Ribeira, 14 de abril de 2010.- No día de hoxe tivo lugar a primeira xornada da representación teatral de Os 4 da Xunqueira, que entre hoxe e mañá vai reunir no Auditorio Municipal a uns 700 alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos distintos centros educativos de Riveira. Na xornada de hoxe tiveron cabida dúas funcións diferentes, a primeira das cales desenvolveuse ás 10.30 horas e estivo dirixida a Primaria (coa presenza de rapaces dos colexios Bayón, Galaxia e Frións) e a segunda (12 horas) a Secundaria (colexios O Grupo e CEIP de Palmeira).
Con esta actuación, desenvolvida pola compañía de teatro Limiar, o Concello de Ribeira pretende poñer en valor o uso e coñecemento do galego, así como o respecto aos maiores. A actividade está promovida polo Servizo Municipal de Normalización Lingüística e adscríbese á programación do Abril Literario que organiza a Concellería de Cultura e Festexos.
A obra está inspirada no conto Os músicos de Bremen dos Irmáns Grimm e incorpora, ao longo de 60 minutos, o xogo, a música e a participación do público nun espectáculo multidisciplinar e contemporáneo.
No día de mañá acudirán nenos dos centros educativos Bayón, Número 1, Leliadoura, Coroso, Galaxia e Castiñeiras.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario