14.4.10

Noia: programa do San Marcos, hora por hora

Política: o Psoe lamenta o veto do PP para facer cambios fondos nas oposicións da Xunta de Galicia

-Lage Tuñas considera que “o Partido Popular está amparando coa súa posición as anomalías e irregularidades que se veñen producindo en diferentes procesos selectivos de acceso ao emprego público”.

-O Viceportavoz socialista afirmou hoxe que ““é triste que o PP co seu voto en contra se opoña a incrementar os controis e a seguridade nos procesos selectivos, cando os buratos nas oposicións están sendo demasiado grandes”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Mar: aproban unha iniciativa en Madrid para incrementar a potencia autorizada a embarcacións de menos de 15 metros de eslora


Olaia Fernández Davila, do Bng, denuncia que a actual lei estatal “está feita para o Mediterráneo, pero non para Galiza, onde se precisan máis potencia nas embarcacións para traballar con seguridade”

 

Madrid, 14 de abril 2010 .- O Congreso dos Deputados aprobou esta tarde unha iniciativa da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, pola que se lle demanda ao Goberno que incremente a potencia autorizada para as embarcacións pesqueiras de menos de 15 metros de eslora, que en Galiza abrangue ás flotas de baixura, marisqueo a flote e de extracción de percebe.

 

A iniciativa foi aprobada na Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca a pesar dos votos en contra do PSOE e logo de que o BNG aceitase unha emenda do Grupo Popular. Davila advertiu de que a última reforma do Goberno, o Real Decreto 1579/2009, publicado no BOE do 10 de outubro do pasado ano, “aínda significando unha mellora, os novos parámetros de potencia autorizada nos motores seguen sendo insuficientes para a flota galega”.

Solpor no Mediterráneo

 

“É posíbel que esta normativa sexa válida para o mar Mediterráneo ou outras zonas do Estado español, pero non para Galiza, onde as condicións meteorolóxicas e o estado do mar son máis adversos e polo tanto é necesaria unha maior potencia pesqueira nas embarcacións para poder traballar en condicións de seguridade”, subliñou Davila durante a súa intervención. Neste sentido, a deputada do BNG precisou que o incremento da potencia dos motores “é necesario para que os mariñeiros poidan traballar en condicións de seguridade, non para realizar un maior esforzo pesqueiro”.

 

Texto da iniciativa do BNG

 

Ante esta situación, a proposición non de lei aprobada hoxe insta ao Goberno a:

 

“Modificar a normativa vixente en materia de potencia propulsora máxima permitida a buques menores de 15 metros de eslora total para a súa adaptación á realidade e ás necesidades da flota pesqueira galega e do Estado español, ao obxecto de posibilitar o incremento da potencia propulsora e, polo tanto, a legalización plena e a viabilidade no futuro destas embarcacións con porto base en Galiza e no resto do Estado, así como a navegación das mesmas con criterios de seguridade no mar e maior calidade de vida no seu traballo·”.

 

Contar co sector para determinar os novos topes

 

En segundo lugar, a iniciativa insta ao Goberno a que “para a fixación e determinación dos novos topes e condicións de propulsión contarase co contraste e a participación de técnicos das entidades e organizacións do sector pesqueiro de baixura, marisqueo a flote e extracción de percebe”.

 

“A lei debe adaptarse á realidade de Galiza, con máis da metade da flota de todo o Estado”

 

A deputada do BNG subliñou a necesidade desta modificación da normativa vixente para que se teña en conta a especificidade de Galiza, onde se concentra máis do 50% da flota pesqueira do Estado español, e para, en definitiva, mellorar a seguridade e as condicións de traballo no mar”.

 

Das arredor de 8.000 embarcacións pesqueiras censadas en Galiza, unhas 7.800 son barcos de pequeno tamaño, da flota artesanal que está afectada por esta normativa.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: os socialistas piden nunha moción que se prohíba aparcar en Rafael Dieste, Alexandre Bóveda e Atalaia

<br /><small>Ver mapa más grande</small>

Atalaia, Rafael Dieste e Alexandre Bóveda están seguidas, como se comproba no mapa

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: Manuel Borobio, da Xunta, asegura que o Plan de Ordenación e o Plan do Litoral teñen un "axeitado encadre"


O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe reuniuse co alcalde de A Pobra do Caramiñal para abordar a interpretación dos contidos do Plan de Ordenación

A Pobra, 14 de abril de 2010.- O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, mantivo onte unha reunión de traballo sobre os aspectos do Plan de Ordenación do Litoral co alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, Isaac Ventura Maceiras. Neste encontro abordaron a interpretación dos contidos do Plan de Ordenación e resolveron as dúbidas de aplicación do Plan do Litoral.

Ao longo da reunión, analizáronse os diferentes ámbitos nos que o concello plantexaba certos problemas e dúbidas. O municipio coruñés achegoulles aos representantes da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe un dossier de valoracións acerca do planeamento así como documentación dos cambios que este sufriu dende o ano 1984 ata a actualidade. A avaliación dos documentos demostrou compatibilidade entre o PXOM e o Plan de Ordenación do Litoral, deixando sen fundamentos técnicos a alarma social que se xerou sobre as mudanzas do presente plan.

Cómpre sinalar que tamén se analizou o alcance dos corredores ecolóxicos, reflexados no artigo 12 do Plan de Ordenación do Litoral. Este punto foi trasladado ao equipo redactor para permitir un encadre co planeamento da Pobra do Caramiñal. Dende a Dirección Xeral manifestoulles a importancia que a fase de audiencia ten para coñecer o grao de desenvolvemento dos diferentes ámbitos dos concellos e informoulle que a Xunta de Galicia decidiu ampliar un mes o período de consultas dos concellos ao Plan de Ordenación do Litoral, que en principio remataba o 10 de abril e agora se prolonga outros 30 días.

Asemade, indicóuselles que se decidiu realizar certas modificacións cromáticas na cartografía e puntualizacións nalgúns textos da lenda, co fin de facer a cartografía máis comprensible a todos os usuarios. A Dirección Xeral de Sostibilidade tomou esta decisión despois das aclaracións aportadas polos diferentes representantes dos concellos galegos, cos que está a manter unha rolda de consultas técnicas cos municipios que está levando a cabo dende a presentación do Plan do Litoral de Ordenación o pasado 25 de xaneiro.

Relacionada:


Urbanismo: O Psoe analiza as afeccións do POL

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: as Xeiras 2010 do CAB inclúen Briteiros en Portugal, Mérida e Salamanca


Mérida ten un importante conxunto arqueolóxico, declarado Patrimonio da Humanidade en 1993

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: tres novos obradoiros para a terceira idade entre abril e xuño

    Ribeira, 14 de abril de 2010.- A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia de Ribeira informa aos maiores do municipio de que xa está aberto o período de inscrición para apuntarse en tres novos obradoiros gratuítos adscritos ao Programa de Animación e Ocio da Terceira Idade que planifica o Departamento de Servizos Sociais:

 

·      Obradoiro de Lingua Galega: que se desenvolverá todos os luns de 10.30 a 11.30 horas nos meses de abril a xuño nas Aulas da rúa Cristóbal Colón. Alicia Padín é a encargada de impartir esta acción.

 

·      Obradoiro de Restauración de Mobles: Terán lugar os luns, mércores ou os martes e xoves, de 10.30 a 12.30 horas, nos meses de abril a xuño. Impartirá o taller a mestra Esperanza Canal Yubero e celebrarase nas Galerías Colón.

 

·      Obradoiro de Baile (Bailes de Salón), que se celebrará os sábados de 20.30 a 21.30 horas ou de 21.30 a 22.30 horas, nos meses de abril a xuño. Impártese no Liceo Marítimo de Ribeira, por Francisco Sineiro.

 

Os maiores interesados deben presentar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409).

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Os 4 da Xunqueira actuaron no auditorio para promover o galego e o respecto aos vellos

   Ribeira, 14 de abril de 2010.- No día de hoxe tivo lugar a primeira xornada da representación teatral de Os 4 da Xunqueira, que entre hoxe e mañá vai reunir no Auditorio Municipal a uns 700 alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos distintos centros educativos de Riveira. Na xornada de hoxe tiveron cabida dúas funcións diferentes, a primeira das cales desenvolveuse ás 10.30 horas e estivo dirixida a Primaria (coa presenza de rapaces dos colexios Bayón, Galaxia e Frións)  e a segunda (12 horas) a Secundaria (colexios O Grupo e CEIP de Palmeira).
   Con esta actuación, desenvolvida pola compañía de teatro Limiar, o Concello de Ribeira pretende poñer en valor o uso e coñecemento do galego, así como o respecto aos maiores. A actividade está promovida polo Servizo Municipal de Normalización Lingüística e adscríbese á programación do Abril Literario que organiza a Concellería de Cultura e Festexos.
A obra está inspirada no conto Os músicos de Bremen dos Irmáns Grimm e incorpora, ao longo de 60 minutos, o xogo, a música e a participación do público nun espectáculo multidisciplinar e contemporáneo.
No día de mañá acudirán nenos dos centros educativos Bayón, Número 1, Leliadoura, Coroso, Galaxia e Castiñeiras.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o V Serán "Mar de Rianxo" será o vindeiro 8 de maio

Rianxo, 14 de abril de 2010. O vindeiro 8 de maio é a data escollida para a celebración do V Serán Mar de Rianxo. Coma sempre nestes últimos anos, Vai de Roda agarda poder celebralo no Campo de Arriba, mais son previsores, e teñen a lonxa en caso de chuvia, cedida grazas á Confraría de Pescadores.
Dará comezo ás 19.30 h. cun espazo dirixido principalmente ás crianzas. Logo, a partires das 21 h. iranse sucedendo as actuacións dos grupos que se vaian inscribindo.
Podedes mandar a vosa inscrición ao correo electrónico vaiderodarianxo@gmail.com. "Agardámosvos!", concluén os de Vai de Roda.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: organizan unha andaina por Catoira para o 25 de abril

Hórreo de Carnota, o terceiro máis longo do mundo. O máis longo está no Araño, Rianxo e o segundo tamén en Carnota, pero en Lira.

Ribeira, 14 de abril.- O domingo 25 de Abril, a Asociación Cultural As Miñoteiras, en colaboración co Concello de Ribeira a través da súa Concellería de Deportes, e Asociación de Veciños de Carreira, van organizar unha ruta de sendeirismo por terras de Catoira.

Con saída ás 9.30 dende a Estación de Autobuses de Ribeira, a expedición comezará a percorrer un sendeiro catalogado como de dificultade baixa, no que ó longo dos seus, aproximadamente, 18 km se poderán descubrir, entre outros, lugares como os muíños de vento de Abalo; a ermida e capela de San Cibrán; o Camiño Natural do río Catoira; o muíño de marea do Cura; rematando a ruta no lugar máis emblemático do concello, as Torres de Oeste.

O prezo será de  10 euros, e as prazas estarán limitadas a 50 polo que é conveniente non esperar ós derradeiros días (lembrar que na anterior andaina, o prazo de inscrición quedou pechado unha semana antes por mor da ampla expectación que acadou).

Inscricións e información, no Auditorio Municipal (981 835 650)


 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: escogido jurado del II premio Atlante de Grabado. Hay plazo hasta el 30 de mayo

 

Obra ganadora de la I Edición

Ribeira, 14 de abril de 2010. El Museo del Grabado anuncia que a finales del mes de junio se reunirá el jurado del II PREMIO ATLANTE. Estará  formado por:

.- Juan Carrete Parrondo: Director de Intermediæ [creación contemporánea] y Medialab-Prado del Área de Las Artes del Ayuntamiento de Madrid.

 

Anne Heyvaert fue entrevistada en Certo.gl, aquí

.- Anne Heyvaert, profesora de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y grabadora.

.- Rafael Romero Masiá, profesor de dibujo artístico en la Escuela de Artes Gráficas y Diseño Maestro Mateo,  en Santiago de Compostela.

.- Jose Manuel López Vázquez, profesor de la Facultad de Geografía e Histroria de Santiago de Compostela.

.- Juan Monterroso Montero  Decano de la Universidad de Geografía e Historia de Santiago de Compostela.

Alfonso Costa

.- Alfonso Costa, pintor y grabador de Noia.

 

Perfil de Rocío Hermo, directora del Museo del Grabado de Artes (Ribeira)

"Desde esta Fundación queremos dar las gracias a los que enviaron ya trabajos y anunciarles a aquellos artistas que aún no conozcan sus bases que visiten nuestra página web: www.fundartes.com pues los premios ascienden a casi 14.000 euros. La convocatoria termina el 30 de mayo. Una vez fallados los premios los difundiremos en los distintos medios, se hará la entrega de premios con la inauguración de una exposición el 17 de julio, formada por una selección de los mismos", concluye Rocío Hermo Echevarrieta, directora del museo.

Antes publicamos: 

Acto de entrega de la I Edición del Atlante

Convocan la segunda edición del premio de grabado "Atlante".

Lee las bases aquí y participa

 

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 16 de abril, I Festa da Xuventude en Aguiño, con Panorama e París de Noia


Ribeira, 14 de abril de 2010. Este venres 16, " I FESTA DA XUVENTUDE DE AGUIÑO", coas orquestras Panorama e París de Noia. Carpa por se chove e, importantísimo, paella para 1.500 persoas a partires das nove e media da noite.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical