30.10.11

A Pobra: magosto este luns 31 para despedir o mes adicado a Valle-Inclán

Cartel_magosto

A Pobra, 30 de outubro de 2011. Para pechar o mes de outubro, no que tiveron lugar as xornadas de homenaxe a Valle Inclán, a Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán ten a ben convidar a todos os veciños da Pobra a participar dunha festa magosto que se vai celebrar este luns día 31 a partir das 20:00 h. na praza Maura e rúa Unión, acontecemento que ademais pecha a sucesión de actos de homenaxe a Valle-Inclán que neste ano 2011 ven de celebrar a XIII edición.

No evento, no que colaboran os hosteleiros da zona, o concello e dúas empresas particulares, poderemos gozar da degustación de castañas asadas regadas pola tradicional queimada acompañados en todo momento polo dúo de gaitas “Malvasía” de Ribeira, encargados de ambientar a zona con música tradicional. Serán os membros da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, presidida por Paola García Paz, os que se encargarán de facer o reparto de castañas e queimada entre os que se acheguen a disfrutar do acontecemento.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: enxalzan a raizame galega de Valle e a súa imperecedoira xenialidade na ofrenda floral do 75 aniversario do seu pasamento

  • O conselleiro de Cultura e Turismo asistiu hoxe na Pobra do Caramiñal á ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán, nun acto onde cualificou ao escritor como “un fillo da Ría de Arousa, unha circunstancia que acompañou ao escritor durante toda a súa vida, marcando o seu carácter, os seus escritos e o seu xeito de ver o mundo”.
A Pobra do Caramiñal, 30 de outubro de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu hoxe na Pobra do Caramiñal á ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán. O conselleiro asegurou que neste 2011 no que se conmemora o 75 aniversario do pasamento do escritor “queremos enxalzar unha vez máis a este galego rico en espírito e talento, rendendo homenaxe á imperecedoira xenialidade dun escritor arousán e universal”.

Roberto Varela recordou que Ánxel Fole foi un dos moitos escritores galegos que recoñeceu abertamente a súa fascinación por Valle-Inclán, a quen describiu coma “un personaxe sacado dos seus libros; o protagonista da súa propia literatura, tan fantástico como real”. Neste sentido, Varela destacou a fonda admiración que tivo Fole despois de ver por primeira vez ao escritor arousán en 1935 na Ferradura de Compostela, “nunha época na que Valle xa era toda unha lenda en vida”.

O titular de Cultura e Turismo cualificou a Valle-Inclán como “fillo da Ría de Arousa, unha circunstancia que acompañou ao escritor durante toda a súa vida, marcando o seu carácter, os seus escritos e o seu xeito de ver o mundo”. O conselleiro asegurou que non resulta difícil atopar na obra de Valle “trazos das terras de Arousa, das paisaxes, da cultura popular, da forma de ser das xentes, da maxia da terra”. “Valle posúe unha indisoluble raizame galega, a presenza de Galicia é unha constante en boa parte do seu legado literario, unha presenza case física e palpable”, engadiu.

Segundo Varela, a proba disto é que “a Pobra do Caramiñal foi berce dos devanceiros do escritor, escenario dos primeiros pasos dos seus fillos, e o lugar onde concibiu un bo numero das súas obras mestras”. “Esta terra e esta ría foron, en fin, a patria que sempre levou consigo”, engadiu. Asemade, o conselleiro afirmou que de entre as moitas definicións que se teñen dado de Valle, “tal vez fora Castelao quen esbozou unha das máis certeiras, xa que asegurou que ante todo era un fidalgo arousán: unha casta de homes que pon sempre por riba das riquezas materiais a imponderable riqueza do espírito”

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: levan a pleno a creación dun Consello local de Pesca que faga de lobby ante as institucións

Equipo de Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo


---------- Forwarded message ----------
From: Xornal Certo <redaccion@certo.es>

Ribeira, 30 de outubro de 2011. O Executivo local vai someter á consideración da Corporación no pleno deste 31 de outubro a creación dun Consello Local de Pesca: un órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento do concello nos asuntos da pesca, marisqueo e acuicultura con incidencia no sector, que nace coa intención de aglutinar e representar os intereses do sector pesqueiro local ante as institucións comunitarias, o goberno do Estado e a Xunta de Galicia. 

O devandito órgano, que de acordo co borrador de regulamento proposto estaría adscrito á Alcaldía de Ribeira, estará estruturado nun pleno e distintas comisións sectoriais. 

Segundo ese mesmo regulamento, o pleno estaría composto por un presidente (cargo que ostentará o alcalde do municipio), un vicepresidente elixido de entre os seus membros, un secretario (que sería un funcionado do Concello, con voz pero sen voto) e os seguintes vocais: os patróns maiores de cada unha das confrarías existentes, un representante da Cooperativa de Armadores Santa Uxía, un representante do sector de arrastre a proposta da asociación máis representativa, un representante do sector do cerco, un representante dos compradores da lonxa, o responsable da lonxa municipal, un representante por cada un dos grupos políticos da Corporación, e dos membros a proposta da Alcaldía con coñecemento do sector pesqueiro. 

A composición das comisión sectoriais serán aprobadas polo pleno do Consello local de pesca. 

O pleno e as comisións sectorais celebrarán polo menos dúas sesións ordinarias ao ano, cuxa convocatoria será acordada pola presidencia. Así mesmo, esta poderá convocar sesións extraordinarias cando o estime xustificado ou cando o soliciten dúas terceiras partes dos vocais que integran o Pleno ou a comisión sectorial segundo o caso. 

Para a análise e o estudo de temas concretos, no Pleno e nas comisións sectoriais poderán constituírse grupos de traballo de carácter temporal ou permanente.

Relacionada:


Pleno do 31 de outubro: orde do día

Pode que tamén lle interese:


Banco de tempo: reunión o 4 de novembro para novas propostas

 
Charla: quen mexe nos niños de Barbanza? O 4 de novembro



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a longametraxe "Sinbad", rodada en parte neste municipio, estreouse en seis salas de cinema galegas

Media_httpfarm3static_ejkvc

E as afortunadas localidades son:

En COMPOSTELA, nos Multicines Compostela, a partir do 28.10.2011

En FERROL, nos Cines Duplex, a partir do 28.10.2011

En LUGO, nos Cines Centro, a partir do 28.10.2011

Na ESTRADA, nos Minicines Central, a partir do 28.10.2011

En VIGO, nos Cines Norte, a partir do 1.11.2011

SINBAD  é unha adaptación da novela de ÁLVARO CUNQUEIRO Si o vello Sinbad volvese ás illas...

Escrita e dirixida por Antón Dobao, está interpretada por

Xosé Manuel Olveira Pico, Mariña Sampedro, Sara Casasnovas, Antonio Durán Morris, Laura Ponte, César Cambeiro, Manuel Cortés, Luís Zahera, Mela Casal, Miquel Insua, María Tasende entre outros.

É unha coprodución de TELEVISIÓN DE GALICIA e FICCIÓN PRODUCCIONES.

Antes, en Certo:
Ribeira, plató de "Sinbad"
Remata a rodaxe de "Sinbad"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o domingo 6 de novembro preséntase un libro sobre Nóvoa Santos

Ribeira, 30 de outubro de 2011. O domingo 6 de novembro, ás 20:30, no Ateneo VAlle Inclán terá lugar a presentación de: "Roberto Novoa Santos, las primeras páginas", a cargo do doutor en Medicina e Cirurxía F.J. Ponte Hernando e o escritor e descendente de Valle Joaquín del Valle-Inclán Alsina.
Quen era Nóvoa Santos?

Consulte na Wikipedia

PORTADA LIBRO NOVOA.pdf Download this file

Libro_nvoa_santos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe do Barbanza critica os "duros recurtes" dos orzamentos da Xunta para esta bisbarra

  • Os socialistas do Barbanza denuncian que a Xunta de Galicia “relega á comarca” nos orzamentos do ano 2012 “con anemia presupostaria, cousa ben diferente á austeridade”.
  • Ven unha "clara renuncia ao macropolígono industrial"
  • Lage Tuñas bota en falta "escolas infantís, centros de día e politicas de apoio ás familias" e observa "un brutal recurte nos orzamentos de Educación"


Os socialistas lamentan que non se fagan máis escolas infantís

Boiro, 30 de outubro de 2011. O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, tamén de xira preelectoral, mantivo onte sábado unha xuntanza de traballo cos portavoces municipais do PSdeG-PSOE dos concellos da comarca do Barbanza (Ribeira, Noia, Boiro, Muros, Pobra, Rianxo, Lousame, Outes, Mazaricos, Padrón e Porto do Son) para valorar os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012.

Os socialistas barbanzanos ven nos orzamentos da Xunta que “a comarca está relegada xa que deixa no aire o proxecto de macropolígono industrial do Barbanza impulsado polo anterior goberno de Touriño e que o PP teno paralizado dende a súa chegada á Xunta de Galicia”.

O deputado noiés José Manuel Lage tamén destacou “a clamorosa ausencia nos orzamentos de partidas específicas destinadas a mellorar a conciliación da vida familiar e laboral” e explicou que “non hai ningunha nova escola infantil programada, ningún novo centro de día e contémplase un gran recorte de fondos adicados ao Plan Concertado de Servizos Sociais”.

”O PP decide con estos orzamentos meter a motosierra no gasto social, deixar aos concellos nunha situación moi precaria nas areas de servizos sociais e poñer en risco servizos como a axuda no fogar ou atención de emerxencia social a persoal maiores”

O PP mete a motosierra nos servizos sociais

Os socialistas barbanzanos denunciaron que ”o PP decide con estos orzamentos meter a motosierra no gasto social, deixar aos concellos nunha situación moi precaria nas areas de servizos sociais e poñer en risco servizos como a axuda no fogar ou atención de emerxencia social a persoal maiores”.

Lage Tuñas explicou que “a Xunta pon en risco servizos como a axuda no fogar para persoas dependentes, a atención ás persoas con discapacidade ou as axudas de emerxencias social. Todos estos son servizos que se prestan a través dos concellos e agora a Xunta acaba de recortarlle aos concellos nalgúns casos entre un 30 e 72,3%.”

O deputado noiés José Manuel Lage recordou que en concellos como “Noia ou Rianxo sufren o recurte de fondos por parte da Xunta ao igual que outros concellos, e o PP deste xeito está poñendo en perigo servizos sociais básicos para a protección das persoas con máis necesidades sociais. O PP dende a Xunta acaba de facer un gran recorte dos fondos adicados ao Plan Concertado de Servizos Sociais dos concellos”.

Lage Tuñas tamén destacou “a clamorosa ausencia nos orzamentos de partidas específicas destinadas a mellorar a conciliación da vida familiar e laboral” e explicou que “non hai ningunha nova escola infantil programada, ningún novo centro de día nin residencia, a pesares das promesas do goberno galego”.


Media_httpfarm5static_vwedu

Macropolígono comarcal paralizado dende fai 2 anos e medio

Os socialistas barbanzanos vén nos orzamentos da Xunta que “a comarca está relegada xa que a Xunta deixa no aire o proxecto de macropolígono industrial do Barbanza impulsado polo anterior goberno de Touriño.”

O deputado José Manuel Lage afirmou que “o PP ten o macropolígono paralizado dende a súa chegada á Xunta de Galicia fai agora máis de dous anos e medio. Os orzamentos retrasan esta actuación ao conter unha cantidade simbólica, 60.000 euros e na práctica paralizan un ano máis esta actuación”.

Dende o PSdeG-PSOE Barbanzano reclamouse “unha política de incentivos para favorecer a instalación de empresas nos polígonos de Rianxo, Boiro e Muros” e volveuse a solicitar que “a Xunta desbloquee o macropolígono industrial da comarca do Barbanza porque hai demanda de solo insdustrial tanto en Ribeira como en Pobra por parte de empresas xa instaladas na actualidade nestos concellos”.

Vial de Catoira

Media_httpfarm7static_wvabg

Lage Tuñas aproveitou a rolda de prensa para comunicar que o conxunto dos socialistas barbanzanos van a solicitarlle á Xunta de Galicia que “sitúe como unha prioridade a mellora do vial que une Arousa Norte con Catoira e Caldas”.

“Unímonos ás peticións de empresarios, traballadores que se desprazan a diario para asistir ao seu posto de traballo, institucións e colectivos comarcais demandando que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra busquen unha solución a este vial. Contan coa nosa axuda e colaboración, non queremos facer disto unha pugna partidaria pero sí queremos que esto non se esqueza e se programe como prioritaria a a mellora desta vía de comunicación”, explicou o deputado do PSdeG.

Os socialistas barbanzanos apoiaran dende as institucións tódalas accións que contribuian a facer “prioritaria” esta actuación, ao tempo que lamentaron os sucesos tráxicos vividos nos pasados días.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: os grupos do goberno tripartito votan xunto co PP contra o recurte de 22.000 a 3.000 euros de axuda a domicilio

  • A redución da partida supón a baixada de máis de 18.000 euros
Media_httpfarm4static_iicwg

Noia, 30 de outubro de 2011. O grupo de goberno de Noia, formado polo tripartito Psoe, Bng e N.O.I.A introduciu por vía de urxencia no transcurso do pleno ordinario celebrado na tarde do venres 28 de outubro unha moción para que non se reduza de xeito tan drástico (de 22.000 euros do ano pasado a pouco máis de 3.000 desta volta) a contía destinada a axuda a domicilio. A pesar de que o PP discrepou inicialmente do seu tratamento pola vía de urxencia pretendendo que se adiara o seu debate ao pleno ordinario correspondente ao mes de novembro, finalmente tamén votou a favor do contido da mesma.

A moción íntegra:


Os grupos municipais do PSdeG-PSOE, do BNG e de Noieses Independentes Agrupados formulan, ao abeiro do establecido no artigo 21.2 do Regulamento Orgánico do Concello de Noia, a seguinte

M O C I Ó N

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a Xunta de Galiza e a Administración do Estado, por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas. O Plan Concertado cobre os custes seguintes:

    • Persoal dos servizos sociais.
    • Gastos de mantemento dos servizos sociais comunitarios.
    • A prestación do servizo de Axuda no Fogar, incluíndo a prestación do servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas como dependentes e a prestación básica.
    • A xestión e realización dos programas básicos de prevención, inserción, cooperación e fomento da solidariedade e outros destinados a intervencións comunitarias.
    • Investimentos: adquisición, construción, reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento de equipamentos de servizos sociais.

    Nestes días están a chegar aos concellos as resolucións deste Plan, cun recorte drástico e inxustificado nas achegas da Xunta de Galiza relativas aos gastos anteriores englobados no Plan Concertado de Prestacións Sociais Básicas, no Programa de Servizos Sociais Comunitarios e no Plan de Desenvolvemento Xitano.

    Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias, o PP, na Xunta de Galiza vén de suprimir e recortar as achegas que desenvolven servizos sociais básicos.

    No caso do noso Concello, a minoración do financiamento do Plan Concertado, cuantifícase en 29.963,03 euros, sendo o capítulo máis afectado o relativo a “axuda no fogar-prestación básica” que perde 18.198,70 euros, sendo que o pasado ano recibíronse 22.128,85 € e este ano 3.930,15 euros.

    Este recorte ao Plan Concertado obriga aos concellos a facer fronte ás necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propios, o que vai afectar aos servizos sociais municipais, e ao que hai que engadir outra grave problemática: o retraio no pagamento das partidas asignadas e comprometidas. Hai que destacar que no mes de outubro os concellos aínda non recibiron da Xunta de Galiza as subvencións do Plan Concertado, cando os concellos veñen realizando o gasto desde o mes de xaneiro.

    A Xunta de Galiza e o Parlamento galego, alén da incerteza do que vai pasar en 2012 e anos seguintes, deben resolver este tema de inmediato para asegurar e garantir os recursos necesarios para que os concellos sigan ofrecendo á sociedade os servizos e prestacións sociais que demanda e precisa, especialmente diante da crise económica e social que atravesamos.

    Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

    ACORDO

    1. Instar á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o financiamento do Plan Concertado do ano 2011, que significou o recorte de 2,4 millóns de euros, que permitirá  continuar cos programas englobados no citado plan de servizos sociais e de prestación básicas e atención ás familias e colectivos con problemas.
    2. Instar á Xunta de Galiza a que nos Orzamentos do ano 2012:
    • Garanta como mínimo as cantidades consignadas no 2009 para o Plan Concertado e o Programa de Servizos Sociais Comunitarios.
    • Atender así mesmo á execución do Plan Especial de Atención á Comunidade Xitana e o Programa de Atención a Persoas sen Fogar, polo gran incremento sufrido.
    • Restabelecer e incrementar os fondos destinados aos concellos para apoio ás familias.
  • Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado o mantemento das cantidades que a Administración do Estado tiña destinadas o pasado ano 2010 ao cofinanciamento dos plans e programas sociais, minorados polo acordo do Consello de Ministros no mes de febreiro pasado.

  •  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: Teo Cardalda e María Monsonís interpretaron "Claves Líricas" na honra de Valle-Inclán

A Pobra, 30 de outubro de 2011. Con puntualidade empezou o concerto que Teo Cardalda e María Monsonís, máis coñecidos como “Cómplices”, protagonizaron no Teatro Elma na noite do 28 de outubro. Os asistentes pudieron disfrutar do repertorio que, inspirado na obra de Valle-Inclán “Claves Líricas” presentaron nestes últimos días en tres localidades galegas, sendo A Pobra a que puxo o escenario que servíu de colofón final a este circuíto.

Durante preto dunha hora un variado repertorio presentado e guiado por unha voz que daba vida a Valle-Inclán (a de Teo), foise sucedendo a través de recitados a cargo de Teo e María (quen se puxo por un momento na pel de Josefina Blanco), e interpretacións de títulos como “Rosa hiperbólica”, “Los pobres de Dios”, “Rosa vespertina” ou “Cantiga de vellas”.

Sobre o tablado do Teatro Elma estiveron: Teo Cardalda (voz, piano, guitarra e percusión), María Monsonís  (voz e percusión), Yago Moncar (batería, teclados, percusión e voz), e Salva López (baixo, piano e voz).

Ó remate todos eles atenderon as peticións do público que os agardou á saída para tentar conseguir un autógrafo ou unha foto de recordo.

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical