29.7.11

Porto do Son: Feira Celta esta fin de semana, do 29 ao 31 de xullo

A Pobra: Novas Xeracións levou a medio cento de mozos a Caldas de Reis a unha partida de paintball

A Pobra, 29 de xullo de 2011. Hoxe mesmo, ao longo do día, tivo lugar unha partida de paintball no Campo do Lobo, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, na que participaron máis de medio cento de mozos da Pobra. A excursión estivo organizada por Novas Xeracións pobrenses.

Os mozos do PP, con Eloy Sobrido á cabeza como presidente, agradecen a todos os participantes a colaboración na actividade, e comprométense a repetila, xa que lles quedou moi bo sabor de boca. Con esta segunda actividade rematan as do mes de xullo, e agardan ao de setembro para organizar novas iniciativas, nas que contan con xuntar a tantos ou máis mozos como nestas.

Antes, en Certo:


Viaxe a Cerceda: organizada por NN.GG do PP o pasado 26 de xullo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Palmeira terá mercadillo cada venres con medio cento de postos

  • Agardan que o primeiro sexa xa o venres 5 de agosto
  • Irá no exterior da praza de abastos de Palmeira

Ribeira, 29 de xullo de 2010.- Palmeira contará a partir do vindeiro venres cun mercadillo ambulante. Así o anunciou hoxe o concelleiro que ten as competencias de Consumo, Vicente García de Bricio, no lugar onde se emprazará a iniciativa, concretamente na zona exterior da praza de abastos da parroquia. 

Mariño de Bricio, que estivo acompañado dos concelleiros naturais de Palmeira Mª Carmen Vizcaya Sampedro e Emilio Pérez Outeiral, xustificou esta acción como unha medida para dinamizar a actividade comercial da parroquia, que nace a instancias precisamente dos propios comerciantes do pobo e moi especialmente dos que operan no mercado de abastos. “Fai máis ou menos un mes, os comerciantes de Palmeira subliñáronme a necesidade de reactivar o seu movemento comercial –afirmou- e o Concello púxose inmediatamente mans a obra para buscar a forma de facelo”. 

O mercadillo terá lugar todos os venres pola mañá e a intención do concelleiro de Mercados e que se inicie xa o próximo 5 de agosto. O Executivo calcula que haberá uns 50 postos, cifra que podería irse aumentando en función da demanda. Terán cabida os xéneros e materias propias de calquera mercadillo convencional: froitas, flores, téxtil, etc... 

Tramitación

O Concello xa dispón dunha lista de interesados en participar e mañá entregaráselle aos responsables de todos os postos do mercado de Riveira unha circular informativa desta nova acción. A este respecto, Vicente Mariño recordou que aqueles que xa dispoñan dalgún posto no mercado de Riveira unicamente deberán abonar a preceptiva taxa pola ocupación do solo, pero non a derivada de expedir o carné de vendedor, que xa teñen. 

Mariño de Bricio fixo un chamamento a aqueles comerciantes que queiran formar parte do mercadillo para que acudan á Casa Consistorial a partir do próximo luns a efectos de realizar as tramitacións oportunas para poder tomar posesión dos postos.  

Por outra parte, manifestou a súa esperanza de que como é intención do Concello, esta iniciativa sirva para revitalizar a actividade comercial en Palmeira e para que a praza da abastos vexa aumentadas as súas vendas. 

Así mesmo, animou aos veciños de Palmeira, do municipio e dos concellos limítrofes, así como aos visitantes que recalan nesta zona na época estival, a que acudan a este novo mercadillo para que sexa un éxito.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Arrecó ten un plan para este verán (ou máis)

Triptico campaña verano 2011.pdf Download this file

  • Quedan 10 prazas vacantes en dous campamentos
Ribeira, 29 de xullo de 2011.A Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó de Ribeira organiza campamentos para este verán, nos que participarán máis de 100 nenas e nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos. A Asociación fai un esforzo económico "moi grande", afirma, subvencionando 3.500 euros, para que os prezos sexan asequibles e poideran participar o maior número de interesados posible.
 
A día de hoxe quedan 10 prazas vacantes no campamento "A Miña Primeira Aventura" e hai lista de espera no Campamento de "Integración".
 
Información sobre as súas actividades:

ARRECÓ  “TEN PLAN”. Si es xoven ¡¡¡estás de noraboa!!! 

Actividade  enmarcada dentro dos programas e actos que a Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó está levando a cabo durante estes últimos anos para fomentar as actividades de tempo libre e a educación non formal. 

Na actualidade a asociación Arrecó ten máis de 400 socios e socias e a Xunta Directiva está composta por persoas cualificadas, mestres, pedagogos, educadores sociais, animadores socioculturais, psicólogos, ..., e casi todos monitores e directores de tempo libre. 

Estamos a desenvolver un programa de actividades de ocio alternativo e de educación non formal durante todo o ano 2011, fomentando a participación xuvenil, tanto na elección das actividades coma na organización delas. 

Queremos retomar o noso obxectivo fundamental cando se constituiu a asociación, alá polo ano 97, que non é outro que o de ser o referente en actividades de ocio en toda a comarca do Barbanza. Imos a traballar moi duro para conseguilo e ofertaremos actividades para todos os gustos e destinatarios. 

Faremos coma mínimo unha actividade cada mes baixo a denominación de “Coñece o teu Concello, Coñece Barbanza, Coñece Galicia, Coñece España”; por exemplo: Participar activamente nas actividades do Nadal de Riveira, recuperar tradicións no entroido (murgas, enterro do felipe,...), andainas populares, recuperar tradicións coma as muiñadas, visitas lúdico-culturais a museos (museo do mar de Rianxo, museo do gravado e museo etnográfico de Artes, centro de interpretación arqueolóxica do Parque Periurbano de San Roque, CIELGA do Parque Natural de Corrubedo), pasar un día de convivencia e coñecer outros puntos de Galicia (Ecoparque de Marín, circuito de karts de Sanxenxo, ...) visitar outras comunidades autónomas para coñecer a súa realidade, cultura, tradicións, gastronomía,.. 

Por suposto, a actividade raíña da asociación é, foi e será a dos campamentos de verán que este ano van dirixidos a nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos.  

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Campamento “A Miña Primeira Aventura”: Realizarase nas instalacións do Albergue Rianxiño no Concello de Rianxo, durante os seguintes días: 11, 12, 13, 14 e 15 de agosto de 2011.

Os nenos participantes neste campamento teñen que ter unha idade comprendida entre 6 e 10 anos, ambos inclusive. O prezo é de 125 €. 

Campamento de Integración: Realizarase no Campamento Xuvenil de Pontemaril no Concello de Forcarei (Pontevedra), durante os seguintes días: 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28 e 29 de agosto de 2011.

Os nenos participantes neste campamento teñen que ter unha idade comprendida entre 11 e 17 anos, ambos inclusive. O prezo é de 150 €. 

Máis información en www.arreco.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Festa da Dorna: este sábado 30, en Ribeira, último foguete, co Baile de Gala

  • Ou vides "elejantes" ou escusades vir, amij@s


BAILE DA DORNA

O vindeiro Sábado 30 de Xullo terá lugar o Baile de Gala da Festa da Dorna no Circulo Mercantil de Ribeira dende as 23:00, alí nos reuniremos coas nosas mellores galas todos os dorneiros e dorneiras para rendir homenaxe á tradición máis arraigada da Festa da Dorna, a cal se conserva dende a I Singladura alá polo 1948 cando coñecido como Baile da Dorna, foi o nacemento desta festa que hoxe en dia se volveu un referente no panorama galego e do resto do estado.

Alí entregaranse a Poutada de Ouro, máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna, a algunha dorneira ou dorneiro ilustre co fin de premiar os seus esforzos pola Festa da Dorna. Ademáis teremos algún recoñecimento máis e todo isto amenizado polo dúo Yesterdey. Como é tadrición realizarase a entrega da Flor Natural a todos os asistentes, feitas este ano pola peña As LLapras do Stop.

Dorneiros e Dorneiras collede as vosas mellores galas, e vinde bailar o Mercantil!!!

Por todo esto ben debes vir ao Baile, e vir de gala pois esto vai totalmente en serio e se non ves de gala xa non veñas, cumplide cos requisitos do baile e evitade discusións sen sentido.

VIVA A FESTA DA DORNA!!!!

Rifa Dorneira 2011

O pasado Sábado 23 de Xullo rematou a rifa dorneira saindo premiado o boleto correspondente ao 085 así que si es portador deste boleto ponte en contacto coa Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna, email: real-e-ilustre@cofradíadadorna.com ou no telefono 617535761, para que podamos entregarche o vale por unha cea para dúas persoas no Restaurante Aljan, situado na Rúa Miguel Rodriguez Bautista frente ao colexio O Grupo, nunha das Casas Baratas. Non deixes pasar esta oportunidade.

A todos os participantes moitisimas gracias por colaborar, coa vosa aportación faise o camiño para seguir sendo a mellor festa de Galicia, FESTA DA DORNA. Ademáis a R. e I. Cofradía da Dorna seguirá todo o ano con múltiples actividades para que todos disfrutemos mentres non chega a LXIV Singladura.

Vista: http://www.noticiasdorneiras.blogspot.com/
Reenvía esto a quen poidasinteresar.Evita spam, utiliza CCO.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 30 de xullo, concerto da Sinfónica de Arroyo de la Encomienda

Cartel_bandas_2011_arroyo

Rianxo, 29 de xullo de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao 2º concerto do VII Ciclo de Bandas:

  • CONCERTO DA BANDA SINFÓNICA DE ARROYO DE LA ENCOMIENDA (VALLADOLID)
  • DÍA: sábado 30 de xullo
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: Campo de Arriba (en caso de que chova, refuxio no Auditorio)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: zamoranos e madrileños de visita no Museo Valle-Inclán

A Pobra, 29 de xullo de 2011. Desde terras zamoranas e madrileñas chegaron ás instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal un grupo de 37 persoas para coñecer de cerca a que foi residencia dos pais de don Ramón, a Torre de Bermúdez, actualmente sede do Museo Valle-Inclán, onde a través dunha visita guiada percorrenron as distintas estancias co fin de coñecer de cerca a colección de pezas que se expoñen en cada unha das estancias do edificio.

Media_httpfarm7static_pvcjh

A visita polas terras pobrenses acompañouse dunha subida ó miradoiro de A Curota, onde admiraron a plenitude da ría arousana,  un paseo polas rúas máis céntricas da vila pasando por lugares emblemáticos tamén cercanos ó escritor , como pode ser Villa Eugenia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Novas Xeracións organiza este sábado 30 unha campaña de afiliación

  • Contarán coa presenza de Javier Dorado, presidente de NN.GG a nivel nacional español

O vigués Javier Dorado

Ribeira, 29 de xullo de 2011. O mesmo día que se anuncian as eleccións xerais para o 20 de novembro deste mesmo ano, Novas Xeracións de Ribeira infórmanos de que este sábado 30 de xullo organizan unha campaña de afiliación a esta entidade xuvenil conservadora. Será na avenida do Malecón, entre o palco de pedra e Capitanía Marítima, entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde.

O eslogan escollido para afiliar a mozos ás Novas Xeracións do PP é "Seguimos xerando ilusión". Estará nesta actividade partidista o presidente da xestora provincial de NN.GG. e destacados membros do Partido Popular de Ribeira, onde a dereita colleitou unha clara maioría absoluta nas últimas eleccións municipais do 22 de maio. Tamén estará o presidente nacional de Nuevas Generaciones, o galego Javier Dorado, nun acto onde, ademais de poderse afiliar in situ e obter a camiseta de Novas Xeracións, haberá animacións destinadas aos máis mozos. Tamén contarán cun stand no que se poderá ver un resumo do traballo desta entidade xuvenil, e onde se fará fincapé nas campañas para promocionar o comercio local e a movida da Centenaria.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentadas as "Raíñas da Flor", dezaoito rapazas, dúas por cada parroquia do concello

  • Foron presentadas esta tarde no Auditorio Municipal 
  • É unha tradición que busca realzar as festas do verán
  • O 7 de agosto ás 7 da tarde serán coroadas oficialmente

Ribeira, 27 de xullo de 2009. – Representando ás nove parroquias do municipio, un total de 18 Raíñas da Flor (9 no apartado Xuvenil e outras tantas en Infantil) realzarán coa súa presenza as Festas de Verán de Ribeira que darán comezo o vindeiro mércores. Hoxe foron presentadas no Auditorio Municipal polas concelleiras de Cultura e de Parque Natural e Medio Ambiente, Elvira Pisos e Elvira Pereira (esta última ten competencia na área de Parques e Xardíns), así como pola presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas, e unha representación da Comisións de Festas. 

Tal e como foi resaltado na presentación tanto por Elvira Pisos como Magdalena Bringas, este ano non haberá Raíña das Festas nin damas de honor, o que propiciará que estas 19 Raíñas se erixan grandes protagonistas das festas coa súa beleza e ilusión. 

As nenas terán o seu gran momento coa súa coroación na Praza de Otero Goyanes o domingo día 7 de agosto ás 19 horas, acto que precederá ao gran desfile de carrozas no que as rapazas estarán acompañadas polos espectáculos Cabarédeambulante de Femme Fatale e Bloqnho de Percusión de Aperta. 

Tamén está prevista unha recepción oficial polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas e mesmo estarán presentes na procesión marítima, aínda que con traxe galego por non estar aínda coroadas. 

No apartado Xuvenil, as Raíñas de Flor son Lucía Gómez Pazos (Aguiño), Ana Dosantos Blanco (Artes), Lara Lorenzo Lustres (Castiñeiras), Loli Prego Prego (Carreira), Irene María Calo Franco (Corrubedo), Saray Santos Alonso (Olveira), Ángela Fernández Bello (Palmeira) Pura Ageitos Mos (Oleiros) e Sara Ageitos (Santa Uxía de Riveira). 

No apartado Infantil, representarán ás distintas parroquias: Natalia Mariño González (Aguiño), Andrea Olveira Vila (Artes), Carla García Campaña (Castiñeiras), Marta Paz Pazos (Carreira), Yudit Sobrido Quintela (Corrubedo), Andrea Ageitos Rey (Oleiros), Saray Martínez Rama (Olveira), Lucía Miranda (Palmeira), e Aitana Cadabal (Santa Uxía). 

Xardíns

Merece ser destacado tamén o apartado de Xardíns, apartado en que os elixidos foron: Josefa Muñiz Castro (Aguiño), Manuel Vilar Vilar (Castiñeiras), Josefa Sampedro García (Carreira), rúa do Medio (Palmeira), Ángeles López Pego (Olveira), Mª Carmen Dios (Artes), a praza pública de Oleiros da Igrexa (Oleiros) e veciños da rúa do Barbanza en Santa Uxía.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: os últimos descobrementos sobre o castro pequeno de Neixón, na Rede

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical