2.6.10

Ribeira: o rueiro acolle por fin o nome de Pablo Neruda

E na web do Ateneo Valle-Inclán, unha das entidades que o propuxo, celébrano. Barplaza.com

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: a imaxe máis vista hoxe no noso Flickr

Non entendemos a razón! Misterios de Internet.
;)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: queremos enviarlle outra postal a Noruega dende o Corgo?


Velaí,
onde naceran os ollos
da flor de namorar,
o sepulcro da miña ollada.
Decapitado o día,
só o faro compensa na noite
o silencio afogado dos peixes
no viveiro da morte.

A imaxe mostra o impacto da "piscifactoría", de capital noruegués, autorizada no derradeiro consello da Xunta de Fraga, e que estragou para sempre un dos máis senlleiros espazos naturais na beiramar da Galiza, o do cabo Vilano, na Costa da Morte.

O Corgo está en Ribeira e aseméllase moito a esta zona que denuncia o escritor Manuel Rivas no seu blog "O máis estraño. A boca da literatura".

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello asegura non ter nada que ver cunha enquisa telefónica electoral que se está facendo

Vou colgar, que estou moi ocupado...


Dodro, 2 de xuño de 2010.- Segundo informacións dos veciños e veciñas do concello de Dodro, estes días están chamando a numerosas vivendas deste concello para facer un estudio sociolóxico. Esta enquisa, de entre 25 e 40 minutos de duración, é, na súa parte final, unha enquisa electoral municipal.

Dende o Concello de Dodro aseguran que "nada temos que obxectar a que se fagan este tipo de traballos, perfectamente legais, pero por chamadas que temos recibido de numerosos veciños e veciñas, fáisenos obrigado aclarar:

  1. O Concello de Dodro non é o promotor da mencionada enquisa; non encargou o traballo, nin o paga, nin sabe quen é o responsable do traballo.
  2. O Concello de Dodro, obviamente, non vai ter acceso a eses datos, nin coñece tampouco quen vai a usalos nin o uso que lle vai a dar.
  3. Non coñecemos a empresa autora do estudio xa que non se presentan no momento de realizar a enquisa e ademáis, sendo telefónica, faise dende número privado (oculto), polo que tampouco podemos acreditar se é ou non un estudio serio, riguroso e que manteña a confidencialidade das respostas".

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: carta aberta do Concelleiro de Cultura, Anxo Franco, á asociación cultural local "7 de xuño de 1836"


"O martes 1 de xuño miro a prensa, coma cada día, e atópome cunha nova publicada en “La Voz de Galicia” que me sorprende. Descoñezo, despois de leela, se a nota de prensa foi redactada polo Partido Popular de Dodro ou pola que se dí a súa autora, a Asociación Xuvenil, Cultural e Recreativa 7 de xuño de 1836 de Dodro, pola súa falta de imparcialidade.

   Efectivamente, tal e como comunican na noticia, esta asociación remitiulle escrito o pasado 16 de abril a todos os voceiros dos grupos municipais do concello para propoñer unha reunión de ditos voceiros municipais coa asociación e acordar un programa digno na celebración, para o ano 2011, do 175º aniversario da fundación do noso concello.

   Desafortunadamente é no único que podemos concordar do publicado en prensa. Como concelleiro de Cultura e Patrimonio non vexo ningún tipo de relación entre dita celebración e aproveitar a visita dun académico para pedirlle que teñan en conta a figura do noso poeta Eusebio Lorenzo Baleirón no debate para a decisión de outorgarlle a homenaxe do Día das Letras Galegas para o ano 2011. É máis, dende a concellaría de Cultura pensamos que é a nosa obriga deixar fóra de toda loita política e fóra de calquera polémica a figura de Eusebio. Non facelo así seria unha irresponsabilidade. Como tamén o sería supeditar o acordo con dita asociación á realización das actividades culturais que realiza esta concellaría.

   Creo, sinceramente, que dende o concello de Dodro, sempre que estivo na nosa man e nolo pediron, axudamos a esta e a todas as demáis asociacións do concello. Tanto é así que solicitaron ser incluidos no convenio co concello para o uso de locais municipais e aprobámolo en Xunta de Goberno Local en menos de quince días. Así como solicitaron facer uso dun local municipal antes incluso de dar traslado do citado convenio para disfrutalo o mesmo día que fixeron a solicitude. E disfrutárono sen problemas.

   Non teño ánimo de polemizar con dita asociación, pero estásenos acusando de usurpar ideas cando, a día de hoxe, este concello non ten coñecemento de que dita asociación desenvolvese nin a primeira actividade cultural no noso concello. Si sabemos dunha deportiva, a través dos carteis que vimos na rúa, sen comunicación ao concello da mesma, mais figurando o logo do concello no cartel anunciador e estando prevista realizar dita actividade nunhas instalacións municipais que tampouco se solicitaron.

   En calquera caso, ao seu debido tempo, convocaremos unha reunión con todos os grupos políticos con representación municipal e con todas as asociacións do concello activas para tratar este asunto, non pretendendo, en ningún momento, celebrar en solitario o 175º aniversario da fundación do Concello de Dodro e si querendo implicar tamén a toda a sociedade civil do noso concello".


Relacionado:


Buscan que un académico da Real Academia Galega propoña a Eusebio Lorenzo Baleirón como homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: listado de praias destas bisbarras ás que lles outorgaron bandeiras azuis

Poñemos todas as da Coruña, para que vosteden escollan onde ir, quedarse ou non voltar



Barbanza-Noia, 2 de xuño de 2010
.- Un ano máis deuse a coñecer o listado de bandeiras azuis concedidas en todo o mundo (o organismo europeo que as concede mesmo leva Bahamas, que non ten ningunha, pero si tres marinas condecoradas con este distintivo). Na comarca de Barbanza o concello que máis atesoura é Ribeira, con seis praias, seguido de Boiro, con cinco areais que deberían estar en perfectas condicións.

As bandeiras azuis son un premio para as praias, pero hai que ter en conta que non teñen rigor medioambiental, xa que son os mesmos concellos os que as solicitan e xa se teñen dado casos de fraude nos datos aportados. Mesmo se quere, a FEE (Foundation for Environmental Education) pódelle dar unha ecoetiqueta destas a vostede a título particular, para o seu negocio ou para unha escola.


Paseo marítimo de Coroso

Bandeiras negras

Neste aspecto medioambiental, son máis duras as bandeiras negras, que conceden asociacións ecoloxistas e priman máis a defensa da natureza en estado salvaxe. Sen ir máis lonxe, en Boiro hai unha zona de Barraña que cada ano salta ás noticias por malos cheiros e verteduras, e esta praia ostenta bandeira azul. No caso de Ribeira, onde tantas bandeiras azuis hai, en 2008 adicáronlle dúas negras os ecoloxistas, por ampliar o porto deportivo e polas piscifactorías polémicas de Corrubedo.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o PSdeG-Psoe insta á Xunta no Parlamento a que declare Noia como Porto Xacobeo e ruta do Camiño de Santiago


En primeiro termo, lauda do Peregrino na igrexa de Santa María a Nova, o maior depósito de laudas gremiais de Europa

Noia, 2 de xuño de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG,José Manuel Lage pide á Xunta de Galicia nunha proposición non de lei que "recoñeza a historia de Noia como porto Xacobeo e un dos camiños a Santiago, dada a chegada de milleiros de peregrinos xacobeos á vila de Noia camiño de Compostela".


Lage Tuñas e Fernández Leiceaga recordan na súa iniciativa, rexistrada no día de hoxe, que "Noia é un lugar natural de paso hacia Fisterra dende Santiago e entrada ata o século XVI de boa parte das embarcacións galegas que comerciaban co Mediterráneo, cando a ría era máis navegable." Aseguran que presentan "unha proposta en positivo, constructiva, que busca o apoio do conxunto dos grupos políticos para facer xustiza con Noia, coa súa historia, e coa hospitalidade dos seus cidadáns", e que Noia se incluíse neste programa de Portos Xacobeos "sería un feito de xustiza, propio dunha administracción rigorosa e seria nas súas accións, e permitiría que se coñecera mellor o conxunto de laudas gremiais máis importante de Europa, en Santa María a Nova."

Dende o PSdeG agardan "que o Parlamento aprobe a nosa proposta e Noia sexa recoñecida como porto Xacobeo e un dos camiños a Santiago. A historia está aí e demostra con feitos reais os vinculos directos de Noia coa peregrinación a Compostela." Tamén quixeron os parlamentarios socialistas amosar o seu recoñecemento para a corporación local de Noia e para as tres asociacións de empresarios da vila noiesa, Noia Histórica, Punto Comercial San Lázaro e a Asociación de Actividades Económicas e Empresarias "que uniron as súas forzas para esixir que se faga xustiza recoñecendo o papel de Noia como porto clave no camiño de Santiago".
Relacionadas:
:


Camiñata reivindicativa: o 21 de maio, ata Santiago



Música
: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta


Cultura: Disque Noia non é "porto xacobeo"


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: esta fin de semana, XIX Romaría e III Serán da Cruz do Avelán en Laíño

O programa é como segue:
Sábado pola noite, dende as nove e media, terceiro serán (ignoramos aínda cantos grupos van participar. Se non sabe o que é un serán, recomendámoslle esta excelente reportaxe http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=11718). Haberá pinchos e viño para os que toquen a gaita, e servizo de taberna con festa ata altas horas. Tamén se permite a acampada libre, polo que se pode durmir alí mesmo.
O domingo, 6 de xuño, como xa é San Xoán e a sardiña molla o pan, haberá sardiñada, empanadas e viño "a fartar para todos", prometen os organizadores. Logo os participantes poden acabar participando nuns xogos populares (que non teñen que ver con ningún partido político).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: Ricardo Franco denuncia con fotos no seu Facebook as pexas nas bestas

Esta práctica -prohibida e penada por lei- aínda segue a acontecer en varios montes de Barbanza e Noia. Non hai moito que o denunciaba o blog "Fotos de Rianxo" na zona de Monte Muralla (http://fotosderianxo.wordpress.com/2010/04/29/que-facemos-ante-un-maltrato-de... e en Certo xa nos fixemos eco de varios casos máis.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Jorge Emilio Bóveda anuncia o día en que acabará este mundo

Cinema: curtas de colexios destas bisbarras reciben premios e promocionan internacionalmente o turismo

Barbanza-Noia, 2 de xuño de 2010. No instituto ribeirense de Coroso xa comezan con producións internacionais e, de paso, difunden o noso patrimonio polo mundo adiante. En "The Orco Case" rodan nas dunas e no faro de Corrubedo, no dolmen de Axeitos, en Olveira, no peirao de Ribeira, con lonxa incluída e tamén no castro de Baroña. Son deudores, nos títulos de crédito, de películas de James Bond ou mesmo Os Anxos de Charlie e na estética dos personaxes poderíamos lembrar a Tarantino ou, se nos poñemos estupendos, aos Men in Black de Barry Sonnenfeld.
Mais, cal é o motivo desta película? Explicarlles a rapaces de Herne, en Alemania, como é Barbanza. Conseguírono? Miren vostedes mesmos o resultado:
</object>

The Orco Case conta cunhas tomas falsas divertidísimas (what a level, guys!)

</object>

Por outra banda, en Noia, no colexio María Asumpta, están a trunfar coa curta titulada "Paramnesia", unha realización de alumnos de cuarto da ESO (rapaces de 15 anos). Na Festa da Lingua que organizou a federación de colexios concertados foi nominada en cinco categorías e acadou o premio ao mellor guión e realización, así como unha mención honorífica pola mellor música orixinal. O argumento xoga co déjà vu, unha idea mil veces explotada no cinema -Memento é unha das máis celebradas nos últimos tempos- e na literatura. Se teñen dez minutos, non se perdan:
</object>

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: este mércores, reinicio do Proxecto Corna de Adega entre A Pobra e Ribeira

Dentro dos actos do Día Mundial do Medio Ambiente 2010, este mércores 2 de xuño ADEGA levará a cabo novas actividades de voluntariado ambiental dentro do PROXECTO CORNA. Avaliaremos o estado  de conservación desta área dunar e continuaremos coas medidas de protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Grazas a elas, en 2008 e 2009 aniñaron 5 parellas nesta praia, 3 con pitos. Traballaremos tamén no control das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade deste contorno, en especial a Coniza e a Arctotheca, logo de que o Carpobrotus ficara xa erradicado.

PROGRAramsescartaz.jpgMA
14:30 - Chegada. Xantar de confraternidade na praia.
16:00 - Presentación do Proxecto Corna: Fins Eirexas (xeólogo-ADEGA);  Miguel Conde (biólogo). Colocación de sinalización informativa, seguemento dos exemplares aniñantes e medidas para protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus).
17:00 - Eliminación de especies vexetais alóctonas e invasoras.
18:30 - Actividades complementares e tempo de lecer.
19:30 - Desprazamento a Coroso e sinalización da praia.
20:00 - Remate da actividade.
A loita contra as especies alóctonas e invasoras ten grande importancia para preservar os nosos hábitats naturais, particularmente os máis fráxiles como son as dunas. Na Corna non hai moita abundancia de plantas invasoras, mais sí unha variedade de especies foráneas que, pouco a pouco, van "collendo sitio". Nos anos pasados conseguimos erradicar unha importante mata de Carpobrotus (unlla de gato ou herba do coitelo) no lado E da praia. No contorno hai tamén algúns grupos de canas (Arundo donax) complicadas de eliminar pola dificultade de extraer completamente os rizomas e numerosos exemplares de Coniza canadiensis e Arctotheca calendula que aproveitaron a terra remexida ao instalar as pasarelas de acceso para establecerse, e que extraeremos sen maiores problemas.
postaCornaNestes dous anos de actuacións, a protección da píllara papuda deu os seus froitos: en 2008 detectamos tres niñadas na Corna, dúas das cais lograron sacar adiante os seus pitos; e en 2009 foron dúas as parellas que criaron. Para protexer as postas deste ano, repetiremos a sinalización informativa na zona de cría. O periodo reprodutivo vai de abril a agosto, e se hai niñadas máis adiante instalaremos unhas "gaiolas" metálicas para protexer as postas dos cans, corvos e gaivotas. Inspirámonos nos bos resultados do "Proxecto Píllara", que desenvolven os nosos compañeiros/as de ANABAM no Baixo Miño.
Como novidade, este ano desprazarémonos tamén á praia de Coroso, en Ribeira, na que localizamos varias parellas de píllara tentando criar, para sinalizar con cartaces as áreas de aniñamento e reclamar dos usuarios/as e do concello a colaboración para preservar esta especie ameazada. É especialmente importante evitar a limpeza mecánica destas áreas, xa que ademáis de eliminar unha importante fonte de nutrintes (os restos orgánicos que deitan as mareas), pódense derramar as postas, xa que esta especie aniña enriba mesmo da area. Dos usuarios/as pedimos que paseen pola parte máis cercana ao mar e que eviten deixar soltos aos seus cans mentres estén na praia. Nos cartaces que colocaremos hai unha serie de recomendacións e consellos para colaborar a preservar esta especie.
As actuacións da Corna contan co apoio da D. X. de Costas do Estado.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Espeleoloxía: centos de morcegos nos contemplan nas antigas minas de Barbanza

Crónica da expedición -a última, porque cada pouco baixan- dos rapaces de Axena en http://blogueiros.axena.org/2010/06/02/tarde-de-minas/

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical