Para ir seguindo a conta atrás, nada mellor que o seu facebook
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Para ir seguindo a conta atrás, nada mellor que o seu facebook
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O Plan de Ordenación do Litoral semella a cruz que lle caeu este ano á Pobra, polas continuas leas que xera entre os políticos
Política: o PSOE replícalle ao alcalde pola lea do POL
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Unha serie de paneis informativos e a celebración de xogos co propósito de buscar a participación activa do usuario forman parte desta iniciativa, que está promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración con Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes) e co Concello de Ribeira. Será desenvolvida por un equipo de tres informadores/monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
A actividade ocupará un espazo de 200 m2 xunto á caseta dos socorristas e desenvolverase a partires da instalación dun “punto informativo” que contará cunha carpa amarela tamaño 3 x 3 metros, megafonía para dinamizar os xogos, paneis e outros elementos gráficos. A mañá estará dedicada a xogos deportivos (voley, basket, ximnasia...) e a tarde a xogos infantís relacionados coa reciclaxe.
A concelleira de Medio Ambiente local, Elvira Pereira Ageitos, visitará a actividade ao mediodía.
Máis información sobre o asunto en http://www.separanapraia.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son, 6 de agosto de 2010. Este sábado 7 a Festa Hortera chega á súa undécima edición. Para participar só tes que vestirte do xeito máis kitsch (ou sexa, hortera, pasado de moda, arrepiante, abraiante, que pon os pelos como escarpias) e acudir aos diversos actos, que tes no horario do cartel.
A música será dos 70´s e 80´s, entre o revival e a nostalxia. Como mostra, o botón de Fratelli Negroni: Os Funk'n Bastards poden escoitalos en http://www.myspace.com/funknbastardsNon vos perdades o photocall na fin da alfombra vermella para saír "ao dereito" na foto e logo poder logo colgalas en Internet (en Facebook seguro que vai haber unhas poucas, pasade por aquí e iredes vendo). Os mellor disfrazados terán premio. Completa a horterada -e iso vai polo resto de concellos que aínda o fan, sen ser festa hortera- a elección de rei e raíña e un karaoke para lembrar que calquera tempo pasado foi anterior e que todos nos podemos rir de nós mesmos, e non só por un día.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
"No colexio maior, no campus universitario madrileño, Haile manexa un discurso identitario en función das circunstancias. Nas festas, cando toca, exprímese a experiencia cubana e, senón, sempre queda o papel de intelectual africano en Europa. O camaleónico David Bowie semella un aprendiz.
Haile é un pluriempregado da Identidade.
Á marxe de toda a pirotecnia e o floklore noitarego (que dá os seus froitos), o noso amigo Haile rexeita de cheo calquer tipo de adscrición étnica. Considérase un cidadán etíope e asume de xeito militante a súa condición de fillo da revolución. De ben nacido é ser agradecido. O mesmo lle acontece a compañeiras e compañeiros nosos, chilenos e urugaios, que foron educados (ou reeducados) en Cuba tralos golpes de Estado militares dos anos 70 en Sudamérica. Seguen falando de papá Fidel e resulta complicado tentar debater sobre o tema cubano. Ao final, alguén coma min, un fillo da Vella Europa, metido de cheo neste etnocentrismo asoballante, cangado de prexuízos, estou incapacitado, segundo parece, para coñecer e asumir a realidade destas sociedades".
Todo o capítulo aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia