6.2.11

Natureza: o Colectivo Antiespecista protestou contra a caza cunha performance en Santiago

Santiago, 6 de febreiro de 2011. O denominado Colectivo Antiespecista galego fixo onte na Praza do Toural en Compostela unha performance para denunciar a práctica da caza. Logo realizouse unha concentración con paneis informativos e leuse un manifesto para expresar o seu "sentimento de repulsa contra este tipo de accións". O manifesto tamén se acompañou con datos do que supón a caza neste país.


A performance é unha secuela da sabotaxe ao campionato estatal de caza do raposo que se perpetrou en Pontecaldelas (Pontevedra) o 29 de xaneiro. Alí, como xa informamos, a sabotaxe acabou con paus e insultos recibidos por activistas e xornalistas por parte de cazadores. 


Datos


Segundo este colectivo antiespecista, "cada ano a caza remata coa vida de tres millóns de perdices, un millón de codornices e cinco millóns doutras aves, entre as que se atopan faisáns, pombas, ánades e parrulos, así como un millón de lebres, catro millóns de coellos, 140.000 raposos, 120.000 xabaríns, 60.000 cervos e outros 30.000 animais como gamos, muflóns, corzos, rebecos, cabras montesas ou lobos".


Explican que se opoñen a este tipo de prácticas "que conlevan explotación e sofrimento animal e propoñemos o veganismo como xeito de respecto a todos os animais". O veganismo é un xeito de vida consistente en tratar de vivir causando o menos dano posible aos demais e implica unha dieta, xeito de vestir ou espectáculos aos que se asiste acordes a este pensamento. 

 

O Colectivo Antiespecista asegura non ser un grupo ecoloxista, senón un grupo de activistas a prol da defensa dos dereitos animais.


Relacionada:
Natureza: a sabotaxe á caza do raposo acabou con vareadas e denuncias

Anteriormente publicamos:

Antitaurinos íspense en Madrid pola abolición da tauromaquia


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical