O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo
From: Xornal Certo <redaccion@certo.es> Ribeira, 30 de outubro de 2011. O Executivo local vai someter á consideración da Corporación no pleno deste 31 de outubro a creación dun Consello Local de Pesca: un órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento do concello nos asuntos da pesca, marisqueo e acuicultura con incidencia no sector, que nace coa intención de aglutinar e representar os intereses do sector pesqueiro local ante as institucións comunitarias, o goberno do Estado e a Xunta de Galicia.
O devandito órgano, que de acordo co borrador de regulamento proposto estaría adscrito á Alcaldía de Ribeira, estará estruturado nun pleno e distintas comisións sectoriais.
Segundo ese mesmo regulamento, o pleno estaría composto por un presidente (cargo que ostentará o alcalde do municipio), un vicepresidente elixido de entre os seus membros, un secretario (que sería un funcionado do Concello, con voz pero sen voto) e os seguintes vocais: os patróns maiores de cada unha das confrarías existentes, un representante da Cooperativa de Armadores Santa Uxía, un representante do sector de arrastre a proposta da asociación máis representativa, un representante do sector do cerco, un representante dos compradores da lonxa, o responsable da lonxa municipal, un representante por cada un dos grupos políticos da Corporación, e dos membros a proposta da Alcaldía con coñecemento do sector pesqueiro.
A composición das comisión sectoriais serán aprobadas polo pleno do Consello local de pesca.
O pleno e as comisións sectorais celebrarán polo menos dúas sesións ordinarias ao ano, cuxa convocatoria será acordada pola presidencia. Así mesmo, esta poderá convocar sesións extraordinarias cando o estime xustificado ou cando o soliciten dúas terceiras partes dos vocais que integran o Pleno ou a comisión sectorial segundo o caso.
Para a análise e o estudo de temas concretos, no Pleno e nas comisións sectoriais poderán constituírse grupos de traballo de carácter temporal ou permanente.
Relacionada:
Pleno do 31 de outubro: orde do día
Pode que tamén lle interese:
Banco de tempo: reunión o 4 de novembro para novas propostas
Charla: quen mexe nos niños de Barbanza? O 4 de novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario