Rianxo, 6 de agosto de 2010. O I Día do Mexillón terá lugar este vindeiro domingo, 8 de agosto, en Rianxo. Trátase dunha nova festa gastronómica para enxalzar o marisco de máis sona de Arousa Norte e está organizada, ademais de pola Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo (Aspromeri), que pon o produto, polo club de remo de Rianxo para recadar fondos para as súas cada vez máis numerosas actividades deportivas. A festa terá lugar no Campo de Arriba. A sorpresa espectacular vaina dar unha paella xigante que se comezará a cociñar ás sete da tarde, composta por mil racións que se partillarán de balde. As notas musicais van poñelas grupos musicais da zona, como Vai de Roda, Restreba, Fogo Fatuo e Vai de Varanda. Os organizadores falan de servir este día unha tonelada de mexillóns frescos e media tonelada do molusco bivalvo en catro presentacións. As cifras que manexan van dende as 4.600 racións de mexillóns, sendo 800 en escabeche, outros tanto á vinagreta, 500 racións de empanada de millo, outras tantas de empanada de trigo e as mil restantes en mexillóns ao vapor. Os prezos, populares (non ten que ver coa política: quere dicir que son asequibles, sobre 2,5 euros cada prato servido e por cada tres consumicións, un agasallo da Mancomunidade Arousa Norte). Os que leven tempo abondo, tamén poderán subir a un dos barcos dispostos para facer visitas guiadas ás bateas, onde explican como se traballa a mitilicultura. O prezo por persoa é de 10 euros.
Rianxo ten gran tradición de asociacionismo no eido do mexillón
Rianxo ten gran tradición de asociacionismo no eido do mexillón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario