- As cadetes xa se proclamaran tamén campionas a pasada semana
Noia, 5 de marzo de 2012. Está a ser un ano de éxitos para o Club Voleibol Noia. O equipo xuvenil feminino Fisioterapia Cinesia do Club Voleibol Noia é xa Campión de Liga. Nunha última xornada de infarto, o Club Voleibol acada o título de campión de liga tras gañar en Padrón e ver como o seu rival o Xiria de Carballo perdía na casa contra o Bertamiráns. O equipo máis novo da categoría imponse na última xornada alzándose co título tras gañar en Padrón un difícil partido e superar cun só punto na clasificación ao Xiria de Carballo. Xogaron este partido decisivo Rebeca, Antía, Xonxa, Judith, Tania, Laura C. e Elena. A clasificación final é: 1º Noia, 2º Carballo, 3º Bertamiráns e 4º Padrón. Este título é o segundo que se consegue despois de que as Cadetes do Club Voleibol Noia gañasen a súa Liga a semana pasada.
Noia: este xoves, 8 de marzo, charla sobre como usar mellor o sintrom e anticoagulantes post.ly/5n6iS
— Certo (@Certo) March 5, 2012
Noia: presentan alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais post.ly/5n4GD
— Certo (@Certo) March 5, 2012
Noia: Cruz Vermella organiza varios cursos relacionados co sector sanitario post.ly/5n3lY
— Certo (@Certo) March 5, 2012
Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario