5.3.12

Noia: o equipo xuvenil feminino Fisioterapia Cinesia do club de voleibol Noia, campión de liga xuvenil feminina

Camp

  • As cadetes xa se proclamaran tamén campionas a pasada semana

Noia, 5 de marzo de 2012. Está a ser un ano de éxitos para o Club Voleibol Noia. O equipo xuvenil feminino Fisioterapia Cinesia do Club Voleibol Noia é xa Campión de Liga. Nunha última xornada de infarto, o Club Voleibol acada o título de campión de liga tras gañar en Padrón e ver como o seu rival o Xiria de Carballo perdía na casa contra o Bertamiráns.

O equipo máis novo da categoría imponse na última xornada alzándose co título tras gañar en Padrón un difícil partido e superar cun só punto na clasificación ao Xiria de Carballo. Xogaron este partido decisivo Rebeca, Antía, Xonxa, Judith, Tania, Laura C. e Elena.

A clasificación final é: 1º Noia, 2º Carballo, 3º Bertamiráns e 4º Padrón. Este título é o segundo que se consegue despois de que as Cadetes do Club Voleibol Noia gañasen a súa Liga a semana pasada.





Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este xoves, 8 de marzo, charla sobre como usar mellor o sintrom e anticoagulantes

Noia_sintrom

Noia, 5 de marzo de 2012. O vindeiro xoves, 8 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar a conferencia sobre "Anticoagulantes e sintrom: como usalos mellor".

Dita conferencia será  impartida pola doutora Susana Pérez Crespo, xefa da sección de hemostasia do Servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A doutora Pérez dará  pautas de manexo dos tratamentos anticoagulantes e sintrom, ademáis de abordar aspectos xerais e novidades sobre hematoloxía. A conferencia terá lugar no salón de actos do IES Virxe do Mar de Noia.

Nas dúas conferencias anteriores o salón de actos do IES Virxe do Mar rozou o cheo, xa que estas charlas sobre temas relacionados coa saúde están a xerar grande interese. Neste momento existen 65 persoas inscritas.


Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: a asociación Madoan organiza unha exposición e unha charla co gallo do Día da Muller este xoves 8 de marzo

A Pobra, 5 de marzo de 2012. A Asociación Madoan (Mulleres en Igualdade) da Pobra do Caramiñal, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra o día 8 de marzo, vai facer unha exposición e unha charla sobre a mítica actriz de Hollywood, Marilyn Monroe.

A exposición inauguraráse o xoves 8 de marzo na casa da cultura Raquel Fernández Soler ás 20:00 horas. Trátase da exposición “Elas fan camiño” que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia emprestou ata o 31 de marzo.

Esta exposición  é un percorrido polas mulleres que participaron no camiño de Santiago, mulleres peregrinas ao longo de moitos séculos.

Polo visto, as primeiras mulleres en interesarse no Camiño foron as raíñas, que acompañaban aos seus consortes cando ían a rezar ante o suposto sepulcro de Santiago implorando a victoria nas batallas contra os mouros que ocupaban boa parte do territorio hispano. Raíñas e nobres foron quenes máis contribuiron ao desenvolvemento do camiño, coa fundación de hospitais e albergues.

A primeira peregrina galega coñecida foi Egeria, era problamente de orixe nobre. Hai poucos datos desta muller, pero é evidente que se tratóu dunha muller audaz para a súa época e sumamente relixiosa -aínda que sexa paradoxal isto-. Percorrer os vastos e perigosos territorios do Imperio, para peregrinar ata os Santos Lugares onde supostamente transcurrira a vida de Xesucristo, non era tarefa doada naqueles intres.

Cada vez vense máis mulleres en grupo ou en solitario facendo o Camiño. Son cada vez máis independentes e se lles apetece facer o Camiño, póñense en marcha e non agardan a ter compañía.

En canto á charla sobre a actriz de USA, titulada "Marilyn, ni rubia ni tonta", será este venres 9 de marzo no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Esta charla estará impartida polo peridodista e presidente do club Exxpopress, Suso Souto, que xa a estreou en Boiro. A Asociación Madoan quere agradecer a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, concello da Pobra do Caramiñal e o Club Exxpopress a súa colaboración con esta asociación.


Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: presentan alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais

Resolución aprobación alegación Áreas Empresariais.pdf Download this file

 

Media_httpfarm8static_eweld


Noia, 5 de marzo de 2012. O Concello de Noia vén de formular alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, ao non contemplar dito Plan, actuación algunha dentro do termo municipal.

 

O citado Plan divide a provincia de A Coruña en tres áreas funcionais: A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. A área funcional de Santiago de Compostela inclúe a comarca de Noia que abrangue os concellos de Noia, Porto do Son, Lousame e Outes. Dentro da comarca, Noia é o único concello que na actualidade conta con polígono industrial. Trátase do Polígono Industrial de Agualevada, promovido no ano 1994 polo IGVS, cunha superficie bruta de 78.660 m2 (neta de 48.625 m2), e cunha dispoñibilidade actual de parcelas libres de 2.221 metros cadrados de superficie neta. Polo tanto pódese considerar que o único polígono existente na actualidade na comarca atópase esgotado.

 

O Concello de Noia considera que, as propostas incluidas no Plan Sectorial para a nosa comarca, con actuacións en Lousame, no lugar de Fontefría cunha superficie bruta de 118.685 m2 de iniciativa particular, así como a contemplada no Porto do Son de 345.170,56 m2 brutos a promover polo propio IGVS, non resolven as necesidades que Noia ten nesta materia.

 

As alegacións fundaméntanse en tres piares:

       Nas determinacións contidas nas Directrices de Ordenación do Terriorio, que establecen para os nodos do sistema urbano intermedio, do que Noia forma parte, o pontenciamento dunha serie equipamentos e infraestructuras entre as que destaca a creación de solo empresarial, a fin de potenciar o papel territorial destes nodos urbanos.

       O esgotamento do actual polígono Industrial de Agualevada do que só hai dispoñibles, a día de hoxe, 2.221 metros cuadrados.

       A ampliación de dito polígono, contamplada no Documento de Inicio do PXOM en plena tramitación, que delimita para o mesmo unha superficie aproximada de 160.000 metros cuadrados

 

En consecuencia as alegacións formuladas solicitan expresamente que a ampliación do Polígono Industrial de Agualevada, contemplado do Documento de Inicio do futuro PXOM, sexa incluida como actuación a desenvolver no citado Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.



Noia: a II Aula de Saúde remata en abril. O xoves 8 de marzo, a seguinte




Certame de relatos: do Liceo de Noia. 1.000 euros de premio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Cruz Vermella organiza varios cursos relacionados co sector sanitario

  • Dirixidos á poboación xeral, terán lugar entre o 10 de marzo (este sábado, sobre desfibrilación) e o 19 de maio. Do 17 de marzo ao 14 de abril, sobre transporte sanitario e do mesmo 17 de marzo ao 19 de maio, sobre socorrismo acuático

Media_httpfarm6static_gadna

Cruz Vermella de Noia está no barrio da Chaínza

 Noia, 5 de marzo de 2012.  Cruz Roja de Noia organiza os seguintes cursos:

 

Transporte Sanitario, os sábados comprendidos entre o 17 de marzo e o 14 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 h., cunha duración de 40 horas. Requisitos: ter cursado con anterioridade “Primeiros Auxilios” e ser maior de 16 anos.

 

Socorrismo Acuático, os sábados comprendidos entre 17 de marzo e 19 de maio. Duración de 80 horas que habilita para traballo en praias e piscinas. Requisitos: ter cursado con anterioridade “Primeiros Auxilios” e ser maior de 18.

 

Desfibrilación Semiautomática Externa (DESA): este sábado 10 de marzo. Duración de 8 horas. Horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00  a 20:00 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: están a mellorar os arredores da Casa da Xuventude

Ribeira, 5 de marzo de 2012.- Continúan as actuacións encamiñadas a renovar o barrio de Abesadas: o Concello acaba de adxudicar unha nova actuación consistente na instalación e mellora de servizos de saneamento e pavimentación no entorno da Casa da Xuventude. 

Concretamente, a zona de actuación está delimitada polo camiño (actualmente de terra) que separa o mencionado inmoble de titularidade municipal do Colexio Galaxia e, un pouco máis adiante, descorre entre este centro educativo e o edificio no que está enclavada unha coñecida cadea de supermercados, para desembocar finalmente no parque de Abesadas. 

O proxecto abrangue a instalación dunha nova rede de pluviais e o reforzo da rede de auga potable xa existente. Ademais, construirase un pavimento de formigón impreso para mellorar o tránsito peonil. 

A obra foi adxudicada a Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) por un prezo de 46.604 euros. Adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.

 

Día da Muller Traballadora: o 8 de marzo, homenaxe ás perruqueiras


Tráfico: nova ordenación en Abesadas


Casa da Xuventude: hai programa cultural para seis meses alomenos


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: mesa redonda este venres 9 de marzo baixo o epígrafe "A muller no século XXI"

Cartel_do_da_da_muller_traball



Ribeira, 5 de marzo de 2012. Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, a asociación Pedra de Pidre organiza unha mesa redonda sobre "A Muller do Século XXI", que terá lugar o vindeiro venres 9 de marzo, as 20:30 horas, no salón de actos da Casa do Mar de Ribeira, en na que intervirán:

Dona Magdalena Bringas (Presidenta da Asociación das Amas de Casa).
Dona Ana Valdés (Directora do IES Nº1 de Ribeira).
Dona Mariam Rey (Enfermeira do Hospital da Barbanza).
Dona Cruz Rivadulla (Presidenta de Unicef Ribeira).
Dona Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova).
Dona Marisol Soneira (Deputada do PSdeG no Parlamento Galego).
Dona Encarnación González (Deputada do PPdeG no Parlamento Galego).

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical