Ribeira, 25 de abril de 2013. Enrique Barrera pronunciou esta tarde unha conferencia no auditorio municipal adicada aos galegos que asasinaron ou pasaron por algún dos 49 campos de exterminio nazi de Mauthausen-Gusen, en Austria. Na mesa, acompañándoo, estivo o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Xoán Hermida. O alcalde de Ribeira escusou a súa presenza por coincidir o acto coa visita do entrenador nacional de fútbol, Vicente del Bosque. Participou, entre o numeroso público asistente, o alumnado do IES Número 1 de Ribeira. A continuación inaugurouse a exposición fotográfica dos galegos que estiveron recluídos en Mauthausen, un campo de exterminio por fame no que os nazis adoitaban recluír a intelectuais e xente formada dos prisioneiros que tiñan tomado nos diversos países que chegaron invadir durante a Segunda Guerra Mundial.
Máis información sobre ese ignominioso conxunto de campos na Galipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario