- Por outra banda, sóubose que 68 empresas se presentaron para executar os saneamentos de Reiriz e Olveira e só unha para xestionar o matadoiro
- Cun orzamento total de máis de 7 millóns de euros e cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Densenvolvemento Rexional, dentro do Eixo 5. Desenvolvemento Rural e Urbano do P.O FEDER 2007-2013 o estudo contempla un total de oito actuacións de mellora de diferentes puntos considerados estratéxicos para o desenvolvemento socio-económico do concello de Ribeira:
- Construción dun novo mercado municipal e actividades complementarias
- Dentro das actuacións, figura como obra mestra a construción do novo mercado municipal, unha praza de abastos intelixente á vangarda no aproveitamento enerxético e no uso das TIC que impulsará a actividade comercial do sector da alimentación.
- O acondicionamento do río Arlés e a mellora da súa contorna é outra das pezas fundamentais do Plan Riveira Atlántica. A recuperación da súa riqueza ambiental pasa pola creación dun itinerario turístico fluvial, dun parque biosaudable e da restauración de núcleos tradicionais á beira do río.
- Coincidindo coa presentación oficial, constituirase a Comisión Estratéxica do Proxecto, que velará polo adecuado cumprimento do estudo e que estará integrada, ademais de pola xunta de voceiros e concelleiros implicados, polos seguintes organismos públicos:
- Augas de Galicia
- O acto de inauguración, ao que están convidados todos os veciños da comarca, estará presidido polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra. Terá lugar o vindeiro venres, 1 de xuño, ás 19.30 horas, no auditorio municipal de Ribeira, e contará ademais coa presenza dos conselleiros de Economía e Industria, Javier Guerra, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e do rexedor local, Manuel Ruiz, entre outras autoridades do ámbito local e autonómico.
- Media hora antes do acto de presentación pública, Javier Guerra e Manuel Ruiz terán ocasión de asinar o convenio de colaboración en virtude do cal o Concello de Riveira vai recibir repartidos en tres anualidades un total de 900.000 euros da Consellería de Economía e Industria para apoiar a construción do novo mercado.
Sanidade: poñen bus dende Barbanza para a manifestación contra os recortes en Santiago este domingo 3 de xuño post.ly/7Vige
— Certo (@Certo) May 28, 2012
Educación: convidan a toda a veciñanza da comarca ao peche a prol do Ensino Público este xoves 31 en Ribeira post.ly/7VhwU
— Certo (@Certo) May 28, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia