
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No mes de novembro de 2019, e coa finalidade de divulgar a cultura tradicional, levouse a cabo o Certame de Cabazas – Samaín do cal resultaron gañadores: Infantil: Lucia Figueira - 3 anos, Adriana Viturro - 4 anos, Manuel Vidal -5 Anos e de Primaria: Iria Romero – 1º Ciclo, Ainhoa Muñiz – 2º Ciclo, Ana Caeiro – 3º Ciclo e Tania Vidal – mención especial os cales recibiron os seus correspondentes premios.
A visita de Coco Noel está aquí
No mes de decembro, no programa de Nadal, convidaron a “Coco Noel” e as súas Maxestades os Reis Magos os cales a parte de recoller as cartas, entregáronlle a tódolos cativos do centro un agasallo en nome da APA e convidaron a tódolos presente (nenos, profesores, familiares…) a degustación do roscón de reis acompañado dun chocolate.
Recadación de fondos en xaneiro
Neste mes e co fin de recadar fondos para o programa cultural 2011, pon a venda rifas por valor dun euro cada boleto; o premio, unha cea de San Valentín. O premio consiste nun bono gastronómico, consistente nun menú degustación para dúas persoas no Restaurante Casa Isolina de Taragoña o cal colabora ca APA Loureda para esta ocasión. A Directiva da APA espera ter a colaboración de todas as persoas posibles co fin de vender tódolos boletos.
Así mesmo, estase perfilando o programa do Antroido onde a APA colabora ca Dirección e Profesorado do colexio. Esta última actividade está previsto que se celebre o catro de marzo. Obradoiros, viaxes culturais, conferencias, actuacións e mesmo unha romaría son as actividades que se irán perfilando ao longo do curso 2010-2011.
Máis imaxes das actividades, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 11 de xaneiro de 2011. Unha lectora que nos segue dende Facebook, Ana Vizoso, envíanos esta imaxe dun mapa que está na praza de España de Sevilla, nuns azulexos que decoran unha parte da mesma. A ela enviáronllo unhas amigas que acaban de estar alí e que buscaron Barbanza.
Ademais de estar case toda a toponimia deturpada -en castelán e non na norma oficial, que é o galego, véxase Noya, Rianjo, Puebla- hai vilas que nin aparecen, como é o caso de Boiro, e outras están cambiadas de sitios. Así, Ribeira está debaixo de Arzúa e máis aló de Santiago de Compostela. A cidade do Apóstol, por certo, debeu experimentar un incremento de poboación enorme no barrio de Conxo (Conjo), pois figura como se estivese escindido e xa fose de por si unha vila, tan grande como Rianjo ou Puebla (sic). As reaccións nos lectores de Certo en Facebook foron case instantáneas e, así, Chus Pi di que "Rianjo!!!??? haberá que dicirlles que poñan "Zevilla" e Ali Lago remeda o dialecto sevillano escribindo "Pozí!! Tó un monumento a la inoransia!!". Andrés Solo comenta, tamén en tono divertido, que "Viva Conxo ceibe da tiranía de Compostela! hahaha. A praza de España de Sevilla debe ser do século XIX, coma pouco" e a lectora que nos enviou a curiosa imaxe tercia con que "o Concello de Ribeira que tome cartas no asunto, penso que así se debe facer".Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A organización correu a cargo da Escola Municipal de Xadrez de Ribeira.
Os gañadores nas diferentes categorías foron os seguintes:
Infantís:
Alevíns:
Benxamíns:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Consta dun obradoiro de música e dun concerto de The Homems e mestura fomento do galego con creación musical. Está dentro do programa Bocaberta.
Ribeira, 11 de xaneiro de 2010.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello colabora coa Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta para ofrecer (a través do programa de dinamización Bocaberta) unha innovadora actividade que combina o fomento da lingua galega entre a mocidade (rapaces e rapazas a partir dos 12 anos) coa creación artística e musical: trátase de Detrás da Canción, iniciativa que terá lugar o vindeiro 5 de febreiro e está dividida en dúas accións, unha formativa e outra lúdica.
Así, en primeiro lugar (entre as 18 e as 19.50 horas) desenvolverase un obradoiro de música para dar aos participantes a oportunidade de coñecer as formas máis actuais de facer música facendo uso das novas tecnoloxías, de xeito que unha produción caseira poida ser de alta calidade. Para o obradoiro está previsto que se utilicen as instalacións da Aula Multimedia do Concello de Ribeira (Telecentro), pois conta con todos os medios precisos para o seu desenvolvemento.
A continuación (de 20 a 21 horas), o Auditorio Municipal dará cabida a un concerto dunha hora de duración, no que participarán o grupo compostelán The Homens Projecto Mourente e mais os asistentes ao obradoiro, e que servirá para sacar á luz ese bo quefacer por medio dunha posta en común da súa capacidade creativa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
ANXO FARIÑA | Ti creas a historia
Os segredos da creación literaria serán desvelados no obradoiro Ti creas a historia da man de Anxo Fariña, escritor e ilustrador da famosa saga xuvenil Os Megatoxos.
A partir da historia de Os Megatoxos e o aprendiz de druída, o seu autor conducirá un obradoiro-conferencia, cheo de humor e contidos educativos, no que lles dará unha receita aos asistentes para crear unha boa historia, a súa propia historia.
Un proceso que se poderá seguir no blog www.megatoxos.com e que culminará coa creación dunha historieta baseada nas ideas recollidas entre os rapaces e rapazas.
12 anos.
Xa en Muros, a actividade chámase "En clave de conto" e vaise representar dous días. O primeiro día será no auditorio, en concreto este sábado 15 de xaneiro, ás seis da tarde, e o segundo día será na biblioteca municipal, o venres 21 de xaneiro, ás seis e media.
OQO / En clave de conto
En clave de conto mestura música, literatura e ilustración para educar a ollada e o oído a través de propostas innovadoras e transmitir o amor pola música e a nosa lingua.
Por unha banda, os obradoiros Eu falo así parten da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro...) e o seu idioma principal, o galego. Por outro lado, músicos, cantantes e actores de recoñecido prestixio participan no concerto-espectáculo A nena e o grilo, que amosa como a trama argumental dun conto pode ser representada e enriquecida desde o plano sonoro e lingüístico.
Dirixido a escolares de infantil e primaria e público xeral, cada asistente será agasallado cun exemplar do libro-CD que inspira as actividades.
Dos 5 aos 8 anos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
O acto de entrega ten lugar este xoves 13 de xaneiro en Madrid na sede do CSIC
Boiro, 11 de decembro de 2011. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, recollerá este xoves, día 13, ás 12.00 horas na sede del Consejo Superior de Investigaciones Científicas, en Madrid, el distintivo “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” ortorgado al Concello de Boiro por el Ministerio de Ciencia e Innovación. Ademais de integrantes da Casa Real, asistirá o Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial e Administración Pública, Manuel Chaves, e a Ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia Mendizábal. O Alcalde de Boiro intervirá en dito acto en nome dos concellos de menos de 20.000 habitantes que resultaron premiados.
Con este galardón, o Ministerio de Ciencia e Innovación persegue fomentar a ciencia e a innovación española actuando dende o ámbito local, co convencemento de que, agora máis ca nunca, é preciso o trabajo conjxnto de todos ls axentes con capacidade de mobilizar vontades e recursos a favor da investigación, a innovación e o emprendemento, sinalou a Ministra na carta enviada ao Concello de Boiro con motivo do convite a este acto.
O goberno de Boiro manifesta a súa satisfacción pola concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que "reafirma a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego. A distinción vén, igualmente, a pór de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local nun proxecto, o centro de formación e viveiro de empresas, que ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, ás iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos, os máis difíciles, da súa andadura".
O equipo de goberno sinala que "a creación de emprego foi sempre un obxectivo prioritario para o Concello, polo que, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, ven realizando accións encamiñadas a potenciar a formación e a cualificación específica para facilitar a busca de traballo, así como a creación de negocios como alternativa de autoemprego. Os obradoiros de emprego, as escolas taller, charlas e seminarios sobre creación de empresas, proxectos de desenvolvemento local (Equal-Deloa, Inserta, Proximitas, Xiana), apoio ás Iniciativas Locais de Emprego (ILES), fomento da figura cooperativa, etc., son algunhas das liñas de traballo realizadas, ademais dos servizos de atención cidadá a través da Orientadora Laboral e da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. En resumo, o obxectivo é a promoción e mellora da competitividade do tecido empresarial local e o nacemento de novas iniciativas empresariais. Todas estas actuacións se desenvolven mediante o establecemento de redes de comunicación e colaboración co entorno produtivo en xeral: empresas, axentes sociais, organismos de formación, asociacións, federacións, mancomunidades e outras figuras do mercado laboral referidos ao mercado de traballo; neste apartado, referido especialmente á creación de empresas, a través de accións coordinadas coas Concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Boiro. Neste sentido, o Concello de Boiro aposta firmemente por un novo modelo de desenvolvemento baseado na capacidade de imaxinación, creatividade e innovación, e por iso, levamos sete anos desenvolvemento por varias vías a promoción da creatividade como elemento de desenrolo".
Programas levados a cabo
"Empezamos apoiando a mozos creativos, dándolles soporte e recursos, artellando un movemento en torno á creatividade, para que eses mozos non só creen actividades sociais e culturais, senón tamén actividades empresariais. O programa “Leñaverde” coordinou distintas acción para o desenvolvemento integral do territorio a través da creatividade, que cristalizaron na proliferación de asociacións xuvenís e culturais, grupos de fotografía, videocreación, música, así como cooperativas e ILES; a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, o Concello de Boiro artellou un proxecto cultural innovador e creativo que serviu de movemento e rede social de persoas, de imaxe de marca para Barbanza no exterior e de efecto locomotora para a defensa da creatividade e a innovación de cara ao interior”, sinalou a Concelleira de Xuventude, Dores Torrado Ares.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 11 de xaneiro de 2011. Con motivo de informar sobre as modificacións da chamada lei do tabaco. Dereitos, obrigas e responsabilidades así como reclamacións, a Unidade de Prevención de Drogodependencias de Noia anuncia qu e se convoca unha reunión que terá lugar o venres, 14 de xaneiro de 2011 ás doce da mañá no edificio administrativo na rúa do Espírito Santo, 4.
Contará coa participación de: Berta Gómez Tato, responsable do Programa Galego de Vida Sen Tabaco. Delegación Territorial de Sanidade de A Coruña.
Máis información no teléfono 609823134 ou nos correos: infodrogas@gmail.com ou saudenoia@gmail.com
Tamén hai información no blog: http://prevenciondrogodependencias.blogspot.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia