17.6.11

Ribeira: cambian fibrocemento por tubaxe de fundición no barrio de Cubeliños

Ribeira, 17 de xuño de 2011. O Concello vai renovar a rede de abastecemento de auga no barrio de Cubeliños e, con este motivo, vén de adxudicar esta actuación á empresa Aquagest, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S.A. 

O orzamento da actuación ascende a 108.800 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Segundo o equipo de goberno, "ésta era unha obra demandada polos veciños da zona, dado que as tubaxes existentes actualmente en Cubeliños son de fibrocemento e, tendo en conta a súa antigüidade e por mor tamén da presión que estas estruturas debían soportar, ás veces téñense producido roturas nas mesmas ocasionando as conseguintes molestias".

A rede que se vai instalar constará de 450 metros de tubaxe de fundición dúctil cun diámetro de 150 milímetros. Colocaranse ademais quince válvulas e dúas ventosas que axudarán a que esta nova liña de saneamento funcione ao dereito.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical