6.8.10

Ribeira: a praia de Coroso acolle o domingo 8 de agosto actividades de sensibilización sobre a recollida selectiva de lixo



Coroso é unha das praias máis concorridas de Ribeira

Ribeira, 6 de agosto de 2010. A praia semiurbana de Coroso será escenario este domingo día 8 dunha xornada lúdico-informativa que ten por obxecto sensibilizar aos usuarios sobre a importancia da recollida selectiva en praias e zonas de baño, promovendo o seu compromiso e recollendo a súa percepción sobre este asunto.
 

Nalgunhas praias ata se fan coreografías para concienciar sobre a necesidade de mantelas limpas

Unha serie de paneis informativos e a celebración de xogos co propósito de buscar a participación activa do usuario forman parte desta iniciativa, que está promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración con Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes) e co Concello de Ribeira. Será desenvolvida por un equipo de tres informadores/monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.  

A actividade ocupará  un espazo de 200 m2 xunto á caseta dos socorristas e desenvolverase a partires da instalación dun “punto informativo” que contará cunha carpa amarela tamaño 3 x 3 metros, megafonía para dinamizar os xogos, paneis e outros elementos gráficos. A mañá estará dedicada a xogos deportivos (voley, basket, ximnasia...) e a tarde a xogos infantís relacionados coa reciclaxe. 

A concelleira de Medio Ambiente  local, Elvira Pereira Ageitos, visitará a actividade  ao mediodía. 

Máis información sobre o asunto en http://www.separanapraia.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical