As accións previstas teñen diferentes formatos que van desde a concentracións ante os centros sanitarios do SERGAS ao reparto de folletos informativos da súa repercusión sobre os cidadáns, especialmente os pensionistas e os máis enfermos ou discapacitados.
A Plataforma SOS Sanidade Pública considera a entrada en vigor destas medidas como o inicio dunha contrarreforma privatizadora que pretende restrinxir a atención sanitaria a un conxunto limitado de prestacións sanitarias para favorecer seguros privados complementarios; o pago polos pensionistas de medicamentos; o aumento dos pagos por receitas aos demais cidadáns con problemas de saúde; a exclusión do finanzamento de medicamentos de amplo uso; o pago de servizos de ambulancias non urxentes, alimentos espaciais; ou a exclusión do dereito ao atención a persoas inmigrantes explotadas na economía mergullada.
Esta mobilización -sinalan- é o inicio dunha longa batalla para que o goberno de Rajoy retire as medidas que acaban coa universalidade, o libre acceso aos recurso e o carácter redistributivo do noso sistema sanitario, que a pesar de ser un dos máis baratos de Europa gozaba dun gran prestixio internacional
SOS esixirá ao novo goberno que salga das próximas eleccións autonómicas en Galicia que anule a aplicación do RD 16/2012 como o fixo, ata agora, o Goberno do Pais Vasco.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario