O cemiterio do Páramo está uns metros arriba da Cova da Moura
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O cemiterio do Páramo está uns metros arriba da Cova da Moura
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 29 de outubro de 2010. O escritor italiano Erri du Luca e o premio Cervantes Antonio Gamoneda clausuraron onte á tarde as xornadas de reflexión e diálogo "Camiño ao andar", celebradas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.
Sen lugar a dúbidas, o final da conferencia impartida polo poeta Gamoneda baixo o título "Creación estética de e sobre o Camiño: forma, iconografía, escritura", foi unha das partes máis reconfortantes para os membros da tertulia literaria de Noia, alcumada “Noia, porto de Compostela”. O poeta noiés Xoán Leiceaga B., autor de “Amores soñados, inalcanzables”, “Letras minúsculas”, “De temblores y grietas”, entre outras, formuloulle ao premio Cervantes unha serie de preguntas orientadas á explicación dos aspectos da súa obra que despertaron moito interese aos tertulianos ao longo da celebración das diferentes sesións literarias centradas na figura e obra de Antonio Gamoneda.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 29 de outubro de 2010. Onte fallouse o III Concurso de Composición,organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura, nas Sección de Banda Sinfónica e Banda de Concerto. O rianxeiro Antón Alcalde Rodríguez, membro da Bandada Escola de Música de Rianxo e profesor de percusión, foi o gañador na Sección de Banda de Concerto.
"Dicíamos, cando se presentaba o I Concurso de Composición, que nacía coa intención de encher un baleiro que existía na cultura galega. A iniciativa pretendía incentivar a produción musical en Galiza e motivar ás novas promesas galegas co fin de que amosasen as súas composicións. E o resultado non podía ser mellor. Grazas á creación do Concurso, o repertorio musical galego estase a enriquecer con pezas de gran valor que son interpretadas polas moitas agrupacións do país. Pero o que é máis importante aínda, é que descubrimos a presenza de numerosos talentos interesados en preservar este noso patrimonio da música de banda galega, que cada vez ten máis que dicir dentro e fóra das nosas fronteiras.
Esta mesma tarde tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a deliberación do xurado do que xa é o III Concurso de Composición. O xurado, presidido por Rubén Souto Santos, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e no que actuo como secretario Tito Castaño Conde, secretario da FGBMP; ámbolos dous con voz pero sen voto, estivo formado polos seguintes profesionais:Unha vez reunido, e estudadas as nove partituras presentadas e distribuídas entre a sección Banda de Música e a Sección Sinfónica, o xurado emitíu o seguinte veredicto:
Para a sección Banda de Música outórganse os seguintes premios:Para a Sección Sinfónica outórganse os seguintes premios:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 28 de outubro de 2010. O Concello de Boiro formalizou onte pola tarde a adquisición do Pazo de Goiáns, un ben patrimonial con orixes nunha fortaleza medieval, ubicado nas proximidades da vila, en dirección a Escarabote. Deste xeito, ponse punto e final a unha década de negociacións, controversias e polémicas sobre os usos e as propostas de urbanización da enorme finca da propiedade. O arquitecto Emilio Piña avanzou os primeiros planos para a rehabilitación da finca e agora deberán decidirse os usos deste importante ben vinculado á historia deste concello do Barbanza. O alcalde de Boiro, o nacionalista Xosé Deira Triñanes, pronunciou este discurso no acto de escritura pública que tivo lugar onte:"Neste momento diría un clásico: “QUIA PLENA”, que non quere dicir “porque xa estaba chea, porque xa estaba farta” e ó mellor alguén podía pensar que viña ó caso, pero esta expresión non é un feminino singular senón un neutro plural e significa “porque xa todo está cumprido, porque o que se tiña que facer se fixo, porque hai pleno, é dicir, porque cumpríronse tódolos tramites para poder chegar a esta sinatura, Así é o sentido, e non é que esteamos fartos, senón “pletóricos” co noso deber cumprido; sen embargo sabemos que nos queda aínda un gran camiño por andar , e sabemos tamén que non é fácil.Relacionadas:
Novos usos do Pazo de Goiáns, aquí
O que van ter que restaurar, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 29 de outubro de 2010. O Concello de Boiro vén de solicitar a Costas do Estado en Galicia e á empresa Vías e Obras o arranxo de parte do colector recentemente instalado, concretamente un tramo duns 200 metros de lonxitude en Praia Xardín, xa que se detectaron problemas no mesmo. O Concelleiro de Obras, Vías e Servizos, Juan Jesús Ares González, explicou que é preciso levantar o colector de saneamento neste tramo xa que, previo á posta en funcionamento, fixéronse unhas probas nas que se comprobaron que a inestabilidade do terreo nesta zona provocou un asentamento do mesmo, co cal as tuberías afundiron, quedan fóra de nivel. Esta deficiencia pode provocar atascos no funcionamento da rede de saneamento, polo que se optou por levantar este tramo e adoptar as medidas correctoras para que isto non suceda. “Hai un tempo que coñecemos o problema, pero o goberno optou por deixar pasar a época estival para proceder a solucionalo, xa que mentres duren as obras hai que eliminar estacionamentos”, apuntou o Concelleiro. O goberno lamenta as molestias que poidan provocar estas obras, “pero o que non podemos facer é recepcionar unha obra defectuosa”, concluíu Juan Jesús Ares. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia