28.5.12

Educación: convidan a toda a veciñanza da comarca ao peche a prol do Ensino Público este xoves 31 en Ribeira

Media_httpcentrosedux_gucoz

Imaxe do Ies Número 1 de Ribeira, onde está previsto o peche-protesta

Ribeira, 28 de maio de 2012. Estase a organizar unha iniciativa en defensa do ensino público esta semana na comarca da Barbanza. A través das redes sociais, correo electrónico, asembleas nos centros educativos e outras vías, a comunidade educativa mobilízase para facer un peche nun instituto como xa se está facendo en outros puntos de Galicia e outras comunidades.

A convocatoria, aberta a toda a cidadanía, está programada para levarse a cabo no IES Nº 1 de Ribeira o próximo xoves 31, desde as 5 da tarde ata a mañá do venres.

No Facebook pódese confirmar tamén a asistencia:

"É hora de dar a cara na defensa do Ensino Público, o Barbanza actúa, participa no Peche que haberá o vindeiro Xoves a partires das 17 horas no IES "Nº 1" de Ribeira, como cidadán, cidadá, nai, pai, alumno,alumna, mestre, mestra, profesor, profesora. Contamos contigo POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO"




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical