22.2.08

Para preparar a Semana Santa e o verán

1. Puertas al pasado… ciudades antiguas de tres continentes, como Mesa Verde, Pompeya, Tikal y Petra.
2. Obras de ingeniería… maravillas que han sobrevivido al paso del tiempo, como las Pirámides de Giza, el Taj Mahal, la Isla de Pascua o la Gran Muralla China.
3. Cuestión de tiempo… lugares cuya hermosura depende del momento, mes o año en que los visitemos, como la Aurora Boreal, el Serengeti, las Cataratas del Iguazú y Machu Picchu.
4. El triunfo de la vista… las mejores obras de arte y de diseño, como el Museo del Louvre, el Zen Garden de Kyoto, la galería Uffizi y Fallingwater de Frank Lloyd Wright.
5. Escalando nuevas alturas… como el río Yangtze, la Antártida, el Kilimanjaro y el Gran Cañón del Colorado.
6. En presencia de los dioses… templos tan magníficos que podrían haber sido construidos por inspiración divina, como la Pagoda Shwedagon (Birmania), el Partenón, Angkor Wat (Camboya) y Éfeso.
7. Hoy están, mañana quién sabe: destinos amenazados por su desaparición y pasto del turismo de urgencia, como Venecia, la Selva Amazónica, la Gran Barrera de Coral y las Islas Galápagos.
Smithsonian: 28 lugares para ver antes de morir

O que dispoña de posibles, aí ten 28 sitios aos que ir antes de morrer. Non nos queda nada!!!

Blogged with Flock

Borobó e a súa esquecida revista Chan

Sabía que tal día coma hoxe saíu do prelo o primeiro número da revista quincenal CHAN, dirixida desde Madrid polo xornalista Borobó?

Borobó tivo unha fonda relación con Boiro. De feito, foi nomeado fillo adoptivo deste municipio.


É unha mágoa que esa revista aínda non estea dixitalizada. Pode que deste fío de conversa no blog "As uvas na solaina" algún político deses que manexan os nosos cartos dos impostos (cartos públicos) tire algunha idea do que facer...

Anonymous Leituga 1 said...

Estou interesado, señor Valcárcel, na revista "Chan", que coñezo só de oídas. ¿Podería fornecerme dalgunha información sobre ela? Se lle resulta engorroso ou lle parece inapropiado metela aquí, pode mandarma ao meu enderezo electrónico. Agradézollo.

jue may 17, 01:53:00 PM
Anonymous marcel swann said...

E por que non haberá un alma caritativa que escanee todas esas revistas e as colgue na rede? Por que non temos unha biblioteca "nacional" ou o que queiran galega que faga este labor? Por exemplo, números atrasados de Chan, de Teima, as vellas de ANT, as publicacións en galego da diáspora, etc, etc.
En Cataluña Google Books e a Generalitat chegaron a un acordo para poñer todos os fondos antigos da Biblioteca Nacional de Catalunya en Internet.

jue may 17, 04:10:00 PM
Blogger marcos valcarcel said...

Para Leituga: de CHAN, a revista de Borobó, hai unha referencia naGran Enciclopedia Galega. Publicouse entre 1969 e 1971 e nela publicaron varias xeracións de autores: xentes como Ben-Cho-Shey, Ferrín, Blanco Amor, Carballo Calero, Fdez. Ferreiro, Paz Andrade, Otero, Freixanes, Rábade Paredes e Perfecto Conde. Era ilustrada, con moitas fotos, mesmo a color, e bilingüe, con maioría en castelán. Tiña seccións de humor gráfico de Siro López, Tomé e Lavandeira.

Seguidores de Lovecraft con partido

Inserido Video

Xa calquera se presenta ás eleccións. Pero quen lles dera a moitos candidatos ser tan coñecidos como Ctulhu, e aínda por enrriba, que lle fixeran un vídeo e llo subiran a YouTube

Blogged with Flock

Cun móbil



Foto do eclipse de lúa do 21 de febreiro. Feita cun Nokia N80, di o tipo. Atopada en http://www.flickr.com/photos/xurxoboiro/

Blogged with Flock

Política, arqueoloxía e cultura


Homenaxe a Castelao en Neixón en 1912 (Acuña)

"Así era vista a Punta de Neixón por este esnobismo vilego rianxeiro da época (citamos ab extenso): En extremo simpática fue la fiesta que aquí se celebró el viernes de la pasada semana para honrar al gran caricaturista Castelao, á Daniel como familiarmente en Rianjo se le llama.
Cierto es que en ella no hubo el aparato y corrección propios de la solemnidad académica, ni se pareció siquiera á banquete de diputado, con discursos hueros, sesudos, que tanto daño hacen después de comer; allí sólo reinaron la cordialidad y la alegría y, sobre todo, un inmenso cariño hacia el famoso artista que ya se ha hecho popular en toda España. Acompañados de dos distinguidos hijos de Santiago, el simpatiquísimo y excelente fotógrafo Enrique Guerra y el
notable pintor Ernesto Carrero, llegaron á Rianjo; el mismo día á las diez de la mañana, muchos padroneses que fueron recibidos con bombas, á pesar de haberlas prohibido el alcalde."

"San Vicenzo de Cespón, parada e fonda no camiño do rexionalismo ao galeguismo político e cultural Manuel Otero Acevedo e Roberto González del Blanco deron a coñece-la riqueza arqueolóxica da parroquia de San Vicenzo de Cespón nas dúas primeiras décadas do século pasado. Coa súa erudita iniciativa abriron o camiño da Arqueoloxía galeguista, como así aconteceu noutras zonas de Galicia. Sen embargo, neste caso, a actividade desenvolta en 1925 insírese nun amplo marco intelectual e ideolóxico marcado por un contexto local que deu importantes personaxes á causa galeguista e que sen dúbida influíu na elección de Neixón e da Serra de Barbanza como campo de experimentación dunha Arqueoloxía plantexada ao servicio da construción da identidade nacional galega".

Canto máis lemos, máis nos impresiona esta ponencia de Xurxo Ayán para o II Encontro de Arqueoloxía do Barbanza que se celebra esta fin de semana en Boiro. Descárguena aquí, paga moito a pena. Non só para a xente da zona, en serio...

Así nacen os grupos

SKAIOLA BORROKAL nase unha noite de outubro de 2007 tal é como deben naser as grandes cousas: en medio dunha borracheira modo-tsunami. Ese día, conflúen en medio da ebriedade Carlos "Jrucho", Miguel "Pelos", Samu e David Pájaro e comesan a barallar a posibilidade de montar un grupeto de ska. O tema xurde a partir de que Carlos, Samu e David comparten moitos gustos neste sentido, e Miguel apúntase a todo
MySpace.com - Skaiola Borrokal - A Coruña, UM - Ska / Punk - www.myspace.com/skaiola

E non hai máis: o glamour vén despois. Se trunfan, cambian toda a súa biografía. A algún non lles da tempo, claro. No Barbanza esto pasa cada día con máis frecuencia.

Blogged with Flock

Rosa le no Metro Leñaverde

Certo - O Xornal gratuito do Barbanza -

Hoxe, venres 22 de febreiro, en Boiro

Blogged with Flock

CieloBarbanza

Eclipse de Luna en Flickr: ¡Intercambio de fotos!

A lúa que se viu en Barbanza na eclipse. Noraboa a estes afeccionados á astronomía (confesamos que en Certo somos máis da gastronomía)

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical