Rianxo, 29 de outubro de 2010. Onte fallouse o III Concurso de Composición,organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura, nas Sección de Banda Sinfónica e Banda de Concerto. O rianxeiro Antón Alcalde Rodríguez, membro da Bandada Escola de Música de Rianxo e profesor de percusión, foi o gañador na Sección de Banda de Concerto.
O xurado explica na web da Federación Galega de Bandas:
"Dicíamos, cando se presentaba o I Concurso de Composición, que nacía coa intención de encher un baleiro que existía na cultura galega. A iniciativa pretendía incentivar a produción musical en Galiza e motivar ás novas promesas galegas co fin de que amosasen as súas composicións. E o resultado non podía ser mellor. Grazas á creación do Concurso, o repertorio musical galego estase a enriquecer con pezas de gran valor que son interpretadas polas moitas agrupacións do país. Pero o que é máis importante aínda, é que descubrimos a presenza de numerosos talentos interesados en preservar este noso patrimonio da música de banda galega, que cada vez ten máis que dicir dentro e fóra das nosas fronteiras.
Esta mesma tarde tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a deliberación do xurado do que xa é o III Concurso de Composición. O xurado, presidido por Rubén Souto Santos, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e no que actuo como secretario Tito Castaño Conde, secretario da FGBMP; ámbolos dous con voz pero sen voto, estivo formado polos seguintes profesionais:- José Bugallo Senra, compositor.
- Juan Durán Alonso, compositor.
- Xosé Carlos Seráns Olveira, compositor e director da Banda Sinfónica da FGBMP.
Unha vez reunido, e estudadas as nove partituras presentadas e distribuídas entre a sección Banda de Música e a Sección Sinfónica, o xurado emitíu o seguinte veredicto:
Para a sección Banda de Música outórganse os seguintes premios:- Primeiro Premio, con 3000€ e obra obrigada para a Sección Segunda do V Certame Galego de Bandas: Dolmen de Antón Alcalde Rodríguez.
- Finalista, con 500€ e obra obrigada para a Sección Terceira do V Certame Galego de Bandas: Monte Medulio de Andrés Álvarez Hernández.
Para a Sección Sinfónica outórganse os seguintes premios:
- Finalista: Mare Tenebrosum de José Ignacio Blesa Lull. Esta obra quedou descalificada ao non cumplir a base terceira do III Concurso de Composición.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario