6.8.10

Ribeira: os cisnes seguen a facer turismo pola Ría de Arousa, desta volta en Aguiño

Ribeira, 6 de agosto de 2010. Lémbranse duns cisnes (disque mudos) que estiveron nos últimos meses por Boiro e que tamén foron avistados en Palmeira e na Pobra? Pois seguen de turismo por estas terras: e se non son os mesmos, moito se lles asemellan.

Estes días foron avistados en Aguiño, como poden ver nas fotos que nos cede un amable lector. Se atendemos á súa morfoloxía, son os típicos cisnes comúns (nome científico, cygnus olor), tamén chamados mudos porque non emiten fortes trompetazos coma outros da súa mesma familia, a dos Anatidae ou anseriformes. É o segundo por tamaño entre os diversos tipos de cisnes que hai (o máis grande é o cisne trompeteiro, que, como o seu nome indica, si que da a lata).

Como os animais son mudos -insistimos- os que os avistan só poden preguntarse de onde veñen, se escaparon dalgún zoo ou parque municipal, etcétera... sen obter resposta. Idealizados polos contos -O parrulo feo- e algunhas fotografías como ésta, os cisnes seguen a ofrecer belas estampas para os que teñen unha cámara a man e imaxes bucólicas para os que se atopan con eles de xeito sorpresivo.

Fotos cortesía de Javier Crugeiras.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical