8.1.10

Rianxo: sen servizo de Correos nalgunhas zonas durante o Nadal


Brión,  Pazo e outros lugares rianxeiros non se atenderon durante o Nadal

8 de xaneiro de 2010. O BNG de Rianxo faise eco do malestar de varias zonas de Rianxo que levan sen reparto durante todo o Nadal. Numerosos veciños do Pazo, da parroquia de Brión e mesmo de Fincheira queixáronse a esta formación polo abandono de Correos nestas datas. Algún veciño sinalou mesmo un retraso dun mes.


A situación caótica non se pode achacar á falta de numeración pois malia contar cos números actualizados e visíbeis non se procedeu ao reparto nas vivendas.


É un escándalo a actitude da Xefatura Provincial que levan anos ríndose dos rianxeiros e incumprindo as obrigas da Lei Postal, que garante un reparto diario. Os problemas sempre aparecen fóra ou se carga nos carteiros, ou na falta de números ou nos buzóns, cando o que hai é unha evidente falta de persoal para atender as obrigas que corresponden, e unha incapacidade de xestionar debidamente un servizo que debería ser universal e blindado dos vaivéns económicos dunha empresa estatal que funciona como un monopolio.


As medidas que toma a empresa sempre van en prexuizo do servizo aos veciños e contra os carteiros que son os que sufren as queixas, cando os responsábeis están sentados nos seus despachos.


O BNG de Rianxo fará chegar aos seus parlamentarios estas queixas, conscientes de que son extensíbeis a moitas localidades do Barbanza e de Galiza toda, especialmente aos núcleos rurais que para Correos son cidadáns de segunda.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical