29.6.10

Ribeira: preguntan no Parlamento pola depuradora específica para o polígono empresarial de Xarás


Ribeira, 29 de xuño de 2010. O viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Lage Tuñas, cre que “o PP ten que dar algunha explicación, porque no 2007 pedían unha depuradora para o polígono de Xarás e agora que a Xunta de Galicia , na que goberna o mesmo partido, se desentende, o Partido Popular de Ribeira permanece mudo”.

O parlamentario socialista subliña que "agora non hai desculpa posible, co PP como goberno no Concello de Ribeira e na Xunta de Galicia, pero polo que se ve, o Goberno de Feijóo denega a depuradora para este polígono industrial tal e como ten solicitado o PP de Ribeira e o resto dos grupos da corporación municipal".

Lembrou que hai un acordo "unánime do pleno da corporación municipal de Ribeira e o goberno do señor Feijóo está pasando olímpicamente deste acordo. É un desprezo á vontade maioritaria do concello de Ribeira, e o PP terá que explicar que cambiou para que no 2007 dixeran unha cousa e agora a Xunta de Galicia diga o contrario”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical