17.6.11

Ribeira: recepción no Concello ao Sálvora por tantos éxitos deportivos nesta tempada

  • Foi o primeiro acto institucional de Manuel Ruiz Rivas  como alcalde 
  • Entregáronse os trofeos de Campións de Liga en Infantil, Alevín e Benxamín


Ribeira, 17 de xuño de 2011.- Un salón de sesións completamente abarrotado foi o escenario da recepción que o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, quixo realizar a xogadores, técnicos e directivos do Sálvora Club de Fútbol, ante os magníficos resultados deportivos acadados polo colectivo riveirense nesta tempada. Ata 150 xogadores estiveron presentes nun evento que serviu tamén para facer entrega dos trofeos de campións de liga conqueridos polos equipos infantil, alevín e benxamín. 

Con tal motivo, déronse cita na Casa do Concello dous membros da Federación Galega de Fútbol: o directivo Nelson Barreiro e o delegado de Santiago Quico Fernández, que se encargaron de facer entrega dos correspondentes trofeos a cada categoría, ao igual que o alcalde. Tamén estiveron na mesa presidencial o coordinador de fútbol base do club, Artola, e o concelleiro delegado de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez. 

Na súa alocución, Quico Fernández destacou que esta é a primeira vez que a delegación santiaguesa da Federación desprázase ata unha localidade distinta á compostelá para celebrar un éxito deportivo. Salientou que equipos como o Sálvora van no bo camiño para que o fútbol de Ribeira volva ser unha referencia e regrese á élite. 

Pola súa parte, Ruiz Rivas explicou que para el é unha gran satisfacción que o seu primeiro acto institucional como alcalde sexa para recibir a un club como o Sálvora, que practica un deporte que foi practicamente todo para el a metade da súa vida.  

Así mesmo, manifestou que “o que marca a un pobo é a vontade de facer cousas sen esperar nada a cambio” e a este respecto quixo poñer en valor o labor desenvolvido por técnicos e directivos así como o sacrificio dos pais e nais, e salientou a importancia de apoiar o deporte base. Tamén declarou que “a verdadeira victoria do deporte son os valores que transmiten”, e puxo como exemplos o traballo en equipo ou o saber perder. 

Manuel Ruiz informou tamén de que o Concello seguirá comprometido co mundo do deporte do municipio. O acto rematou cun intercambio de obsequios entre club e Concello. 

Méritos

Noutro orde de cousas, os méritos acadados polo Sálvora son os seguintes: 

Infantís:

  • Campións de liga do grupo 8 de segunda infantil e ascenso a 1ª autonómica. Máximos goleadores con 154 goles e menos goleados con 11. Gañaron todos os partidos. (20)
  • Campións de copa do Concello: máximos goleadores con 47 e menos goleados con 6. Gañaron todos os partidos (8)
  • Campións supercopa do Concello.
  • Non perderon partido oficial en todo o ano

Alevíns:  

Sálvora B:  

  • Campións de liga do grupo IV de primeira autonómica. Máximos goleadores con 343 e menos goleados con 8. Gañaron todos os partidos (22).
  • Campións de copa do concello: máximos goleadores con 108 e menos goleados con 2. Gañaron todos os partidos (8).

Sálvora A:   

  • Subcampeóns da supercopa do Concello.

Benxamíns:

  • Campións de liga do grupo 5 de benxamíns. Máximos goleadores con 183 goles e menos goleados con 25.
  • Campións de copa do Concello: máximos goleadores con 41 e menos goleados con 8. 
  • Campións supercopa do concello.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: van regular o mercadillo dos sábados para que estea máis limpo e se axilice o tráfico

Plan Regulación Mercadillo.doc Download this file

  • Os cambios comezan xa mañá, sábado 18 de xuño

Ribeira, 17 de xuño de 2011. O Concello vai comezar a implantación a partir de mañá, sábado 18 de xuño, dun plan de regulación do mercado ambulante que cada sábado se desenvolve en Santa Uxía. Os dous principais obxectivos desta actuación son, por unha parte, mellorar a limpeza do entorno no que o mercadillo se desenvolve, evitando que queden verteduras na rúa e, por outra parte, mellorar a fluidez do tráfico e a seguridade dos peóns. 

Co fin de alcanzar o primeiro dos propósitos referidos, o Concello entregará a primeira hora da mañá a cada posto de venta unhas bolsas nas que os responsables dos mesmos deberán depositar todos os desperdicios que se xeren. A fin de facilitar a súa recollida, as devanditas bolsas deberán quedar debidamente pechadas no emprazamento do posto correspondente unha vez remate o horario de apertura. De igual forma, vanse incrementar substancialmente o número de contedores dispostos na explanada, que serán situados en lugares estratéxicos para non entorpecer o normal funcionamento da actividade nin causar molestias. 

En canto ao segundo dos obxectivos, a partir de mañá aumentarase de un a cinco o número de efectivos da Policía Local que nos días de mercado velen pola fluidez da circulación e a seguridade dos peóns e vixíen que non se establezan vehículos en dobre fila no paseo do Malecón. A idea do Concello é diminuír o número de efectivos unha vez se comprobe que a situación está regulada. 

Semáforos experimentais

Por outra parte, e incidindo tamén nesta finalidade, está prevista a colocación de semáforos provisionais os días de mercado no Malecón para comprobar se esta medida axuda a unha mellor fluidez do tráfico. Cómpre advertir de que esta é unha medida de carácter experimental cuxa pervivencia no tempo dependerá de si realmente axuda ao obxectivo pretendido.  

Por razóns loxísticas esta última actuación aínda non poderá ser acometida mañá, pero se espera que si poda ser executada no mercadillo do seguinte fin de semana. 

En último lugar, salientar que a cada usuario seralle entregada mañá unha circular na que se recollen unha serie de normas sobre a ordenación e limpeza de obrigado cumprimento.

Pode que tamén lle interese:


Ateneo: o sábado 18, Todo lo que debes saber sobre el A. Egipto


Día da Bicicleta: este domingo 19 de xuño

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: denuncian o achádego dun can morto a balinazos en Bretal

Ribeira, 17 de xuño de 2011. A Protectora de Animais "Moura", de Ribeira, vén de denunciar a aparición dun can asasinado a balinazos na zona de Bretal. Segundo explican fontes desta protectora, "o mércores 14 pola tarde recibimos a chamada dun veciño de Ribeira que nos avisaba sobre un can morte que se atopaba nunha beirarrúa de Bretal e que amosaba indicios de maltrato, xa que tiña un balinazo nunha das súas patas".

Logo do aviso, un dos representantes de Moura achegouse ata o lugar indicado pero xa o levara Protección Civil de Ribeira. Os de Moura puxéronse en contacto cunha das súas colaboradoras, que tamén traballa en Protección Civil, e tiveron a sorte de que ese día estaba de garda. Explicáronlle o caso e solicitaron examinar ao canciño.

O can era unha mestura de pastor alemán e o seu corpo estaba enchoupado en sangue. Ante a evidencia de atoparse ante un posible delito, os de Moura falaron cos de Protección Civil para trasladalo a un veterinario para que lle practicase unha necropsia e comprobar a causa da morte. En todo momento "contamos coa colaboración exemplar por parte de Protección Civil, que nos axudaron incluso no seu traslado", contan dende Moura.

"Aínda que os balíns non adoitan provocar a morte de animais deste tamaño, déronse casos puntuais nos que si, ao alcanzar os proxectís órganos vitais tras disparos a moi curta distancia. Tras un exame, o veterinario puido comprobar que un dos balíns que tiña aloxados no corpo traspasara a cavidade abdominal e lle producira unha hemorraxia interna que acabou coa vida do can. Iso demostraría que, alomenos ese balín, disparouse a moi curta distancia", conclúen en Moura, que foron presentar denuncia ante o Seprona de Noia co fin de que se realicen as investigacións correspondentes.

Antes, en Certo:


Fotodenuncia: cadáveres de raposos ao pé do Parque Natural


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: un socio do goberno toma a iniciativa e comeza a informar dende a súa propia web

Media_httpfarm4static_ehrdh

AVS leva, entre outras, a concellería de Turismo de Porto do Son

Porto do Son, 17 de xuño de 2011. A parálise da web municipal durante a pasada lexislatura -gobernase PP, gobernase bipartito- foi evidente. Semella que isto vai cambiar, de cumprirse o empuxe con que Alternativa Veciñal de Porto do Son, un dos socios do equipo de goberno -o outro, e maioritario, é o PP- colleu a súa remozada páxina.

Segundo explican en nota de prensa, "coa nova incorporación de Altenativa Veciñal de Porto do Son no goberno municipal, a adaptación as novas necesidades que os medios da información telemáticos demanda, fai que a actual páxina web se adapte ás necesidades co gallo de ser un instrumento útil e cercano para a información que se xenera nas concellerías nas que ten responsabilidade de goberno o grupo veciñal".

Maior transparencia

Aseguran que "esta adaptación de dita web será o primeiro paso cara á busca dunha
maior transparencia e información de toda a que xere tanto a Concellería de Servizos Sociais e Promoción do Emprego así, a Concellería de Deportes e Turismo. Esta ferramenta informática ten como novidades a incorporación tanto da estrutura, atribucións, e persoal que compoñen cada unha das áreas. Igualmente plantéxase a incorporación das decisión que o bigoberno municipal tome referente ás diversas consideracions dos temas a tratar tanto no Pleno como nas Xuntas de Goberno Local".

Din que van engadir, dentro da información necesaria para os veciños. os diversos
teléfonos de contacto das distintas áreas asi como o teléfono dos respectivos Concelleiros Javier Quiñoy e José Manuel Dean co obxectivo de achegarse aos veciños ante calquera necesidade ou dúbida que precisen aclarar".

Web de referencia: www.avsportodoson.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: cambian fibrocemento por tubaxe de fundición no barrio de Cubeliños

Ribeira, 17 de xuño de 2011. O Concello vai renovar a rede de abastecemento de auga no barrio de Cubeliños e, con este motivo, vén de adxudicar esta actuación á empresa Aquagest, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S.A. 

O orzamento da actuación ascende a 108.800 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Segundo o equipo de goberno, "ésta era unha obra demandada polos veciños da zona, dado que as tubaxes existentes actualmente en Cubeliños son de fibrocemento e, tendo en conta a súa antigüidade e por mor tamén da presión que estas estruturas debían soportar, ás veces téñense producido roturas nas mesmas ocasionando as conseguintes molestias".

A rede que se vai instalar constará de 450 metros de tubaxe de fundición dúctil cun diámetro de 150 milímetros. Colocaranse ademais quince válvulas e dúas ventosas que axudarán a que esta nova liña de saneamento funcione ao dereito.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: do 11 de xullo ao 12 de agosto, "Movida urbana"

Porto do Son movida urbana.pdf Download this file

Podes inscribirte ata o 8 de xullo. Só tes que encher o folleto e entregalo onde che indican.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: O Faiado 2 organiza a exposición "Visións infantís do Pazo de Goiáns" dende o luns 20 de xuño

Exposición Visións infantis do Pazo de Goians.docx Download this file

A exposición é froito da visita guiada do colexio Praia Xardín -alumnos de 5º e 6º de Primaria- ao Pazo de Goiáns. Ao remate da inauguración, este luns 20 de xuño ás 12:45, entregaranse premios aos mellores debuxos.


O Pazo de Goiáns foi adquirido polo anterior goberno de Boiro por catro millóns de euros e permanece aínda no máis absoluto desleixo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical