29.6.10

Medio Ambiente: a desfeita de BP no Golfo de México cobre centos de golfiños e baleas de petróleo

O activista John Wathen colouse coa súa avioneta e gravou este vídeo. E pídenos a todos os internautas que o difundamos, xa que o goberno americano está impedindo que se coñeza o auténtico alcance deste desastre.
http://bpoilslick.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Historia: dúas ou tres barcadas de pedra, condición para facer o peirao do Marqués en Noia, hai 160 anos


Peirao do Marqués (de Monroi) hacia 1900

Noia, 29 de xuño de 1850. "O Marqués de Monroi, unha vez observado que atracan aos pedrousos deste distrito de mariña as embarcacións de Muros e Noia, con preferencia a outro punto e visto as dificultades que a pesar diso se presentan polo embarque e desembarque de mercadorías e aínda de persoas, ao obxecto de aliviar as penurias da mariñeiría e xente que se adica ao tráfico por mar, cre que o máis útil será construír un peirao no referido punto.

Tendo en conta o difícil e custoso desta construción comprométese a efectuala, coa condición de que os donos das embarcacións conducisen ao lugar designado dúas ou tres barcadas de pedra.

Máis tarde este peirao construirase e en memoria deste filántropo coñecerase dende entón e ata a data como "Peirao do Marqués".

(Tirado de "Efemérides noiesas", libro de Agrelo&Hermo)

Quen era o marqués de Monroi?

Poucos datos deron os historiadores locais Agrelo e máis Hermo no libro anteriormente citado. Deixaron escrito:

Juan María Varela Abraldes.
Marqués de Monroi. O 8 de abril de 1891 fixo testamento en Cáceres. Por el funda un establecemento benéfico concedendo para iso a casa que posúe no Campo das Rodas e posesións adxacentes, así como unha cantidade en metálico que determinaron os testamentarios. Pasou moito tempo até que a Fundación Monroi comezou a funcionar, unida ao Hospicio que xa en Noia sostiña o Concello, por diversas causas. En 1923 abríronse aos nenos e anciáns pobres as portas do Asilo Municipal que ten vida grazas ao corazón do Marqués de Monroi. Tivo dous irmáns: don Diego, Marqués de Aneiros, e don Eliseo, que era o máis ilustrado e aristocrático deles, cuxos restos mortais xacen no panteón que está á dereita da entrada da Porta Santa da Catedral de Santiago, coa súa correspondente inscrición e escudo de armas".

Segundo estes datos -como é que non dan data de nacemento, falecemento e que foi un solteirón que non deixou descendencia?-, Juan María Varela Abraldes era un nobre ou un fidalgo. A súa riqueza viña por herdanza familiar, e debía ser abondosa, polas numerosas doazóns que fai á vila de Noia. O reloxio da torre da esquerda da igrexa de San Martiño foi obsequio seu, non só o peirao, o asilo e outros predios.

Segundo as esculcas que fixo esta redacción, o apelido Monroi entrou en España procedente de Francia e Inglaterra. Dun xentilicio inicial Montroig (monte roxo ou monte de lume) pasouse a Monroy e Monroi. Os primeiros Monroi aparecen documentados na Idade Media, sobre o século XIV, primeiro en Galicia, logo en Aragón e máis tarde na Serra de Gata, en Extremadura (onde se fixeron fortes, ata o punto de darlle nome a un pobo enteiro). Outros heraldistas din que Monroi vén dun axudante de don Pelayo, o asturiano, un tal Vigil de Monroy. Tamén hai discusión sobre a etimoloxía: para algúns, Monroi sería unha deturpación do francés (mon roi, que significa "meu rei").

Mais o marqués de Monroi que nos ocupa, segundo os datos de Hermo e Agrelo, viría da póla extremeña (testamento en Cáceres), e sería polo tanto descendente de Fernán Pérez de Monroy, nobre premiado en 1309 polo rei Fernando IV O Emprazado coa fundación da vila de Mon Roy. Atopámonos entón que o Marqués de Monroi que tan nomeado é en Noia é dos últimos da saga, xunto cos seus irmáns Eliseo e Diego. Juan María Varela Abraldes nomeou herdeiro no seu testamento a todo aquel que demostrase na súa árbore xenealóxica ser o descendente máis cercano desta casa. Mais os albaceas quedaron coa facultade de interpretar esta última vontade do Marqués e espallouse a herdanza, ciscouse, entre Monroy, Cáceres, Trujillo, Plasencia, Santiago, Madrid, Noia e Vilagarcía, entre outros sitios. Juan María Varela puxo punto final á saga dos marqueses de Monroi, sendo el o undécimo.


Os marqueses de Monroi teñen sepulturas tamén en Noia

Punto final? Pode que non. Atopamos na Wikipedia portuguesa que o usuario Fernando Sá Monteiro é "membro do Instituto Português de Heráldica, da Academia de Letras e Artes, da Academia Portuguesa de Ex-Líbris, da Sociedade Martins Sarmento, do Instituto da Democracia Portuguesa, da Associação Online de Autores de Genealogia em Português, da Academia Brasileira de Genealogia, da Associação dos Amigos da Torre do Tombo, do Círculo Dr. José de Figueiredo, da Associação da Nobreza Histórica de Portugal, etc.

É hoje, com seus irmãos, representante [em termos historico-genealógicos] dos antigos Marqueses de Monroy, como descendente (3º neto) de Doña Maria de los Dolores Monroy y Gonzaléz, filha natural e única representante do Xº Marquês de Monroy, Don Diego Varela y Abraldes de Monroy (falecido solteiro e sem outra descendência além daquela filha, havida em Josefa Gonzaléz) e do seu tio e irmão daquele, o XIº Marquês de Monroy, Don Juan Maria Varela y Abraldes de Monroy (falecido igualmente sem qualquer descendência, legítima ou ilegítima), Senhores do castelo e vila de Monroy, Senhores do palácio dos Monroy na rua do Vilar, em Santiago de Compostela, do palácio Monroy na cidade de Placencia, da Casa ("Quinta Hermosa") da vila de Noya, do palácio Monroy na cidade de Cáceres, senhores donatários da vila e Morgado de Guimaráns e de mais 90 morgadios que se espalhavam pela Galiza, Cáceres, Placencia, Trujillo, Madrid, das capelas, mausoléus e sepulturas dos seus antepassados na Catedral de Santiago de Compostela, nos cemitérios de Noya, Cáceres e outras cidades, etc".

Como lles quedou o corpo? Interesante verdade?


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Festival de Danza Contemporánea este venres 2 de xullo no auditorio

Ribeira, 29 de xuño de 2010. Este venres clausúrase cun Festival de Danza Contemporánea o curso sobre esta disciplina que ao longo do ano estivo impartindo Vicente Colomer, no marco da Escola Municipal de Ballet que promove a Concellería de Cultura e Festexos local. Terá lugar no auditorio ás 21 horas, con entrada libre e gratuíta. 

O propio Vicente Colomer e o edil Luciano Fernández foron os encargados de ofrecer os detalles da actividade. Durante esta presentación, o coreógrafo salientou que o Concello de Ribeira “é pioneiro neste tipo de iniciativas ata o punto de que é difícil atopar municipios que aposten pola danza tanto como Ribeira, agás en grandes cidades”. Tamén puxo en valor as cualidades desta disciplina artística para propiciar nos rapaces o espírito de traballo en equipo e de compromiso, valiosos xa non só no mundo da danza senón para a vida en xeral. 

Sobre o festival do vindeiro venres, Vicente Colomer informou de que participarán arredor de 25 alumnos de entre 4 e 21 anos nunha serie de coreografías que “falan das emocións, sen que haxa fío condutor nin se fale de cousas concretas”. Fixo alusión tamén ao estilo da Nova Galega de Danza, da que é codirector, como unha fusión da danza tradicional e contemporánea, e lembrou que para a formación de calquera bailarín en Galicia é fundamental pasar pola danza tradicional. 

Por último Vicente Colomer animou a que a xente disfrute do espectáculo, convite ao que se sumou Luciano Fernández co fin de que a xente poida apreciar o traballo desenvolvido polos alumnos ao longo do ano.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: o xoves 1 de xullo preséntase o proxecto 'Rocharte', da Mancomunidade Arousa Norte

A Pobra do Caramiñal, 29 de xuño de 2010. O vindeiro xoves 1 de xullo, a mediodía, será a presentación do proxecto 'Rocharte", unha serie de intervencións artísticas da Mancomunidade Arousa Norte (composta por Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra).

A presentación será no Museo Valle-Inclán e está previsto que asista alomenos o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, Francisco López.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: preguntan no Parlamento pola depuradora específica para o polígono empresarial de Xarás


Ribeira, 29 de xuño de 2010. O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Lage Tuñas, cre que “o PP ten que dar algunha explicación, porque no 2007 pedían unha depuradora para o polígono de Xarás e agora que a Xunta de Galicia , na que goberna o mesmo partido, se desentende, o Partido Popular de Ribeira permanece mudo”.

O parlamentario socialista subliña que "agora non hai desculpa posible, co PP como goberno no Concello de Ribeira e na Xunta de Galicia, pero polo que se ve, o Goberno de Feijóo denega a depuradora para este polígono industrial tal e como ten solicitado o PP de Ribeira e o resto dos grupos da corporación municipal".

Lembrou que hai un acordo "unánime do pleno da corporación municipal de Ribeira e o goberno do señor Feijóo está pasando olímpicamente deste acordo. É un desprezo á vontade maioritaria do concello de Ribeira, e o PP terá que explicar que cambiou para que no 2007 dixeran unha cousa e agora a Xunta de Galicia diga o contrario”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: o sonense Anxo Lorenzo, primeiro na categoría cadete de BTT do Open de Galicia XC 2010

O seu blog: http://anxolorenzo.blogspot.com
O grupo en Facebook de Bikers do Barbanza, no que participa (e de onde foi tomada esta foto): http://www.facebook.com/group.php?v=wall&gid=259052484511
E a web da Federación Galega de Ciclismo: http://www.fgalegaciclismo.es, de onde tiramos os resultados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alertadas forzas de seguridade e bombeiros por aviso de incendio nun barco




As 22:30 horas do luns 28 de xuño citáronse efectivos de bombeiros, protección civil e policía no porto de Ribeira advertidos dun aviso de incendio no pesqueiro Playa da Cruz. Foi controlado de contado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical