7.2.12

Rianxo: "Música de Cámara" este sábado 11 de febreiro no auditorio

Concerto-musica_de_camara_-_11


"Lembranzas do mar" interpretada pola Escola de Música rianxeira

Rianxo, 7 de febreiro de 2012. A Escola de Música de Rianxo convida a todo o que desexe asistir, á nova actividade do X Aniversario da Escola de Música de Rianxo. Nesta ocasión trátase do Concerto “Música de Cámara”, no cal se farán estrea de

obras do compositor rianxeiro Antón Alcalde.

o       DÍA: sábado 11 de febreiro
o       HORA: 20h30
o       LUGAR: Auditorio de Rianxo

Pode que tamén lle interese:


Entroido: bases do Certame de Carrozas


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: nas obras do Camiño Real de Esteiro investíronse 81.000 euros

Camio_real_muros

  • A delegada territorial da Xunta na Coruña asinou coa alcaldesa do municipio as actas de conformidade para a concesión das axudas destinadas a obras de saneamento

Muros, 7 de febreiro de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e a alcaldesa de Muros, Caridad González, asinaron esta mañá o documento de conformidade para a concesión da subvención para acometer diversos traballos para a recuperación do camiño real na parroquia de Esteiro, ao seu paso polo río Maior. O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiou integramente esta actuación cunha achega de 80.782 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Acompañada polo concelleiro de Obras, Manuel Bartolomé, e un técnico municipal, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia supervisou o resultado das actuacións levadas a cabo con estes fondos. O proxecto consistiu na recuperación medioambiental do camiño real e das ribeiras no seu encontro co río, na restauración dos antigos pasais que unen as marxes, na pavimentación do camiño no tramo de Reboredo e na construción dun paso peonil na zona inundable para comunicar os pasales coa zona seca. Ademais, mellorouse a sinalización.

A actuación permitiu paliar o estado de degradación no que se encontraban algúns puntos desta área, onde mesmo se chegara a producir un vertedoiro incontrolado. Tamén se mellorou a comunicación no entorno, co fin de darlle uso a esta antiga calzada de orixe romana. Apostouse, en definitiva, por poñer en valor un espazo ata o de agora contaminado e abandonado a través da recuperación da calidade paisaxística e medioambiental.

A delegada aproveitou a súa estancia no municipio para manter un encontro de traballo coa rexedora para analizar os proxectos que desenvolve o Goberno autonómico no municipio e as necesidades actuais. Nesta reunión, González trasladoulle as demandas da localidade, ante as que Do Campo expresou o seu compromiso de estudalas e de traballar intensamente para atendelas no menor prazo de tempo posible.

Pode que tamén lle interese:


Muros: quentan en febreiro para o Castelo Rock (QPC)


Muros: pasamento de Domingos Dosil. D.E.P.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Dios ke te Crew en concerto o 10 de marzo, polo aniversario de Aturuxo!

Noia: o mércores 8 inaugúrase a mostra fotográfica "Entre Amigos" e preséntase o certame literario "Antón Avilés de Taramancos"

Media_httpfarm5static_ombrw

Museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval, Santiago

Noia, 7 de febreiro de 2012. Este mércores, 8 de febreiro, entre as 12:30 e as 13:00 h, na Casa de Cultura de Noia terán lugar os seguintes actos:

  • Presentación da exposición ENTRE AMIGOS. Fotografía etnográfica dos socios e socias do Museo do Pobo Galego. Á presentacion asistirán representantes do Concello de Noia e do Museeo do Pobo Galego.

    A mostra estará na Casa da Cultura ata o venres 17 de febreiro

  • Presentación do XI Certame literario de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos. Este concurso é convocado polo Concello de Noia, organizado por Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: recollen sinaturas para promover unha Iniciativa lexislativa popular en defensa da sanidade pública

MANIFESTO ILP (2).doc Download this file

Media_httpfarm6static_fvmbr

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Barbanza manifestouse no seu día para impedir a privatización do servizo de diálise, que agora foi recoñecido cunha certificación de calidade

Barbanza, 7 de febreiro de 2012. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza inicia, xunto co resto de plataformas de toda Galicia, unha recollida de sinaturas para presentar no Parlamento galego unha Iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galicia.


Co fin de presentar esta Iniciativa e a campaña de recollida de sinaturas convoca a unha rolda de prensa que terá lugar mañá, mércores 8 de febreiro ás 17.00 horas no centro cultural de Artes.

As distintas plataformas galegas presentaran a mesma campaña este mesmo día.

Antes, en Certo:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical