Imaxes da partida de varios moteiros ribeirenses a Pingüinos
"Nestes días de tanto frío, temos que recordar e loubar", di o Padre Teixugo, "a fazaña heroica dos cabaleiros motoristas da Barbanza, que este venres saen para defender a honra da nosa comarca na concentración invernal moteira máis importante do mundo: Pingüinos 2010 (ata 30.000 almas reunidas en tendas de campaña nun piñeiral ao sur de Valladolid con esta friaxe... da medo e moito respecto)".
O ano pasado, motoristas de diferentes países de Europa, xuntáronse para recordar aos compañeiros finados nas estradas, "porque o verdadeiro espírito do motorista é un espírito cristiano", asegura o Padre Teixugo, "que non entende de diferencias sociais, nen de diferentes poderes adquisitivos". Non importa o tipo de moto nin a profesión do piloto, porque todos eles só son moteiros, xente viaxeira que, na súa fraxilidade, gustan de viaxar sabendo que sempre poderán contar coa axuda de calquera outro moteiro: ese é o espírito de cabaleiro cristiano que quere reconquistar a honorabilidade perdida nas estradas".
Un grupo de cabaleiros motards a cabalo das súas BMW modelo GS (Gelande und Sport = todo terreno) van saír desde Ribeira. Eles son ben coñecidos: un "Ferreteiro", un "Carteiro", un "Patrón de altura", e mais un "Mestre de artes marciais". Van percorrer os 504 quilómetros de distancia ata Puente Duero (Valladolid), agardando chegar antes de que sexa noite. "Prégolles que, tanto eles, coma os moitos outros motards da Barbanza (moitos deles de Boiro) envíen as fotos do evento para participar da súa ledicia a todolos lectores do Certo", di o Padre Teixugo.
"Que Deus os protexa na súa viaxe e poidan retornar para contarnos as súas experiencias na concentración. No nome do pai, do fillo, e mailo Espírito Santo, amén.
Irmáns motards, podedes ir en paz, boa viaxe e pregade na procesión das antorchas polos compañeiros finados nas estradas".
===========================================================
Menxaxe de benvida do Padre Pingüineiro aos cabaleiros motards achegados de todas partes:
Desde el Club Turismoto, a todos los que acudáis a Pingüinos 2010
Un año más el Club Turismoto se dispone a recibir a todos los auténticos motoristas que acuden a la cita invernal de PINGÜINOS.
Veintinueve son ya muchos años al pie del cañón, pero os aseguramos que la ilusión de las mujeres y hombres del Club Turismoto, y de todos los amigos y colaboradores, es la misma, si no mayor, que la de aquella primera cita del ya lejano invierno de 1.982, cuando podíamos saludaros personalmente a todos, y daros un abrazo de bienvenida cuando bajabais de vuestras motos, ¡qué motos!, para tomar el caldo o el carajillo calentito que os estaba esperando; como podéis ver, en estas últimas ediciones esto ya no es posible, pero nuestro recibimiento, nuestro abrazo de bienvenida va implícito en esa medalla conmemorativa que os entregamos al hacer la inscripción, esa medalla que representa todo un trofeo personal para cada uno de vosotros que tenéis el valor de desafiar todas las inclemencias del frío invierno para acudir a esta cita y pasar un fin de semana o unas horas rodeados del calor humano (y de las fogatas) de otros auténticos motoristas a los que mueve el mismo espíritu que a vosotros. Ese es nuestro deseo y el único motivo por el que año tras año, preparamos, con más ilusión si cabe, toda la infraestructura y las diversas actividades de esta "vuestra PINGÜINOS", vosotros sois los verdaderos protagonistas de la "fiesta", ¡BIENVENIDOS!
= = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = =
Irmáns, a concentración invernal "Pingüinos" celébrase desde fai 28 anos na segunda fin de semana de xaneiro nas terras de Valladolid.
Segundo nos sinala o padre Pingüin, xa chegaron os primeiros cabaleiros motards desde Italia e Francia!!!!
Por parte da comarca da Barbanza, temos coñecimento que a primeira BMW Gs do ferreteiro iniciou a sua viaxe as 9h. de hoxe (xunto fotografias). Vai na compaña doutro motard (o cerraxeiro R) que tivo problemas na súa montura... e que ista concentración recupera o espírito de compañeirismo e de axuda tan esquecido nestes tempos.
As 15h. de hoxe está previsto que tomen saída as seguintes BMW de Ribeira (carteiro, patrón e mestre de artes marciais) para xuntarse de camiño aos moitos motards boirenses e mailos outros que, desde todolos recunchos da comarca van partir don destino á concentración invernal internacional mais numerosa do mundo: PINGÚINOS.
Os motards van xuntarse ao carón das fogueiras (leña ofrecida pola organización), tomando un caldiño quente (chamado "caldo pingúinero") nun espíritu de compañerismo non habitual nestes tempos. E o punto máximo vai ser o sábado día 8, co chamado "Desfile de antorchas", no que as motos desfilan en procesión levando o pasaxeiro un fogo para recordar, a modo de homaxe, aos compañeiros finados nas estradas. Imos rezar para que todo corra bem e podan regresar para contarnos as súas historias e mostrarnos as súas fotos, ademais de recordar aos amigos finados nas estradas.
Amén.
NOTA: para a vosa información, a páxina web da celebración e a seguinte:
www.lapinguinos.com. Sería bonito que o motoclube de Boiro nos contase como lle foi, non credes? Recibide a miña bendición e ide con Deus, queridos fregueses.