9.10.12

A Pobra: Rosana Pérez asumiu o escano do Bng que deixou libre Jorquera no Congreso dos Deputados

  • “Asumo o escano coa responsabilidade e a ilusión de traballar por Galiza, pola provincia de A Coruña e a miña comarca do Barbanza”, sinalou a deputada do BNG

Media_httpfarm9static_negbk

Madrid, 9 de outubro de 2012. Rosana Pérez Fernández xa é desde esta tarde, a nova deputada do BNG no Congreso por A Coruña. Escano que asumiu en substitución de Francisco Jorquera.

Nada máis iniciarse a sesión plenaria desta tarde, o Presidente da Cámara dirixiuse a Rosana para preguntarlle se “xuraba ou prometía o escano en substitución de Francisco Jorquera”, ao que a parlamentaria do BNG respostou “si prometo”.

Rosana Pérez afirma “asumir o escano coa responsabilidade e a ilusión de traballar por Galiza, polo territorio de A Coruña, e tratarei con especial cariño á miña comarca do Barbanza”.

Media_httpfarm9static_qdeoq

Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez son a representación do Bng en Madrid

A deputada do BNG asegurou que “cumprirei coa miña responsabilidade de trasladar ao Congreso os problemas e as demandas dos nosos sectores produtivos e dos galegos e das galegas”. Afirmou sentir “un enorme orgullo de poder desenvolver o traballo político do BNG nas Cortes do Estado”.

Traxectoria

Nada en 1964, Pérez Fernández estudiou ciclo superior de FP de Administración e é funcionaria da Consellería de Educación no Instituto Número 1 de Ribeira. Militante do BNG dende 1987, a nova deputada foi portavoz municipal do BNG dende 1999 e diputada provincial entre 2007 e 2011.

No BNG foi membro da Executiva ata a última Asemblea de xaneiro de 2012 e forma parte do Consello Nacional. Ocupou funcións de responsable de Relacións Exteriores e a Responsabilidade de Comunicación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Bng mantivo unha xuntanza con representantes do sector pesqueiro

  • O BNG di apostar por revitalizar a pesca e o marisqueo para crear emprego e riqueza no mar

[[posterous-content:pid___0]]Ribeira, 9 de outubro de 2012. O BNG mantivo unha xuntanza cos representantes do sector do mar de Ribeira. Neste encontro, no que participaron, ademais de Bieito Lobeira, unha ampla representación do BNG de Ribeira, púxose de manifesto a nosa aposta por revitalizar a pesca e o marisqueo, por crear emprego e riqueza no mar, para o que porá en marcha "medidas inseridas nunha
orientación política propia, galega, non dependente nin obediente a directrices españolas e comunitarias que persisten na discriminación do sector pesqueiro galego coa finalidade de primar intereses foráneos", segundo explicaron en nota de prensa.

Balance negativo do goberno Feijóo

O BNG considera "moi negativo o balance en materia pesqueira do goberno de Feijoo, con políticas de acoso e derrubo ao sector. Unha boa mostra disto e que a acuicultura, o desmantelamento de buques e a actividade nautico-deportiva foran, por esta orde, as actividades máis subvencionadas polo goberno do PP, en detrimento do sector produtivo. Isto trae consigo o seu continuo desmantelamento: neste curto período, causaron baixa 210 embarcacións pesqueiras, que supuxeron a eliminación de 1.700 postos de traballo directos e uns 8.500 inducidos en terra (procesado, transformación, comercialización, estiba, transporte, cordelaría, reparacións, efectos navais etc.)".

Prometeron 20.000 mariscadoras a pé e reduciron 550

 Segundo os nacionalistas, "cómpre aínda acrecentarmos a perda de 550 mariscadoras a pé, fronte á promesa inicial de elevar a 20.000 o número de traballadoras. A día de hoxe fican tan só 3.900, a cifra máis baixa da nosa historia, das que o 60% posúen rendas que non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional. Ademais, unha nova ameaza pende, neste momento, sobre 24 buques cefalopodeiros galegos no caladoiro de Mauritania. “Estes datos son unha boa proba de que o Goberno do PP neste período non defendeu nin impulsou a pesca, o marisqueo nin a produción mexilloeira”, indicou o portavoz
de pesca no Parlamento Galego.

3 millóns de euros en reportaxes publicitarias

“Fronte a sensación de derrota, pensamos que hai lugar para a esperanza” afirmou Lobeira. Apostou, entre outras cousas, polo saneamento da Ría para garantir a calidade das augas e por mellorar as canles de comercialización dos nosos produtos pesqueiros, identificando claramente a súa orixe. Tamén considerou fundamental exercer as competencias que ten a Xunta en augas interiores para adoptar medidas que favorezan ao sector e incrementalas en augas exteriores. Non é argumento o de que “non hai cartos”, dixo. “Esta Consellería vén de gastar 3 millóns de euros en reportaxes publicitarias”, concluíu. Outros problemas, como o da falta de subvención da gasolina profesional, a regularización das embarcacións ou a necesidade de aumentar as cotas pesqueiras, tamén foron tratados nesta xuntanza de tinte electoral.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical