Ribeira, 30 de xuño de 2012. Onte presentouse na sede da Peña Amancio, un colectivo seareiro do Real Madrid en Ribeira, o libro do xornalista e escritor de Pontevedra Manuel Jabois, titulado "Grupo Salvaje". O presidente da peña, José Mariscal, sinalou na súa intervención que "como Peña Madridista e simpatizantes do Real Madrid é un orgullo dar a coñecer este libro na nosa sede social, que recentemente inauguramos en conmemoración do 25 aniversario. Aínda que a maior parte dos actos que organizamos durante o ano son relacionados coa práctica deportiva, concretamente viaxes organizadas para presenciar os encontros do noso equipo, xuntanzas no propio local para disfrutar e animar ao Real Madrid C.F, festas de celebración de títulos, ceas de socios ou aniversarios, tamén queremos destacar que sempre estamos interesados en colaborar nos diferentes eventos ou programacións doutros ámbitos extradeportivos como poden ser os culturais, sociais ou de calquera outra índole". Tamén apuntou que a peña Amancio está sendo "un referente a nivel nacional grazas ao gran número de asociados, empresas privadas e administracións colaboradoras, así como intercambio e vinculación con outras peñas similares de todas as rexións de España e da súa grande relación coas áreas directivas, deportivas ou sociais do Real Madrid". Mariscal agradeceu a "estimada colaboración" dos alí presentes, a saber: Manuel Jabois como autor do libro "Grupo Salvaje"; Ateneo Valle-Inclán como vínculo de colaboración; Aroa Fernández no seu papel de concelleira de Xuventude; Unai González como técnico de Cultura e especialmente o Concello de Ribeira por todas as axudas e facilidades para organizar actos. Aproveitou para felicitar ao equipo de goberno polo "gran éxito" do programa de Xuño da Cultura e as Artes. Camisetas asinadas por xogadores do Real MadridHoubo entrega de camisetas asinadas polos xogadores do Real Madrid a Rosa Orellán, fundadora e actual secretaria da Peña Amancio, da cal se salientou o seu "traballo diario, esforzo, sacrificio e voluntariedade en todo momento". Tamén recolleu camiseta asinada Guillermo Simarro, en representación da empresa Congalsa, a cal colabora estreitamente coa Peña Amancio. Antes e despois da presentación houbo algún comentario no twitter do autor, Manuel Jabois, mesmo con anécdotas ben chamativas. Vexan:
Y éstos son los baños de la peña madridista de Riveira: twitter.com/manueljabois/s…
— Manuel Jabois (@manueljabois) June 29, 2012
El bar de Riveira en el que mataron a un hombre con 47 puñaladas hace quince años es hoy el local social del Real Madrid.
— Manuel Jabois (@manueljabois) June 29, 2012
El asesino ya está libre y casado con la psicóloga de la cárcel.
— Manuel Jabois (@manueljabois) June 29, 2012
El bar, por cierto, se llamaba Cráter.
— Manuel Jabois (@manueljabois) June 29, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario