29.7.11

Ribeira: Palmeira terá mercadillo cada venres con medio cento de postos

  • Agardan que o primeiro sexa xa o venres 5 de agosto
  • Irá no exterior da praza de abastos de Palmeira

Ribeira, 29 de xullo de 2010.- Palmeira contará a partir do vindeiro venres cun mercadillo ambulante. Así o anunciou hoxe o concelleiro que ten as competencias de Consumo, Vicente García de Bricio, no lugar onde se emprazará a iniciativa, concretamente na zona exterior da praza de abastos da parroquia. 

Mariño de Bricio, que estivo acompañado dos concelleiros naturais de Palmeira Mª Carmen Vizcaya Sampedro e Emilio Pérez Outeiral, xustificou esta acción como unha medida para dinamizar a actividade comercial da parroquia, que nace a instancias precisamente dos propios comerciantes do pobo e moi especialmente dos que operan no mercado de abastos. “Fai máis ou menos un mes, os comerciantes de Palmeira subliñáronme a necesidade de reactivar o seu movemento comercial –afirmou- e o Concello púxose inmediatamente mans a obra para buscar a forma de facelo”. 

O mercadillo terá lugar todos os venres pola mañá e a intención do concelleiro de Mercados e que se inicie xa o próximo 5 de agosto. O Executivo calcula que haberá uns 50 postos, cifra que podería irse aumentando en función da demanda. Terán cabida os xéneros e materias propias de calquera mercadillo convencional: froitas, flores, téxtil, etc... 

Tramitación

O Concello xa dispón dunha lista de interesados en participar e mañá entregaráselle aos responsables de todos os postos do mercado de Riveira unha circular informativa desta nova acción. A este respecto, Vicente Mariño recordou que aqueles que xa dispoñan dalgún posto no mercado de Riveira unicamente deberán abonar a preceptiva taxa pola ocupación do solo, pero non a derivada de expedir o carné de vendedor, que xa teñen. 

Mariño de Bricio fixo un chamamento a aqueles comerciantes que queiran formar parte do mercadillo para que acudan á Casa Consistorial a partir do próximo luns a efectos de realizar as tramitacións oportunas para poder tomar posesión dos postos.  

Por outra parte, manifestou a súa esperanza de que como é intención do Concello, esta iniciativa sirva para revitalizar a actividade comercial en Palmeira e para que a praza da abastos vexa aumentadas as súas vendas. 

Así mesmo, animou aos veciños de Palmeira, do municipio e dos concellos limítrofes, así como aos visitantes que recalan nesta zona na época estival, a que acudan a este novo mercadillo para que sexa un éxito.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical