7.10.09

Boiro: moteiros que "a pasan" no monte

E van pola terceira parte! E nós sen enterarnos!

Moito xogo dan as obras da autovía e as pequenas fervenzas... Dubidamos que os conservadores do patrimonio rupestre estean contentos, mais o asunto está como ven...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: anulada a de Rinlo, agardamos que pase o mesmo en Barbanza

"Natura 2000 es una red ecológica europea de áreas de conservación de la biodiversidad. Consta de Zonas Especiales de Conservación designadas de acuerdo con la Directiva Hábitat, así como de Zonas de Especial Protección para las Aves establecidas en virtud de la Directiva Aves.

Su finalidad es asegurar la supervivencia a largo plazo de las especies y los hábitats más amenazados de Europa, contribuyendo a detener la pérdida de biodiversidad ocasionada por el impacto adverso de las actividades humanas. Es el principal instrumento para la conservación de la naturaleza en la Unión Europea". Parece que nin o Bipartito sabía ler no seu día nin o resto de gobernos -ah, só houbo do PP nesta lea-. Hai que gastar mancheas de cartos públicos en pleitos para que os nosos gobernantes cumpran as leis que deberían observar con máis celo que o veciño de a pé. Couso, Quilmas, Seara... agardamos que todo sexa piscifactoría mollada. Pero co teimudos que son algúns, terá que vir o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a facer calar bocas. Cos cartos de todos, pero...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Publicidade: un novo país

A República independente da túa casa de Ikea, agora estes coa Cerveja... que será o próximo? Están á baixa as monarquías?

En canto á ubicación física desta República: nós queremos un lugar que recolla o mellor lúpulo dos mosteiros alemás e a mellor malta irlandesa. E vós?

Para os politicamente correctos: sexa republicano con moderación. Un elevado consumo pode ter repercusións negativas, sobre todo para monarcas en decadencia.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: nota de prensa de Encontro Irmandinho

Cómpre  construírmos un novo referente‐suxeito político‐social para o país?
O Encontro Irmandiño chama a un gran debate político na Galiza
Dentro do Vieiro fixado para a reformulación do proxecto político nacionalista de esquerdas, o Encontro Irmandiño vén de facer un chamamento aos movementos sociais e a todos cidadáns e todas as cidadás galegas, para participar nunha Rolda de Rebeldía, un gran debate político que tratará de dar resposta práctica á crise de credibilidade e funcionamento efectivo dos partidos e a esquerda clásicas, que no EI consideran inservíbeis para a sociedade.

A Rolda de Rebeldía, que será organizada por unha comisión de xentes de dentro e fóra do EI, terá un formato, data (probabelmente a primeiros de decembro) e lugar definitivos que dependerán das consultas entre a dita comisión cos movementos sociais e maila cidadanía.

O prazo de inscrición na Rolda rematará o 10 de novembro para colectivos e o 20 para cidadáns e cidadás, e até o 31 de outubro poderanse enviar achegas, reflexións, propostas de debate, ampliación dos eixes temáticos, etc. Polo momento hai tres exixes temáticos propostos.

Nota aberta para movementos sociais e a cidadanía:

Rolda de Rebeldía 2009: As Ideas e a  Palabra
Na procura dun referente político­social para  camiñarmos cara un cambio radical do modelo de sociedade e unha outra Galiza  posíbel

Benqueridas/os  compañeiras/os,

Como moitas e moitos saberedes, desde o Encontro  Irmandiño (EI) vimos de anunciar un decidido e necesario Vieiro co que  pretendemos iniciar un rebelde andar na procura de novos mecanismos, tanto  organizativos coma de acción política e social, para camiñarmos cara un cambio  radical deste modelo de sociedade, que mudou nun nocivo sistema, profundamente  insolidario, depredador, infrademocrático e extremadamente dominado polas  elites político‐económicas e mediáticas, no que a soberanía popular ficou tan  esquecida como desprezada.

Dentro deste Vieiro unha das pezas básicas é  a Rolda de Rebeldía, coa que pretendemos iniciar un proceso de busca  dunha organización político‐social que transcenda o inservíbel modelo clásico  e  que  estea á altura das  esixencias políticas da esquerda  social do noso país.

A dita Rolda, un gran debate político que  pretende reunir a meirande representación posíbel da esquerda política  transformadora e da esquerda social galegas, acontecerá a finais de  novembro ou principios de decembro deste ano, cun formato, data e lugar  por definir entre os e as participantes e cunha base de tres eixes temáticos  fundamentais, que esperamos ampliar ou enriquecer coas vosas  achegas:


  1. É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre  construírmos ese novo referente‐suxeito político‐social? E se así é, de que  modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?  
  2. Como crear as canles de comunicación, participación  e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política? Cales son as  esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación  coas organizacións políticas?
  3. Que mecanismos e accións debemos emprender para  afondar na creación de masas críticas que esixan un cambio radical do noso  modelo de sociedade partindo da realidade galega de  hoxe?

Nesta mesma  mensaxe engadimos unha carta na que explicamos o que para nós debería ser a  Rolda de Rebeldía, mais entendemos que un debate tan complexo debería ser  coorganizado polas moitas mentes que na Galiza reclaman ese cambio radical do  modelo de sociedade. É por isto que queremos animar á cidadanía e aos  movementos sociais de esquerdas do país noso a participar nunha rebeldía que  debemos construír entre todas e todos nós.

UNHA PRIMEIRA  PROPOSTA

  1. Calquera movemento social ou persoa a titulo  individual pode participar na Rolda de Rebeldía. Existe un prazo de  inscrición para participar, que será até o 10 de novembro para colectivos e  até o 20 de novembro para persoas a título individual. O formulario de  inscrición, no que podedes tamén engadir os apuntamentos que consideredes  acaídos e mesmo documentos adxuntos, está á vosa disposición en: http://www.encontroirmandinho.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=2&Itemid=101  
  2. Os colectivos poderán propor, tanto para o seu  formato final como para as temáticas a tratar, o que consideren oportuno.  A data límite para enviar recibir suxestións e incluir novas temáticas  será o 31 de outubro de 2009.
  3. As achegas poderanse enviar ao enderezo electrónico  roldaderebeldia@encontroirmandinho.org ou ben mediante o formulario de  inscrición: http://www.encontroirmandinho.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=2&Itemid=101  
  4. Unha comisión de traballo formada por xentes de  dentro e fóra do EI encargarase de recoller as propostas e integralas nun  programa e formato definitivo do que dará conta no mes de novembro, logo  de consultar coa cidadanía e cos movementos sociais.  
      Invitámosvos por tanto a compartirmos este proceso  do que daremos cumprida conta a medida que, coas vosas achegas e disposición a  participar tanto na organización como no desenvolvemento deste importante  debate político, se vaia definindo organizativamente.

      Do diálogo nace o  entendemento e do entendemento os mecanismos para avanzarmos en obxectivos  comúns. Sen límites, sen medo a experimentar, sen utilizacións e con  atrevemento e sinceridade.

      Sen máis, apertas irmandiñas
      ..........................................................................................................................................................................................
      Comisión da Rolda de  Rebeldía
      Encontro Irmandiño
      Inscricións:  http://www.encontroirmandinho.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=2&Itemid=101
      Contacto:  roldaderebeldia@encontroirmandinho.org
      http://www.encontroirmandinho.org
      ..........................................................................................................................................................................................

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Achuchar celebra a Semana da Lactancia Materna

Este año, una vez más, la asociación Achuchar celebra la Semana Mundial de la Lactancia Materna. El lema es "lactancia materna cuando se produce una urgencia, ¿estamos preparados?"
El motivo es en relación con la Gripe A, la crisis, etc.

http://achuchar.blogspot.com

Download now or preview on posterous
cartel SMLM 2009.ppt (278 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cómic: entrevistamos a Brais Rodríguez

Acaba de gañar o GZ Crea 2009 de Banda Deseñada. Con xente no xurado coma o retranqueiro Kiko da Silva!
Non é de Boiro pero case!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical