Ribeira, 5 de maio de 2011. O CEIP de Frións de Carreira- Ribeira, acaba de pór na rede un dos primeiros vídeos lip dub feito pola comunidade educativa dun colexio da zona. Este tipo de vídeos caracterízanse por ser unha especie de vídeo-clips con fondo musical que se gravan en plano secuencia. Lip dub significa, literalmente, dobraxe de beizos.
As coordinadoras do proxecto e mestras de educación infantil do colexio de Frións Sara Lijó e Laura León implicaron ao alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos para facer un vídeo cunha mensaxe de promoción do medio ambiente no que a colaboración e implicación foi exemplar.
Este vídeo realizouse como proxecto presentado a un concurso dunha coñecida marca de materiais de uso escolar.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario