5.5.11

Ribeira: María Goretti Fariña gaña o concurso de novela curta con "Orlando Pendurado"

Ribeira: o colexio de Frións colgou un dos primeiros vídeos lip-dub da zona


Ribeira, 5 de maio de 2011. O CEIP de Frións de Carreira- Ribeira, acaba de pór na rede un dos primeiros vídeos lip dub feito pola comunidade educativa dun colexio da zona. Este tipo de vídeos caracterízanse por ser unha especie de vídeo-clips con fondo musical que se gravan en plano secuencia. Lip dub significa, literalmente, dobraxe de beizos. 
 
As coordinadoras do proxecto e mestras de educación infantil do colexio de Frións Sara Lijó e Laura León implicaron ao alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos para facer un vídeo cunha mensaxe de promoción do medio ambiente no que a colaboración e implicación foi exemplar.
 
Este vídeo realizouse como proxecto presentado a un concurso dunha coñecida marca de materiais de uso escolar.   
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Precampaña: a asociación Amicos achégalle 20 propostas aos grupos políticos

AMICOS PROPOSTAS OS GRUPOS POLITICOS.pdf Download this file


Ribeira, 5 de maio de 2011. Amicos fixo onte unha serie de propostas para os grupos politicos que concorren a estas eleccións locais, para que as teñan en consideración, "non tanto como material de configuración de programas electorais, senón como material de traballo unha vez formada a nova corporación municipal", explicou Xoán España, director xeral desta entidade.

Estas 20 medidas, conteñen principios fundamentais para conseguir a normalización e integración das persoas con discapacidade intelectual:

  • Consello comarcal de servicios sociais
  • Inclusión nos pregos de contratación publica de clausulas Sociais, de Mercado protexido e potenciación da Responsabilidade Social Corporativa
  • Incremento na dotaccion de persoal e medios dos Servicios Sociais Municipais
  • Cesión de terreos e instalaccións as distintas entidades que traballan no eido dos servicios sociais
  • Fomento do Emprego protexido mediante contrataccións con talleres ocupacionais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.
  • Marco de colaboracion economica estable e permanente coas entidades que traballan no eido dos servicios sociais.
Pode que tamén lle interese:


Precampaña: que lles pide Ámbar aos políticos?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación completa do maio cultural, adicado a Lois Pereiro e secundariamente a Cunqueiro

Programacion MAIO CULTURAL 2011.doc Download this file

Media_httpfarm6static_eiind

Este ano Álvaro Cunqueiro cumpriría 100 anos se vivise

Web relacionada:
http://loispereiro.com

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o alcaldable polo Bng reuniuse co empresariado local


Rianxo, 5 de maio de 2011. O candidato á Alcaldía do BNG de Rianxo mantivo un encontro coa xunta directiva da Asociación Rianxeira de Empresarios, presidida por Felipe Ordóñez. Neste encontro intercambiáronse diferentes propostas dirixidas a dinamizar o sector comercial e empresarial local.

 

Adolfo Muíños trasladou a vontade do BNG de dispoñer dunha nave de emprendedores, un viveiro de empresas ligado ao polígono empresarial de Té que sirva de motor de primeira instalación aos empresarios e empresarias novas que queiran desenvolver a súa primeira actividade. Terán nesa nave acceso básico a unha boa rede de comunicacións, servizos de limpeza, despacho propio e outras instalacións comúns, unido a uns custes de alugueiro baixos durante dous anos para o lanzamento da súa actividade emprendedora.

 

Tamén apostou o candidato por mellorar as posibilidades de emprego dos rianxeiros e rianxeiras introducindo na localidade un centro de formación ocupacional que vaia progresivamente ofertando especialidades homologadas en áreas de alta empregabilidade. Tamén bota Adolfo Muíños en falta o financiamento de proxectos productivos rianxeiros a través dos programas europeos onde Rianxo participa: DELOA e Grupo de Acción Costeira.


Medidas racionais

 

Como medida de racionalidade Muíños pretende unificar os tres alugueiros municipais nunha única nave propia, evitando a dispersión actual en tres ubicacións, algunha de dubidosa legalidade pois está nun edificio con irregularidades, toda unha declaración de intencións e de ética por parte do executivo actual.

 

O empresariado e o BNG amosaron tamén a súa preocupación pola situación do sector comercial na localidade, golpeado pola crise, amosando a vontade de compartir esforzos a través da mesa do comercio local como punto de encontro para crear estratexias conxuntas e bogar na mesma dirección. Entre outras por dinamizar o parque empresarial con proxectos realistas. Neste senso a preocupación polos atrancos que tiveron os empresarios até agora para dispoñer efectivamente dos terreos xa comprados.

 

Trasladóuselle a Adolfo Muíños a necesidade de que haxa unha aposta inequívoca nos concursos de obras e subministros polo empresario local que paga impostos na localidade. Adolfo Muíños sinalou a  necesidade de dar maior transparencia e publicidade aos concursos e adxudicacións, para mellorar a concorrencia e participación de máis empresas locais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical