Poñemos todas as da Coruña, para que vosteden escollan onde ir, quedarse ou non voltar
Barbanza-Noia, 2 de xuño de 2010.- Un ano máis deuse a coñecer o listado de bandeiras azuis concedidas en todo o mundo (o organismo europeo que as concede mesmo leva Bahamas, que non ten ningunha, pero si tres marinas condecoradas con este distintivo). Na comarca de Barbanza o concello que máis atesoura é Ribeira, con seis praias, seguido de Boiro, con cinco areais que deberían estar en perfectas condicións. As bandeiras azuis son un premio para as praias, pero hai que ter en conta que non teñen rigor medioambiental, xa que son os mesmos concellos os que as solicitan e xa se teñen dado casos de fraude nos datos aportados. Mesmo se quere, a FEE (Foundation for Environmental Education) pódelle dar unha ecoetiqueta destas a vostede a título particular, para o seu negocio ou para unha escola.
Paseo marítimo de Coroso
Bandeiras negras
Neste aspecto medioambiental, son máis duras as bandeiras negras, que conceden asociacións ecoloxistas e priman máis a defensa da natureza en estado salvaxe. Sen ir máis lonxe, en Boiro hai unha zona de Barraña que cada ano salta ás noticias por malos cheiros e verteduras, e esta praia ostenta bandeira azul. No caso de Ribeira, onde tantas bandeiras azuis hai, en 2008 adicáronlle dúas negras os ecoloxistas, por ampliar o porto deportivo e polas piscifactorías polémicas de Corrubedo.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario