Segundo os socialistas, o río dará incluso ambiente ao Pazo Torre de Xunqueiras
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Segundo os socialistas, o río dará incluso ambiente ao Pazo Torre de Xunqueiras
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Aí o teñen, o arroaz Gaspar, ao que buscaban os do Gremmar, resulta que estaba en Sada facendo declaracións. Púxolle a alcachofa diante (hidrófono no canto de micrófono polo asunto de ser o animaliño residente na auga) Jorge Graziano Bach, que nolo conta no seu YouTube. Gaspar fala moi clariño, como case todos os golfiños e, segundo nos interpretou un especialista en arroaces que complementa o seu soldo con monólogos para un coñecido humorista, veu dicir algo así como "Deixádeme en paz".
Pero escóiteno vostedes mesmos, que pode que capten novos matices.
Vía http:www.GaliciaConfidencial.com
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O servizo de emerxencias actuou en 3.135 operativos durante o ano 2009
Boiro, 1 de febreiro de 2010. O equipo do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) do Concello de Boiro, integrado por 16 profesionais, realizou máis de 300 intervencións a consecuencia das desfeitas provocadas polo furacán Aurelio (Flora para os meteorólogos alemáns) no municipio, na súa maioría retirada de árbores caídas, cables do tendido eléctrico, farolas, contenedores desprazados polo forte vento, retirada de restos de tellados e axuda na recuperación de embarcacións afundidas.
“Este dato ven a reforzar a importancia de que os veciños conten de xeito permanente co Grumir, independentemente de que en Boiro exista tamén un parque de bombeiros, porque ambos servizos de emerxencia son útiles, necesarios e complementarios”, manifestou o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes. O rexedor boirense agarda que a Consellería de Presidencia e a Fegamp conten con tódolos concellos nos que existe o Grumir para consensuar a redistribución dos Grumir que proxecta a Xunta, se ben “a postura do Concello é a continuidade do servizo, pois a traxectoria do Grumir, as intervencións e os últimos acontecementos, como os danos provocados polo Flora, falan por si mesmos; son imprescindibles”. Engadiu que “tódolos concellos que hoxe contamos con Grumir e parque de bombeiros estamos dacordo en conservar ambos servizos”.
O parque de bombeiros de Boiro está no polígono da Espiñeira
Os servizo de emerxencias presentou tamén o seu balance de actuacións do ano 2009, que eleva a 3.135 as intervencións efectuadas, sendo as maioritarias, aparte da actividade na propia base, as seguintes: apoio ao Concello de Boiro (286), apertura do punto limpo (298), apertura de vivendas (146), apoio a organizacións, festas, etc. (142), recollida de animais (145), control de tráfico (113), limpeza de estradas de verquidos de aceite, etc (101), ou incendios forestais (53).
O Xefe de Protección Civil, Ignacio Pérez Hermo, indicou que cada vez é maior a afluencia de público a eventos nos que se producen aglomeracións de xente, como é o caso das Festas do Verán, a Exaltación do Mexillón ou a romaría de San Ramón de Bealo, nos que se montan dispositivos especiais, e tamén resaltou a colaboración con tódalas parroquias, colexios, asociacións de veciños, etc. que así o piden cando organizan algunha actividade que requira da súa intervención.
Axuda a Juancho Armental na súa travesía. Foto Dani Gestoso
O responsable do Grumir indicou tamén que o equipo está preparado para intervencións marítimas, pois conta cos medios axeitados (entre eles, dúas lanchas), e de feito xa prestaron apoio en busca de persoas desaparecidas no mar ou nas travesías a nado que se levaron a cabo no 2009.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
(Nota íntegra do Bng rianxeiro) 1 de febreiro de 2010.- O BNG de Rianxo reclama do executivo local que adopte unha serie de medidas para relanzar o mercadillo que cada quincena se desenvolve no Campo de Pazos en Taragoña. Dos sesenta postos inicialmente dispoñíbeis a penas media ducia se están a ocupar, polo que pensamos desde o BNG necesario estimular, promover e difundir este novo espazo comercial que corre un serio risco de estancarse e deixar de ser atractivo.
O concelleiro do BNG taragoñés Xoán Vicenzo Cés recibiu demandas dos veciños para que entre outras, o mercado se realice todos os venres, pois xenera despiste entre os usuarios e considera preciso fidelizar á clientela. Saber que todos os venres hai mercado sería unha medida positiva para clientes, comercios do lugar que se benefician do tránsito e os propios ambulantes.
Fotos de Diego Romero
Outro dos aspectos a considerar é a mercancía que se pode vender pois a venda de algúns produtos non está permitida o que resta afluencia de comerciantes e clientes. A diferenza de Rianxo, onde hai praza de abastos cubrindo a oferta de perecedeiros, isto non acontece en Taragoña polo que axudaría a darlle maior relevancia ao mercado de Campo de Pazos ao ampliar a nómina de mercadorías para vender e permitir instalarse a máis comerciantes.
Por último faise máis que nunca preciso instar ao Alcalde a a que se remate a obra do parking, con varios anos de atraso e que debería estar rematada e aberta tras o último impulso do Plan Estatal do 2009. O ano rematou e os proxectos deberían estar listos para o seu emprego por todos os veciños, especialmente os de Taragoña.Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
38 imaxes. Se xa ten mérito por si mesmo adicarse ao atletismo, facelo nestas condicións extremas (a lama chegoulle a algún que esvarou ás orellas) ten máis.
Todas en
http://picasaweb.google.com/A.Pobra.Deportes/FASEINTERCOMARCALCAMPOATRAVES
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Otros resultados del fin de semana: Aule - C.V. Arqo Rianxo 3-0 (25-14/25-21/25-20); Ourense - C.D. Conxo 2-3 (24-26/25-23/25-20/16-25/16-18); San Sadurniño - Zalaeta 3-0 (25-19/25-23/25-20); Club Vigo Voleibol - Herrera Voley Turismo Llanes 3-2 (25-12/22-25/22-25/25-22/15-6); San Sadurniño - Herrera Voley Turismo Llanes 3-0 (26-24/25-13/25-20).
Este fin de semana nuestros chicos viajan a Asturias para enfrentarse al Herrera Voley Turismo Llanes el sábado a las 19:00 en el Polideportivo de Llanes. Otros partidos del fin de semana serán: Doble Imagen Oleiros - San Sadurniño 20:00 Pabellón Municipal Perillo; Zalaeta - Ourense 19:30 Pabellón Zalaeta; C.D. Conxo - Aule 17:00 O Restollal; C.V. Arqo Rianxo - Universidad Valladolid 19:00 Pabellón Municipal.
Este fin de semana el Redesyl recibe a domicilio al Noia.
Este fin de semana el Ojea viaja a Ourense para enfrentarse al Dompa Gestión
A nuestros juveniles les queda el enfrentamiento frente al Vigo.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia