29.7.11

Ribeira: Arrecó ten un plan para este verán (ou máis)

Triptico campaña verano 2011.pdf Download this file

  • Quedan 10 prazas vacantes en dous campamentos
Ribeira, 29 de xullo de 2011.A Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó de Ribeira organiza campamentos para este verán, nos que participarán máis de 100 nenas e nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos. A Asociación fai un esforzo económico "moi grande", afirma, subvencionando 3.500 euros, para que os prezos sexan asequibles e poideran participar o maior número de interesados posible.
 
A día de hoxe quedan 10 prazas vacantes no campamento "A Miña Primeira Aventura" e hai lista de espera no Campamento de "Integración".
 
Información sobre as súas actividades:

ARRECÓ  “TEN PLAN”. Si es xoven ¡¡¡estás de noraboa!!! 

Actividade  enmarcada dentro dos programas e actos que a Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó está levando a cabo durante estes últimos anos para fomentar as actividades de tempo libre e a educación non formal. 

Na actualidade a asociación Arrecó ten máis de 400 socios e socias e a Xunta Directiva está composta por persoas cualificadas, mestres, pedagogos, educadores sociais, animadores socioculturais, psicólogos, ..., e casi todos monitores e directores de tempo libre. 

Estamos a desenvolver un programa de actividades de ocio alternativo e de educación non formal durante todo o ano 2011, fomentando a participación xuvenil, tanto na elección das actividades coma na organización delas. 

Queremos retomar o noso obxectivo fundamental cando se constituiu a asociación, alá polo ano 97, que non é outro que o de ser o referente en actividades de ocio en toda a comarca do Barbanza. Imos a traballar moi duro para conseguilo e ofertaremos actividades para todos os gustos e destinatarios. 

Faremos coma mínimo unha actividade cada mes baixo a denominación de “Coñece o teu Concello, Coñece Barbanza, Coñece Galicia, Coñece España”; por exemplo: Participar activamente nas actividades do Nadal de Riveira, recuperar tradicións no entroido (murgas, enterro do felipe,...), andainas populares, recuperar tradicións coma as muiñadas, visitas lúdico-culturais a museos (museo do mar de Rianxo, museo do gravado e museo etnográfico de Artes, centro de interpretación arqueolóxica do Parque Periurbano de San Roque, CIELGA do Parque Natural de Corrubedo), pasar un día de convivencia e coñecer outros puntos de Galicia (Ecoparque de Marín, circuito de karts de Sanxenxo, ...) visitar outras comunidades autónomas para coñecer a súa realidade, cultura, tradicións, gastronomía,.. 

Por suposto, a actividade raíña da asociación é, foi e será a dos campamentos de verán que este ano van dirixidos a nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos.  

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Campamento “A Miña Primeira Aventura”: Realizarase nas instalacións do Albergue Rianxiño no Concello de Rianxo, durante os seguintes días: 11, 12, 13, 14 e 15 de agosto de 2011.

Os nenos participantes neste campamento teñen que ter unha idade comprendida entre 6 e 10 anos, ambos inclusive. O prezo é de 125 €. 

Campamento de Integración: Realizarase no Campamento Xuvenil de Pontemaril no Concello de Forcarei (Pontevedra), durante os seguintes días: 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28 e 29 de agosto de 2011.

Os nenos participantes neste campamento teñen que ter unha idade comprendida entre 11 e 17 anos, ambos inclusive. O prezo é de 150 €. 

Máis información en www.arreco.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical