Dodro, 19 de decembro de 2011. Hoxe 19 de decembro de 2011, celebrouse un pleno extraordinario no Concello de Dodro a petición do goberno do Partido Popular.
Nese mesmo pleno, incluído no punto 4, estaba a toma de posesión dos concelleiros representantes da Agrupación Municipal Socialista. Os citados concelleiros foron Paula Blanco Giráldez e Jacobo Tanoira Janeiro.
Renuncia á asignación de partidos do 2010
Ademáis, no seguinte punto da orde do día, o equipo de goberno propoñía a renuncia por parte dos grupos municipais á asignación de partidos fixada para o ano 2010. Neste caso, o grupo municipal socialista "non só non renunciamos a dita asignación, senón que aproveitamos para destacar que esa mesma asignación foi a que lle axudou ao PP a exercer a súa oposición destructiva chea de demandas e querelas contra o equipo de gobernó anterior", explican os do Psoe en nota de prensa. Tamén, dende ese partido, están convencidos de que "é un intento máis de afogar á oposición, de facela calar, e evitar, unha vez máis, que se exerza a oposición á que temos dereito".
Pagamento de débeda herdada do PP
No último punto, e un dos motivos fundamentais para convocar o Pleno Extraordinario de hoxe, o goberno quere recoñecer unha débeda con Augas de Galicia correspondente ao ano 2005 e setembro do 2006, "deuda herdada non do bipartito, senón que proviña do anterior goberno do PP", explicaron os socialistas. O importe da citada débeda é de 111.000 €uros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia