalde e o concelleiro de Servizos Sociais foron felicitalos e agasallalos cun regalo institucional. Ela ten 100 anos e o seu marido 103.
  • Din que esta parella residente en Palmeira é a máis lonxeva de España e a segunda de Europa

 http://farm9.staticflickr.com/8158/7486927770_f7215c7da0_z.jpg

Ribeira, 2 de xullo de 2012.- Hoxe tivo lugar no municipio un acontecemento do máis estrano: a celebración de oitenta anos de matrimonio da parella formada por Sebastián Feliz Paradelo, de 103 anos, e Mª Amparo Tato Gómez, que cumprirá os 100 no vindeiro outubro.

O alcalde acudiu á vivenda na que reside o matrimonio, situada en Figueirido (Palmeira), para felicitar a ambos por tan feliz efeméride e obsequialos cunhas flores e un agasallo institucional no nome da Corporación Municipal.

Manuel Ruiz e o seu concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño, foron recibidos por unha das fillas do matrimonio, Clara Feliz, quen explicou sucintamente a vida de esforzo levada por Sebastián e Mª Amparo, ambos naturais de O Barco de Valdeorras e que, tras distintas peripecias que os levaron a vivir sitios como Barcelona ou Londres, levan afincados en Riveira dende hai oito anos.

 http://farm8.staticflickr.com/7253/7486933622_e54aeb9235_z.jpg

Segundo parece, a de Sebastián e Mª Amparo é a parella máis lonxeva de España e a segunda de Europa.




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: concentración hoxe, 2 de xullo, en Ribeira, polo medicamentazo e os recortes



Ribeira, 2 de xullo de 2012. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Barbanza convoca a toda a cidadanía da comarca a unha concentración, hoxe luns día 2, ás 20: 30 horas diante do concello de Ribeira.

Diversas Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública integradas en SOS Sanidade Pública, convocan actos de repulsa aos copagos e recortes do sistema sanitario impulsados polo Goberno a través do Real Decreto Lei 16/2012, que ironicamente se di destinado a garantir a sostibilidade e a calidade do sistema.

 

As accións previstas teñen diferentes formatos que van desde a concentracións ante os centros sanitarios do SERGAS ao reparto de folletos informativos da súa repercusión sobre os cidadáns, especialmente os pensionistas e os máis enfermos ou discapacitados.


A Plataforma SOS Sanidade Pública considera a entrada en vigor destas medidas como o inicio dunha contrarreforma privatizadora que pretende restrinxir a atención sanitaria a un conxunto limitado de prestacións sanitarias para favorecer seguros privados complementarios; o pago polos pensionistas de medicamentos; o aumento dos pagos por receitas aos demais cidadáns con problemas de saúde; a exclusión do finanzamento de medicamentos de amplo uso; o pago de servizos de ambulancias non urxentes, alimentos espaciais; ou a exclusión do dereito ao atención a persoas inmigrantes explotadas na economía mergullada.


Esta mobilización -sinalan- é o inicio dunha longa batalla para que o goberno de Rajoy retire as medidas que acaban coa universalidade, o libre acceso aos recurso e o carácter redistributivo do noso sistema sanitario, que a pesar de ser un dos máis baratos de Europa gozaba dun gran prestixio internacional


SOS esixirá ao novo goberno que salga das próximas eleccións autonómicas en Galicia que anule a aplicación do RD 16/2012 como o fixo, ata agora, o Goberno do Pais Vasco.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical