22.2.08

Política, arqueoloxía e cultura


Homenaxe a Castelao en Neixón en 1912 (Acuña)

"Así era vista a Punta de Neixón por este esnobismo vilego rianxeiro da época (citamos ab extenso): En extremo simpática fue la fiesta que aquí se celebró el viernes de la pasada semana para honrar al gran caricaturista Castelao, á Daniel como familiarmente en Rianjo se le llama.
Cierto es que en ella no hubo el aparato y corrección propios de la solemnidad académica, ni se pareció siquiera á banquete de diputado, con discursos hueros, sesudos, que tanto daño hacen después de comer; allí sólo reinaron la cordialidad y la alegría y, sobre todo, un inmenso cariño hacia el famoso artista que ya se ha hecho popular en toda España. Acompañados de dos distinguidos hijos de Santiago, el simpatiquísimo y excelente fotógrafo Enrique Guerra y el
notable pintor Ernesto Carrero, llegaron á Rianjo; el mismo día á las diez de la mañana, muchos padroneses que fueron recibidos con bombas, á pesar de haberlas prohibido el alcalde."

"San Vicenzo de Cespón, parada e fonda no camiño do rexionalismo ao galeguismo político e cultural Manuel Otero Acevedo e Roberto González del Blanco deron a coñece-la riqueza arqueolóxica da parroquia de San Vicenzo de Cespón nas dúas primeiras décadas do século pasado. Coa súa erudita iniciativa abriron o camiño da Arqueoloxía galeguista, como así aconteceu noutras zonas de Galicia. Sen embargo, neste caso, a actividade desenvolta en 1925 insírese nun amplo marco intelectual e ideolóxico marcado por un contexto local que deu importantes personaxes á causa galeguista e que sen dúbida influíu na elección de Neixón e da Serra de Barbanza como campo de experimentación dunha Arqueoloxía plantexada ao servicio da construción da identidade nacional galega".

Canto máis lemos, máis nos impresiona esta ponencia de Xurxo Ayán para o II Encontro de Arqueoloxía do Barbanza que se celebra esta fin de semana en Boiro. Descárguena aquí, paga moito a pena. Non só para a xente da zona, en serio...

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical