6.6.12

Noia: o Bng non apoiará a fusión con Lousame se non hai antes debate sobre financiamento municipal

Asinamento_10_fase_ari_5

  • Os nacionalistas sinalan que, antes de falar de fusión de concellos, hai que mudar o modelo de financiamento dos mesmos

Noia, 6 de xuño de 2012. O Bloque Nacionalista Galego de Noia, "ante os rumores dunha inminente fusión dos concellos de Noia e Lousame, temos que lembrar que tal debate deber ser tomado con cautela e desde logo ter presente unha serie de consideracións, lembrando en primeiro lugar, que antes de falar de fusión de concellos habería que falar de cambiar o modelo de financiamento dos mesmos", explica hoxe en nota de prensa.

 

"No BNG non somos contrarios “per se” ás fusións de concellos, pero ao noso entender estase comenzado a casa polo tellado, o debate non é fusión si ou non; o debate é cales son as dificultades que atravesan os concellos do noso País, a que se deben, e cales son os mecanismos para corrixilas.  O debate das fusións está focalizándose como un problema de Galiza, e non o é, xa que existen outros territorios do Estado (nomeadamente Castilla-León e en menor medida Catalunya) que non só teñen máis concellos en relación coa superficie e poboación senón que moitos de menor entidade", argumentan.

 

Cortina de fume para non eliminar deputacións


Segundo o Bng noiés, "o prantexamento desta cuestión pretende usarse como pretexto para evitar debater sobre outros asuntos que requiren dunha actuación máis urxente e que tería un maior efecto na sustentabilidade das finanzas locais: a supresión das Deputacións provinciais e atribución do seu financiamento aos concellos (inicialmente, arredor de 1.400 millóns dos máis de 6.000 millóns que reciben as deputacións de réxime común, poderían ser aforrados para traspasarllos aos concellos)".


Exemplo de mancomunidade: Serra do Barbanza


Os nacionalistas cren que  hai moitas solucións posibles "antes de embarcarse nun proceso de fusión, entre outras todo aquilo que pase pola coordinación ou coparticipación, a xeito de consorcios, acordos puntuais de colaboración ou prestación de servizos de xeito conxunto, etc. Na comarca temos, xa hai anos, un exemplo de Mancomunidade, a que serve para o tratamento dos residuos sólidos urbanos, e que podería ser un punto de partida para abordar outros aspectos da vida municipal".


Relacionada:


Noia e Lousame: sopran ventos de fusión


Pode que tamén lle interese:


Venres 8 de xuño: os campións Gómez Noya, Iván Raña, Castro e Ruanova no Liceo


Sábado 9: andaina pola ruta das Fontes. Sae ás 10 do Concello


Sábado 9: "Retornos", coloquio co director e actores desta longametraxe


Exposición: sobre o balandro Joaquín Vieta, no claustro do Concello todo xuño

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical