6.6.12

Noia: o Bng non apoiará a fusión con Lousame se non hai antes debate sobre financiamento municipal

Asinamento_10_fase_ari_5

  • Os nacionalistas sinalan que, antes de falar de fusión de concellos, hai que mudar o modelo de financiamento dos mesmos

Noia, 6 de xuño de 2012. O Bloque Nacionalista Galego de Noia, "ante os rumores dunha inminente fusión dos concellos de Noia e Lousame, temos que lembrar que tal debate deber ser tomado con cautela e desde logo ter presente unha serie de consideracións, lembrando en primeiro lugar, que antes de falar de fusión de concellos habería que falar de cambiar o modelo de financiamento dos mesmos", explica hoxe en nota de prensa.

 

"No BNG non somos contrarios “per se” ás fusións de concellos, pero ao noso entender estase comenzado a casa polo tellado, o debate non é fusión si ou non; o debate é cales son as dificultades que atravesan os concellos do noso País, a que se deben, e cales son os mecanismos para corrixilas.  O debate das fusións está focalizándose como un problema de Galiza, e non o é, xa que existen outros territorios do Estado (nomeadamente Castilla-León e en menor medida Catalunya) que non só teñen máis concellos en relación coa superficie e poboación senón que moitos de menor entidade", argumentan.

 

Cortina de fume para non eliminar deputacións


Segundo o Bng noiés, "o prantexamento desta cuestión pretende usarse como pretexto para evitar debater sobre outros asuntos que requiren dunha actuación máis urxente e que tería un maior efecto na sustentabilidade das finanzas locais: a supresión das Deputacións provinciais e atribución do seu financiamento aos concellos (inicialmente, arredor de 1.400 millóns dos máis de 6.000 millóns que reciben as deputacións de réxime común, poderían ser aforrados para traspasarllos aos concellos)".


Exemplo de mancomunidade: Serra do Barbanza


Os nacionalistas cren que  hai moitas solucións posibles "antes de embarcarse nun proceso de fusión, entre outras todo aquilo que pase pola coordinación ou coparticipación, a xeito de consorcios, acordos puntuais de colaboración ou prestación de servizos de xeito conxunto, etc. Na comarca temos, xa hai anos, un exemplo de Mancomunidade, a que serve para o tratamento dos residuos sólidos urbanos, e que podería ser un punto de partida para abordar outros aspectos da vida municipal".


Relacionada:


Noia e Lousame: sopran ventos de fusión


Pode que tamén lle interese:


Venres 8 de xuño: os campións Gómez Noya, Iván Raña, Castro e Ruanova no Liceo


Sábado 9: andaina pola ruta das Fontes. Sae ás 10 do Concello


Sábado 9: "Retornos", coloquio co director e actores desta longametraxe


Exposición: sobre o balandro Joaquín Vieta, no claustro do Concello todo xuño

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Violencia de xénero: Porto do Son, A Pobra e Ribeira traballan conxuntamente para afrontar este problema

Mesa_violencia_xnero

  • Estes concellos están constituídos nunha mesa de traballo onde se perfila un protocolo de actuación para actuar de xeito coordinado ante situacións deste tipo de violencia

Ribeira, 6 de xuño de 2012.- O pasado venres tivo lugar, a iniciativa do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribeira, unha mesa de traballo dividida en dúas reunións dos distintos axentes que forman parte do Protocolo de Coordinación Interinstitucional en Materia de Violencia de Xénero co fin de seguir incidindo no estudo desta cuestión e determinar pautas de actuación coordinadas entre as distintas institucións afectadas. A primeira das xuntanzas, celebrada pola mañá, reuniu ás entidades que traballan no ámbito sociosanitario, mentres que a sesión da tarde congregou ás que operan no ámbito policial e xurídico.

Esta nova mesa de traballo, a terceira que se convoca dende a súa creación (a anterior reunírase en xaneiro deste ano) serviu para perfilar xa un diagnóstico sobre a situación da violencia de xénero no municipio de Ribeira e nos dous concellos limítrofes (A Pobra e Porto do Son), de xeito que xa se está en disposición de poder elaborar un itinerario que marque os pasos a seguir de cara a unha óptima cooperación e coordinación dos distintos profesionais implicados, no caso de que se detecte un posible caso de violencia deste tipo.

Ademais, decidiuse desenvolver dúas novas actuacións: unha presentación pública que sensibilice á poboación sobre esta materia, e, por outra, xornadas específicas no ámbito sanitario orientadas a profesionais que redunden na súa formación.

Na sesión matinal estiveron presentes representantes dos servizos sociais de Riveira, A Pobra e Porto do Son, do Centro de Saúde de Santa Uxía, do Hospital, do CIM e da UAD. En canto á reunión vespertina, estiveron membros da Policía Nacional e Policía Local e o Colexio de Avogados de Ribeira, ademais do propio CIM.








 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: programan o "Reforzo educativo de verán" para alumnado de 3º e 4º de ESO

3º e 4º.pdf Download this file

  • O prazo para anotarse vai do mércores 13 ao mércores 27 de xuño

Dodro, 6 de xuño de 2012. A Concellería de Xuventude e Familia do Concello de Dodro organiza o programa "Reforzo Educativo de Verán" para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

A través deste programa “Reforzo Educativo de Verán”, subvencionado en parte pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pretenden apoiar a aquelas/es alumnas/os que teñan certas dificultades académicas, co risco de non cumprir cos obxectivos mínimos esixidos para acadar o título de graduado en ESO.

As actividades que se van levar a cabo son:

  • Clases de recuperación de materias pendentes con profesorado especializado.

  • Preparación para os exames de recuperación de setembro.

  • Charla de orientación e asesoramento as/os nais/pais ou titores.

  • Horario de titoría para o alumnado e as familias.

  • Talleres de habilidades sociais, dinámicas de grupo e técnicas de estudo.

  • Sesión de cine-forum.

Este servizo impartirase nas instalación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, dende o 2 de xullo ata o 31 de agosto, os luns, mércores e venres de 9 h a 13 h.

O prazo de inscrición é do 13 ao 27 de xuño na Casa da Cultura en horario de 9h a 14 h e de 16 h a 19 h. O Concello de Dodro oferta gratuitamente este programa de reforzo educativo co ánimo de previr e reducir o abandono escolar.


Antes, en Certo:






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: el vino Altares de Postmarcos, albariño medalla de oro en la International Wine Guide 2012


 

 

A Pobra, 6 de junio de 2012. Esta semana se han entregado los premios de la prestigiosa INTERNATIONAL WINE GUIDE 2012. En el concurso se han catado 2516 vinos de 24 países, de los cuales 753 han sido premiados. Entre ellos está el albariño Altares de Postmarcos, el cual ha sido premiado con la medalla de oro.

La International Wine Guide está organizada y desarrollada por Catavinum en Vitoria-Gasteiz (España). Los objetivos del concurso son los informar a los consumidores y profesionales internacionales del vino sobre la calidad de los vinos premiados, ayudando a la difusión y comunicación de los mismos. Aportan un mensaje de orientación al 80% de los consumidores que esperan referencias internacionales sobre el vino. Potencian la producción y elaboración de vinos de calidad y contribuyen a la difusión de la cultura del vino y del consumo razonable de esta bebida con cualidades beneficiosas para la salud. El éxito de este concurso se basa en tres factores: la experiencia de Catavinum (14 años) en el desarrollo de guías y concursos vitivinícolas, la dimensión internacional del concurso, en el que participan productores y bodegas de los principales países del mundo y la promoción y divulgación de los resultados a nivel internacional con objeto de contribuir a dar a conocer los mejores vinos del mundo.

Único albariño de Barbanza presentado


El único vino albariño del Barbanza e Iria que se ha presentado a este concurso ha sido el Altares de Postmarcos, de Adega Entre Os Ríos, de la Denominación de Origen Viños da Terra de Barbanza e Iria. Este albariño monovarietal del 2009 sobre lías se ha elaborado en el municipio de A Pobra do Caramiñal. Altares de Postmarcos se logra siguiendo un minucioso proceso de elaboración, se mantiene el caldo 15 meses en barricas de acero inoxidable a temperatura controlada de 14ºC, consiguiéndose de este modo, una fermentación más lenta, un vino más aromático, con más sabor y con una madurez fruto de la crianza en depósito que confirma la actual tendencia a envejecer los albariños.

 

"El resultado del concurso no pudo ser mejor para nuestro albariño, ha recibido la medalla de oro, con este reconocimiento se deja claro el cuidado y la calidad de este caldo", aseguran, felices, los responsables de la bodega Entre Os Ríos de A Pobra.

 

 

 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Copa Sálvora: fotos dos gañadores e palmarés de 2012

  • O Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora recaeu en Inés Faro Gómez, xogadora Alevín do Vila de Corpus


Ribeira, 6 de xuño de 2012. Logo dunha fin de semana trepidante con máis de 24 horas de fútbol en estado máximo, na tarde do domingo decidíronse os novos campións  da Copa Sálvora 2012.

O C.D Boiro levouse o gato á auga na categoría alevín. O club boirense amosouse superior a todos os seus rivais, agás na final contra o Vila de Corpus, donde o equipo de Ponteareas non llo poría nada doado pero ao remate do tempo reglamentario o equipo boirense gañou por 3-2. 

Na categoría Benxamín a S.D Abanqueiro gañaría nun partido moi disputado ao Sálvora C.F. O equipo franximarelo adiantaríase no marcador logo dunha boa xogada e espectacular definición. Empataría o Abanqueiro mediante un maxistral lanzamento de libre directo. Xa na segunda parte o equipo azulón superou ao rival no marcador, con outro lanzamento de falta que subiría o definitivo 2-1 ao tanteo final.

Na menor das categorías, o Cordeiro C.F levaríase o campionato por 2-4 fronte ao Vila de Corpus, nunha final con moitas oportunidades para ambos conxuntos e donde gañou aquel que estivo máis acertado cara o gol.

No apartado de premios individuais, o trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro foi para Sergio Rey do Sálvora na categoría Prebenxamín, Lois Romero da Sd Abanqueiro na categoría Benxamín e David Bonenfat do CD Boiro na categoría alevín.

Como máximos goleadores Alejandro Comparada do Cordeiro con 19 goles en Prebenxamíns, Jesús Ares da Sd Abanqueiro con 9 goles en Benxamíns e Nicolás Rodríguez con 9 goles do Vila do Corpus en Alevíns.

Por último, o Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora, recaería en Inés Faro Gómez, xogadora Alevín do Vila de Corpus. Inés demostrou ao longo do torneo unha exquisita calidade técnica, un bo xogo no colectivo e un gran liderazgo dentro do equipo.

Para máis información consultar a páxina web do torneo: www.copasalvora.com ou tamén en www.copasalvora.blogspot.com ou en Facebook: Copa Sálvora Futbol Base.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este venres 8, concerto de Spinal Wins e Inllorfeis

Cartazz

  • Será no chiringuito de Area Secada nunha actuación titulada "Andadios Revival"

Ribeira, 6 de xuño de 2012. Este venres, 8 de xuño, logo dun ano de parón, "xa que os músicos de Inllorfeis estabamos sumerxidos noutros proxectos musicais", volven con Spinal Wins, a banda coa que compartiron xira. Haberá uns tres anos que non se xuntan estas dúas bandas, logo de que percorreran varias cidades galegas e sobre todo esta zona do Barbanza, participando en diversos festivais e moitos concerto en locais.

Animan a todos os seguidores destas bandas, e tamén aos que non o son para que as coñezan, a participar desta festa do pop de Carreira/Parrujas Abesadas/Tierra de Fuejo. A partires das dez da noite (22:00 para os que só leven casio con hora dobre) no chiringo de Area Secada en Touro, Ribeira. Pregan difusión deste concerto pois trátase "dunha ocasión única de vernos xuntos aos Spinal Wins e Inllorfeis xuntos en acción".

 







 
 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical